15M Ferrol (Fonte: Chupicola) |
(15/03/2012 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio de Caranza. Un programa que cadrou nunha xornada chea de mobilizacións na nosa comarca, das que, como non podír ser menos, falamos e tomamos o pulso no máis rigoroso dos directos...
- Delegados da CIG péchanse no Concello de Ferrol contra da "reforma laboral", co fn de visibilizar a xornada de folga xeral do 29 de marzo daquel 2012. Conexión telefónica co salón de actos do Concello, falamos cun dos fechados.
- Delegados da CIG Ferrol realizan unha camiñada Ferrol-Compostela reclamando carga de traballo para os Esteleiros da comarca. Conexión con Alfredo Maceiras, delegado sindical que participa na marcha.
- No estudio André, Paki e Pablo do colectivo Acampada Ferrol, xurdido do 15M, en Ferrol, máis específicamente do 17M.
- Conexión coa concentración en apoio ao Centro de Saúde de A Graña. A nosa compañeira María Teresa Vilariño coméntanos in situ como a concentración ten derivado finalmente nunha manifestación polo centro de Ferrol.
- Un ouvinte de Rádio FilispiM, chama a radio...
Conduce: Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!