31 de dezembro de 2008

Rádio Krime, unha nova fenda no dial en A Coruña.

Na última edición no 2008 de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispiM 93.9 FM, despedimos o ano comentando algunhas novas referentes á actualidade das radios libres e comunitarias no estado español e no mundo:

O proxecto de normativa de radiodifusión elaborada polo Goberno Canario non contempla a concesión de frecuencias a radios que non sexan privadas e con ánimo de lucro, polo que as radios comunitarias fican fóra da convocatoria unha vez máis pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Radios Libres e Comunitarias) y da propia Unión Europea quen na súa resolución do 25 de setembro de 2008 pedía o "recoñecemento legal aos medios de comunicación comunitarios (terceiro sector) como grupo definido, ao igual que se recoñece aos medios comerciais e públicos. A realidade en pleno século XXI no estado español deixa en evidencia o control do espéctro radioeléctrico por parte de intereses que semellan nada coincidentes cos da cidadanía: os intereses privados e políticos.

Ademáis nos fixemos eco do primeiro Foro de Radios, inscrito dentro do Foro Social Mundial que se celebrará en Belém do Pará (Brasil) entre o 27 de xaneiro e un de febreiro de 2009. O primeiro Foro de Radios será un espazo de articulación que integrará o traballo de radios comunitarias, libres, cidadás, independentes, alternativas e populares, redes e colectivos radiais, conformando un proxecto de intercambio na produzón de información libre en diversos formatos, ao través do uso estratéxico das novas tecnoloxías. O Foro de Radios, instalará os seus estudios no corazón do FSM 2009, dende donde realizará unha cobertura internacional en vivo cunha programación multilingüe compartillada, que se transmitirá ao través de internet (streaming). Os arquivos de audio da cobertura en vivo e as produzóns radiais (reportaxes e entrevista) estarán ao dispór de todas e todos os pequen@s monstros en www.foroderadios.org

Por último tivemos unha comunicación teléfonica co Centro Social Okupado As Atochas, no bairro de Monte Alto en A Coruña. Este "laboratorio social" cumprirá un ano, de incesante actividade, no mes de marzo de 2009. A súa experiencia de artellamento dun espazo donde desenvolver actividades de xeito autoxestionado e libre se une as éivas dunha okupación estudada canto ao valor especulativo do recinto elixido para acoller todo ilo. Dentre os colectivos que se teñen xestado na propia casa esta a xente de Rádio Krime, que andan a pór os alicerces precisos para okupar e dignificar as ondas coruñesas, como proxecto de comunicación libre, pese aos administradores do espectro radioeléctrico e os monaguillos de turno. Tes mais info do CS As Atochas neste sitio: http://aculturapreokupa.blogaliza.org


Podedes ouvir todos os contidos do derradeiro Divertimento para pequenos monstros do 2008, ao través deste reprodutor:
Descargar o arquivo


Ademáis, engadimos un video que resume como se okupou e encheu de vida o Centro Social Okupado, As Atochas en A Corunha. A okupar!



Fotos da entrada
: tiradas por membr@s asemblea do CS As Atochas durante o taller de radio impartido por Rádio Kalimera (Compostela).

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...