3 de julho de 2009

Radio 3 cumpriu 30 anos.

A primeiros dos anos oitenta o meu amigo Miguelito (daquela veciño coma min do en construcción ferrolán bairro de Ultramar), descubriume unha radio que me acompañaría e marcaría radiofónicamente co paso dos anos.

Para situarvos na escena, O Pequeno Monstro aos quince anos non foi heavy, foi nova oleiro tirando a punkarra. No dial ferrolterráqueo a FM semellaba unha terra por conquistar, mais nun punto do seu dial e nunha praia con augas ben fresquiñas, andaba a chapotear o Pequeno Monstro.

Tratábase de Radio Popular de Ferrol no 88,5 FM, quen cunha estupenda programación enlatada baixo o nome de "La Radio Feliz", abanderaba aquela praia (naquela paisaxe case deserta da FM local) que certamente valiálle a dirección daquela radio para encher "ocos". Mais for como for, naquelas augas descubrín a bañistas coma coma Manolo Gato. Entrementres, retumbaba polos inmensos altofalantes o máis raiboso son do momento: Rádio Oceano, Viuda Gomez e Hijos, Siniestro Total, Golpes Bajos, Metro, Parálisis Permanente, Los Desechables, Decibelios, Derribos Arias, Los Modelos, Sindicato Malone, La Mode... cantas cintas casete gravadas coas músicas daqueles programas e que logo levaba ... a praia!!!

A casualidade fixo que a desaparecida Radio Popular de Ferrol, 98.5 FM, me outorgara a primeira oportunidade coma locutor e programador musical a mediados dos oitenta. Ao través dun espazo semanal duns 30 minutos chamado Adictos al Imperdible xunto a Pedro Martín e Angel Ávalos (finados moi novos e aos que uniume unha fonda amizade), pinchábamos os discos de Kaka de Luxe e demáis herbas, ante a mirada atónica de José Maillo daquela director da mencionada emisora local, quen non tardou en cancelar tan inocente convite a pór aqueles discos tan "ocorrentes".

Estamos a falar de mediados dos oitenta, donde a FM na comarca era unha praia virxe e donde todo o mundo ouvía e participaba do hoxe memorábel programa nocturno Música y Estrellas da mencionada Radio Popular de Ferrol. Naquela paisaxe da FM local, poucas praias máis nas que navegar, agás unhas novisimas Radio Fene que comezaba as súas emisións no 1984 e Radio Galega (1985), a Cadena Ser (e os seus 40 Principales), Radio Nacional cos seus catro canles (si, a canle galega de Radio Nacional, Radio 4, da que hoxe se sigue reclamando a súa volta!) e unha añorada por altenativa e innovadora RCE, Radio Cadena Española, fulminada por decreto en cuxo dial instalaron Radio 5, que logo sería "todo noticias". Ademaís, unha artesanal Onda Obreira comezaba as súas emisións un primeiro de maio de 1985 dende os locais do sindicato CCOO na R/ do Sol de Ferrol. Luis Iñíguez (18 Rodas) ou Carlos Alberto Alonso (As Muxicas), tiveron os seus primeiros contactos co mundo da radio nesta emisora de curta pero intensa existenza.

Facemos un alto pra nos lembrar da desaparecida RCE, Cadena Española, e de programazos coma "Jazz´tamos aquí", "El cubo mágico" (de tres caras) ou o memorábel "Bumerang" de Agustín Galán. Algúns dos protagonistas da desaparecida RCE pasarían a formar parte de Radio 3 (Julio Ruiz, quen se trasladou directamente co seu "Disco Grande"). Doutros coma Agustín Galán nunca máis se soubo, cuestión que os Pequenos Monstros, consideramos coma esquecemento imperdoábel, por parte das sucesivas direccións que pasaron por Radio 3, lugar donde debeu seguir a súa actividade radial o Agustín Galán.

Canto que falar, cantas lembranzas!!!. A existenza do Pequeno Monstro marcada por acontecementos radiofónicos, sempre esculcando no dial, tentando sintonizar algo doutros planetas... outras praias!!!

Mais volvamos a Radio 3. Así, foi como aquel amiguiño meu encarriloume cara unha unha xoven Radio 3 que daquela, meiados dos oitenta, sintonizábase na comarca en són monofónico e cuxa programación deixoume certamente impactado. Se ben as primeiras emisións estatais de Radio 3 datan de 1979, as súas orixes parten do chamado Tercer Programa de RNE, que dende o 1953 viña a emitir tan só para o dial madrileño con contidos educativos e culturais e logo ampliando a súa programación a temas musicais.

