22 de abril de 2009

Primeiro de maio anarcosindicalista en Ferrol.

Vén de chegarnos a seguinte convocatoria libertaria para o primeiro de maio de 2009 en Ferrol:

Primeiro de maio anarcosindicalista en Ferrol.

Como cada ano a clase traballadora sairá á rúa o primeiro de maio nunha xornada de loita e reivindicación. Nesta ocasión o anarcosindicalismo galego, da man da CNT, vén de convocar unha xornada unitaria na nosa cidade.

Unha xornada enmarcada na crise económica que co lema Todos os días 1 de maio será a manifestación da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social e a favor da emancipación das traballadoras e traballadores.

Para Unión Libertaria esta convocatoria é de especial importancia pola grandísima incidencia que a crise do capital está a ter na precariedade e no aumento do paro.

Unha crise que nos fan pagar a traballadoras e traballadores e coa que, de seguro, pretenderán argumentar novos recortes en dereitos e liberdades. Mais tamén é importante para nós porque por primeira vez en moito tempo o anarquismo galego escolle a nosa cidade para sacar adiante esta xornada de loita do primeiro de maio.

É por isto que, facendo nosa a convocatoria, dende Unión Libertaria realizamos un chamamento aberto á participación neste primeiro de maio do que esperamos un antes e un despois na nosa comarca.

A convocatoria é a seguinte:
Unidade acción autoxestión!!. Outro sindicalismo é posible!!
  • Venres, 1 de maio de 2009:
• Manifestación en Ferrol dos sindicatos da CNT na Galiza
• Saída ás 12:30 horas, do local da CNT en Ferrol (Avenida de Esteiro, 10)
• Mitin ás 14:00 horas, no mesmo local.

Unionlibertaria.
Av/ Esteiro 10, baixo Ferrol.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...