Imaxe do VI Conspirando, 9/4/2009. Praza Inferniño, Ferrol |
(26/03/09 - resubida) A piques de celebrar a VIII edición do Conspirando (xoves 24/03/2016), recuperamos esta gravación de Divertimento para pequenos monstros dende o estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, na que faciamos un repaso das edicións do festival Conspirando por unha radio libre que se realizaran dende o ano 2004 até o 2009, ou o que é o mesmo: dende a primeira até a sexta edición.
Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas.
O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comungan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol).
A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos, sen axudas externas que condicionaran a nosa independencia coma medio (nen cartos das institucións, nen cartos de empresas). Coa entrada ao Conspirando de 3€ púñase a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, autocolantes, cedés compilatorios de grupos locais... Xa no 2008 o festival crece en organización e infraestrutura é pasa a ser de balde e ao ar libre, baixo unha inmensa carpa na Praza do Inferniño de Ferrol (o Inferno).
Unha anédota do festival é que entre as propostas para darlle nome estivo "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións, "conspirar". Outra das anédotas, a segunda edición estivo a piques de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, prevista para o 25 de xuño de 2004 (logo do éxito da primeira edición) dias antes do festival cando xa estaba todo preparado, @s integrantes do Colectivo Opaii! se atopan cunha chea de cartazes de cor fosforita pegados por todo Ferrol que anuncian unha "festa universitaria" o mesmo día, hora e no mesmo sitio que tiñan previsto para o II Conspirando, a West Saloon. Logo dun mosqueo monumental cos (i)rresponsábeis da sá da Estación de Ferrocarril de Ferrol, tiveron que pospoñer o evento. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos". Finalmente, a segunda edición se celebraría na Fundaçom Artábria.
Esta é a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até o ano no que se realiza este especial Divertimento, 2009:
Cronoloxía do Conspirando por unha radio libre do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM
8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril (Ferrol). Músicos: Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial.
26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria (Esteiro-Ferrol). Músicos: Vladi, Misquious, Kobe.
13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – Local Social de San Carlos (Esteiro-Ferrol), Músicos: Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha).
5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE (San Sadurniño). Músicos: La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense).
20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Müsicos: Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos.
9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Músicos: Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos.
---
Nun futuro Divertimento faremos un repaso polas seguintes edicións do Conspirando retomadas, (tras un parón de cinco anos) no ano 2015, cadrando co 10 aniversario de Rádio FilispiM, pasando a celebrarse nunha coñecida sá de concertos de Ferrol sen perder o seu obxectivo orixinal: acadar autofinanciamento de Rádio FilispiM e ser unha alternativa máis de ocio á SS ferrolana.

Documentación e condución: Pequeno Monstro.
Sintonizamos (emisión: 26/03/2009).