Programas musicais coma: Trébede, Esto es Jazz (Paco Montes), Disidentrés (José Miguel López), Dialogos 3 (Trecet), Cuando los elefantes sueñan con la música, El Diario Pop (cos seus tres locutores orixinais: o ferrolán Jesús Ordovás, Diego Manrique e Chema Rey, inda que ao pronto Tomás Fdez. Flores substituiría ao Manrique). De contidos desafiantes: Caravana de Hormigas (e dentro del Pensamiento 3 con Agustín Garcia Calvo), Tiempos Modernos con Manolo Ferreras, Perfil del Ruedo (Salvador Valdés e José M. López). Programas construidos con imaxinación a esgalla: Tris Tras Tres (Carlos Faraco), Rosa de Sanatorio (Jose Luis Moreno Ruiz), Chichirichachi (Juan e Sara), Un Mundo Feliz (Pedro Soler), Jack el Despertador (Juan Herrera) ...

Esa Radio 3 non é hoxe xa o que foi. Mais, si quero lembrar (e reivindicar!) a tod@s eses monstros da radio que tanto me influiron e formaron radiofónicamente: Carlos Faraco, Diego Manrique, Juan Francia, Pedro Soler, Federico Volpini, Manolo Ferreras, Jose Luis Moreno Ruiz, Juan Pablo Silvestre, Lara López, Ramón Trecet, Salvador Valdés, Ana Vega Toscano, Paco Montes ou mesmo o ferrolán Jesús Ordovás... a tod@s eles, grazas!!!!!

Non esquezo os informativos de Radio 3 que por libres foron eliminados da programación. Elaborados por Macu de la Cruz, Eduardo Moyano, Juan Izquierdo e dirixidos durante moito tempo polo ferrolán Jesús Vivanco (outro de Ferrol inventor da Radio 3!!) forman parte da historia máis audaz desta emisora. Con motivo do 30 aniversario de Radio 3 rescatou as voces de moitos dos protagonistas daqueles tempos e, claro, da equipa dos estupendos informativos (e añorados!) de Radio 3.

O audio que segue, seleccionado dentro da maratón das 30 horas de radio, analisa o traballo que se facía naqueles informativos, contextualizándoos co momento socio-político daquel Estado español dos primeiros oitenta e atiza sen clemencia o carácter sesgado dos actuais boletíns informativos dos mass media en xeral.

De quererdes máis, esta hora e as 29 restantes de programación especial polo 30 aniversario da terceira canle de RNE, poderédelas ouvir e descargar na web oficial de Radio 3, un documento imprescindíbel para entender aos monstros/locos da radio.

Descargar o arquivo


Foto superior: Estudio de Radio 3 en 1983.
Foto lateral dereita: Jesús Ordovas (Radio 3) e o André Pastor (Radio FilispiM) no Ateneo Ferrolán en 2008.

4 comentários:

  1. Aquí podes deixar os teus comentarios. Lembra que entre todas e todos fazermos as entradas deste blog!!!
    Pequeno Monstro

    ResponderEliminar
  2. Suso Manchita enviounos esta mensaxe ao radiomonstro@gmail.com

    opa André!
    pedazo de resumen
    yo me incorporé más tarde pero algo sí viví y me entró nostalgia
    una duda, que no sé si estoy equivocado o es un desliz por tu parte
    dices que los originales del Diario Pop son Ordovás, Manrique y Fernández Flores (¿el que hace ahora siglo XXI?)
    Yo pensaba que en vez de este último estaba José María Rey (Chema Rey) que luego continuó con su Bulebar y otras cosas
    A lo mejor estoy yo confundido, no sé
    Espero que cumplan otros 30 y nos sigan descubriendo grupos
    un saludo
    suso

    ResponderEliminar
  3. Resposta a Suso:

    Sí tes razón, os orixinais eran eses tres (Ordovás, Diego e Chema Rey).

    No ano 1984 Diego deixa o Diario e se pon a fazer "Solo para ellas", e entón é substituido por Tomás Fdez. Flores.

    Co paso dos anos ficaría só o Jesús Ordovás co Diario Pop.

    Na edición orixinal do Diario Pop había varias seccións como "Esto non é Hawai" (que levaba o ferrolán Jesús Ordovás e donde puña as maquetas EN CASETE dos Siniestro, Golpes Bajos e milleiros de grupos de todo o Estado sen disco editado ou que viñan de editalo en pequeno sselos discográficos que nacían case á par cos grupos...). Outra sección era o "Aeropuerto Internacional" que levaba o Diego Manrique (se non me lembro mal). Aquí ouvianse todas as músicas do espacio exterior que non podías ouvir (nin de coña) noutro sitio.

    GRAZAS POLO APONTE SUSO!!! Xa corrixín a entrada no blog!!!!

    Lembrade que entre tod@s fazemos memoria, así que podedes deixar un cometario a esta entrada ou escribir a radiomonstro@gmail.com

    andré (pequeno monstro)

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias, desde el más allá.
    A. Galán

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...