Teño o prazer de vos apresentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. Nel compilarei todas as edicións de Diálogos que até agora publiquei no blog de Off Mental,e outras novas, que irei subindo paseniñamente.
As gravacións ás que teredes acceso son recuperadas e dixitalizadas do meu arquivo sonoro, rexistradas orixinamente en cita casete, que acompaño cunha pequena entrada introdutoria. A maioría delas foron emitidas nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE) apresentadas polo director do espazo, Ramón Trecet, e algunhas outras por Lara López. A caracteristica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (sí, durante un tempo Dialogos 3 se emitiu tamén en fin de semana) donde Ramón e Lara a aproveitaban para programar discos enteiros, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.
A serie Off Mental ten xa o seu propio blog: http://offmental.blogspot.com, que acollerá en exclusiva todos os programas de radio Off Mental, outras músicas e similares.
Deste modo, o blog que agora visitas, http://pequenosmonstros.blogspot.com, se especializará nos contidos da serie Divertimento para pequenos monstros, información relacionada co mundo das radios libres e comunitárias e contrainformación en xeral.
Grazas a todos pola difusión e disculpade as molestias, mais pensamos que deste xeito todo estará muito mellor organizado, cada serie co seu propio sitio web.
Rescatamos un extracto dunha das edicións de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.
Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.
INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que
realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o
seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes
nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición
en occidente en 1985, ao través de Windham Hill Records.
Xa en 1987 a
propia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR, o titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William
Ackerman; así acontece no sampler editado por WH en 1989.
A breve, agachada, pero sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]
Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas, de curta vida pero cunha
interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e
produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o
estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras
formacións, a Yellow Magic Orchestra [YMO] chegou a gravar varios discos.
Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física
dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A
súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por
Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría
dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e
Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.
Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial referencia a banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet. Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido nos primeiros noventa en Radio 3 [RNE], adicado a banda nipona YELLOW MAGIC ORCHESTRA[YMO] e o músico RYUICHI SAKAMOTO, apresentado por Lara López. A fonte: unha vella cinta de casete no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro que agora dixitalizamos e compartillamos. Un dos grupos que se formaron en Tokio [Xapón] no 1977 foron a Yellow Magic Band, que pronto cambiarían o seu nome polo de Yellow Magic Orchestra [YMO]. Son considerados os Kraftwerk orientais, coma os alemáns, pioneiros na popularización da música electrónica e moi influíntes no cenario musical do momento e, como veremos, do futuro. Axudaron a desenvolver o synthpop e o ambient, anticipando os ritmos e sons de xéneros coma o electro, ou mesmo a estabelecer as bases do Japanese-pop contemporáneo, así como influerciar a música house, techno e de movimentos coma o hip-hop.
A YMO, a conformaban: Haorumi Hosono [multinstrumentista], Ryuichi Sakamoto [teclista], Yukihiro Takahashi [percusionista] e Hideki Matsutake [programador de secuencias]; os catro interesados na música electrónica. No ano 1978 debutan discográficamente en Xapón cun álbum homónimo. O éxito do seguinte álbum, Solid State Survivor [1979] os leva de xira por USA. Xa en 1980 realizan unha xira por Europa, década na que editaron numerosos álbumes e recompilatorios. Cada un dos integrantes da YMO ten realizados traballos en solitario e colaborado con artistas da cualidade de: David Sylvian e Steve Jansen [da banda Japan], Andy Mckay e Phil Manzanera [Roxy Music], o senegalés Youssou N´Dour, ou colaboracións con bandas coma 808 State ou The Orb, entre outras.
Canto a un dos seus máis intrépidos integrantes, Ryuichi Sakamoto, xa nos primeiros setenta, experimentaba coa equipa de música electrónica da Universidade Nacional de Tokio de Belas Artes e Música, traballando cos primeiros sintetizadores: o Buchla, Moog e o ARP. Nos oitenta apareceu coma actor xunto a David Bowie no filme "Feliz Nadal, Mr. Lawrence" [1983, Nagisa Oshima], ademáis de escribir a BSO. En 1987 gaña un Oscar pola composición parcial da BSO de "O último Emperador" [Bernardo Bertolucci]. En 1989 compón a BSO do filme "O ceo protector", tambén de Bertolucci. En 1992, compón a música dos Xogos Olímpicos de Barcelona.
