
Os feitos ocorreron no programa que emite a emisora local ás 19.15 horas, e que é retransmitido pola xornalista Elena Jiménez.
Ao parecer, foron tres activistas @s que entraron no estudo e fixéronno con máscaras para susto da xornalista, que tivo que interromper o programa, non sen antes, para sorpresa dos radio-ouvintes, escoitar todo tipo de berros, desde consignas micrófono en man dos anarquistas a chamadas de socorro da locutora da COPE.
Tras o ocorrido, o equipo da emisora chamou á Policía Nacional, que se acudiu de forma inmediata ao lugar extraendo unha copia legal da gravación do programa, para con posterioridade tomar declaración aos afectados por este suceso.
A locutora, Elena Jiménez comentou a este diario que nin sequera puido escoitar ben as consignas dos mozos, polo impacto que lle causou a entrada totalmente imprevista destes, que ao parecer accederon ao estudo despaciño e agachados para non ser vistos polos responsables de control de seguridade.
Todo quedou nun susto e non houbo que lamentar ningún outro tipo de dano, persoal nin material.
Cabe destacar que, segundo xornalistas da cadea COPE de Cidade Real que levan unha longa traxectoria nesta emisora, é a primeira vez que ocorre un feito destas características.
Denuncia do PP. Tras decatarse dos sucedido, o Partido Popular de Cidade Real mandou un comunicado para condenar estes feitos, que entenden como un ataque á liberdade de expresión, e un ataque dos que non cren no sistema democrático e atentan contra el, cualificando o acto coma «unha brutal agresión aos principios máis elementais da convivencia democrática».
Non é a única acción que tenta visualizar a situación do preso anarquista Amadeo Casellas. Así, o xoves 4 de xuño deste 2009 un grupo de persoas intentou ler un comunicado desde os micrófonos da SER en Granada. Ésto non foi posible posto que os traballadores o impediron, chegando a policía aos poucos minutos. A situación terminou con 15 persoas identificadas e un detido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!