Amosando publicacións coa etiqueta Serie: DIÁLOGOS 3 [RNE-Radio 3]. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serie: DIÁLOGOS 3 [RNE-Radio 3]. Amosar todas as publicacións

11 de marzo de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial catálogo ECM - program.1 [marzo 1992]

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3-RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog.

O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que soaban de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada.

Neste primeiro programa, RamónTrecet conta como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que gravarían as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional.

Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos pinceladas en cada un dos artistas do catálogo de Múnich ECM, resultando unha "nova música" de corte Europeo que unida ao deseño artístico das portadas conforman a personalidade única deste intersante selo alemá. De feito, as audaciais musicais, ou mesmo visuais [artísticos deseños das carpetas] do catálogo ECM, foron máis tarde emuladas por outros selos con maior ou peor fortuna, coma CODA Records, Narada, Innovative Communications ou, o caso máis evidente, Windham Hill.

Neste primeiro Diálogos 3 adicado a ECM, escoitamos:
- PAT METHENY [New Chautauqua, 1979]
- CHICK COREA & RETURN TO FOREVER [Return to Forever, 1972]
- RALPH TOWNER con Jan Garbarak, Eberhard Weber & Jon Crhistensen [Solstice, 1977]
- MEDERITH MONK [Dolmen Music for 6 voices, 1979]

Fechamos os ollos e sintonizamos. Fin de semana do mes de marzo de 1992, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Ramón Trecet, Diálogos 3...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)




Imaxe: Mandref Eicher.

4 de marzo de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Suzanne Ciani, History of my Heart [decembro 1989]


Segunda das entregas da serie Diálogos 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión Ramón analisa tema a tema o, daquela, novo album de Suzanne Ciani, History of my Heart. Traballo no que colabora nalgunha das pezas o violinista Steve Kindler.

Ciani realiza unha música simples pero carregada de beleza, pese ao que puidera parecer, "la Ciani" [como a chamaba Trecet] non era unha recén chegada nen unha ilusa: "trala súa graduazón no Wellsley College, Ciani se trasladou á Universidade de Berkeley na que seguíu a estudar composición. Durante este periodo, finais dos anos 60, coñeceu a tres dos fundadores da música electrónica: John Chowning, Max Matthews e Don Buchla. Daquela comezou a traballar para Buchla soldando sintetizadores. Adicou os seguintes dez anos da súa vida a explorar as posibilidades deste instrumento, que ela mesma construíu con diversas pezas que foi adquirindo..." (Wikipedia).

History of my Heart, Suzanne Ciani, un día do mes de decembro de 1989, as tres da tarde... en Radio 3 [RNE].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Entrevista a Lito Vitale [10/01/1990]

Con esta entrada, comezo unha serie donde irei subindo edicións do mítico programa Diálogos 3 [Radio 3-RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet. As gravacións orixinais proceden de cintas de casetes que eu mesmo rexistrei naqueles anos. Unha vez dixitalizadas, as subirei á miña canle no Ivoox.

Os motivos que me levan a fazer isto son tres:
1º Hai algunha semana me liei nun grupo no facebook donde se rememoran todas as músicas que durante tantos anos pasaron por Diálogos 3.

2º Según unha conversación recente, mantida polo propio Trecet con integrantes deste grupo, non hai certeza de estes programas estean no arquivo sonoro de RNE.

3º Sei que outros ouvintes de Diálogos 3, algún deles integrantes do mencionado grupo do facebook, teñen rescatado e subidos moitos deses audios o que me anima a fazelo, coa miña pequena contribución, pero sobre todo, a fazcelo xa, dado que coas cintas de casete xa se sabe...

Na entrada que abre esta serie, escoitaremos unha entrevista ao músico arxentino Lito Vitale, que daquela contaba con 23 anos, e viña de publicar o seu album La Senda Infinita coa participación creativa do cuarteto que o levou ao éxito. O programa está repleto de intervencións telefónicas dos ouvintes e foi realizado un 10 de xaneiro de 1990, como era habitual, as 3 da tarde...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...