Sakamoto é ademáis coñecido por ser contrario as actuais leis de propiedade intelectual, pola súa conciencia ecolóxica e por ser fundador e colaborador do AP Bank [Artist Power Bank], unha ONG que outorga microcréditos sen intereses a pequenos empresarios para que financien os seus proxectos innovadores [reciclaxe industrial, transporte non contaminante...]. Cara o ano 1984 cada un dos membros da Yellow Magic Orquestra [YMO] se centra nos seus proxectos en solitario. Xa no ano 2000 xurde a banda paralela Sketch Show, resultado da alianza dos membros orixinais da banda, Hosono e Takahashi, formación que pasaría a chamarse Human Audio Sponge. En agosto de 2007, unha nova "alianza" entre Hosono, Takahashi e Sakamoto da lugar á banda HASYMO. Xa no ano 2009, retoman a denominación orixinal, YMO, coa que se manteñen activos até hoxe, xa sen a presenza de Matsutake.
En definitiva, a marabillosa aventura dunha banda nipóna auténtica, moi influinte na nova música do momento e de décadas posteriores. Facendo un chiscadelo a aquel avanzado álbum que editaron en 1983, unha formación que sen dúbida figura en letras douradas da Enciclopedia Musical Ilustrada da nosa era.
Sintonizamos, primeiros anos noventa, tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. EspecialYMO e Ryuichi Sakamoto. Apresenta: Lara López. Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Seguimos a dixitalizar edicións de DIÁLOGOS 3 [Rádio 3-RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.
Nesta ocasión especial gravación da misa Earth Requiem [Stories of Hope], composta polo violonchelista do Paul Winter Consort, EUGENE FRIESEN, no ano 1992.
Esta gravación, efectuada en directo nunha pequena Igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU], non chegou a ser publicada en ningún formato.
A EUGENE FRIESEN, no violoncelo, lle acompaña o coro habitual da Catedral St. John the Divine [NYC] dirixido por Paul Halley que tambén toca o piano, ademáis de Glen Vélez a percusón e outros músicos habituais no Consort de Paul Winter.
No programa, Trecet, reproduce e comenta esta gravación, que en formato cinta, lle achegara o propio EUGENE FRIESEN ao pouco tempo de ser gravada. EUGENE FRIESEN, naceu no ano 1952. Graduado na Yale School of Music, forma parte do Consort do saxofonista Paul Winter, dende o ano 1978. Ademáis é parte da formación Trio Globo, xunto a Howard Levy e Glen Vélez. É profesor asociado do Berklee College of Music en Boston, Massachusetts. Actualmente vive en Vermont coa súa dona, Wendy, e o seu fillo. FRIESEN, xunto a súa dona é propietario dunha produtora sen ánimo de lucro, Sonoterra Productions. Ademáis das súa participación creativa en moitos dos trabalos publicados polo Paul Winter Consort, a música de EUGENE FRIESEN, publicada até hoxe, é a que segue. En solitario: - Arms Around You [Living Music, 1989] - The Song of Rivers [Fiddle Talk Music, 1998] - In the Shade of Angels [Fiddle Talk Music, 2003] - Sono Miho [Fiddle Talk Music, 2005] - Pure Water, Potry of Rumi con Coleman Barks [Fiddle Talk Music], 2008] - Colorful Trasitions, 2009 Co pianista Paul Halley: - New Friend [Living Music, 1986] Coa banda de "metal" Dream Theater: - Vacant [Dream Theater´s Train of Thought, 2003] A obra que hoxe ouviremos, a misa Earth Requiem[Stories of Hope], foi composta no ano 1992 por EUGENE FRIESEN, gravada como ouviredes, mais nunca publicada. Sintonizamos. Unha tarde de 1993, Radio 3 [RNE], tres da tarde. Diálogos 3, Ramón Trecet :Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Rescatado dunha vella cita de casete, no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, un dos primeiros concertos no Estado español da formación de world-music, PAUL WINTER CONSORT, celebrado no Palacio de Congreso e Exposiciones de Madrid o venres 25 de xaneiro de 1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día. O concerto foi organizado polo Club de Música e Jazz San Juan Evangelistae etiquetado pola organización coma "New Age", e estaba dentro dunha xira que aquel ano o levaría por diversas cidades do Estado, incluida Compostela. Os comentarios, durante a retransmisión, foron realizados por José Miguel López [Discópolis], que estaba no propio concerto, e Jesús Ordovás [Diario Pop], que estaba nos estudio de Radio 3 [RNE]. Nesta ocasión o Paul Winter Consort, estaba conformado polos músicos: - Paul Winter, saxo soprano. - Paul Halley, piano. - Eugene Friesen, violonchelo. - Rhonda Larson, frauta. - Glen Vélez, percusón. Con respeito da catalogación da música de Paul Winter coma "New Age", no transcurso dunha charla-coloquio organizada polo Club Musical Delta da Universidade Politécnica de Madrid [UPM], poucos días antes do concerto, transcrita no fanzine En Cintas Vírgenes [marzo de 1991], o propio autor comenta o que segue: "Onde quixer que haxa unha nova tendencia en EE.UU, o negocio da música comercial aparece. No transcurso dos 25 anos que levo fazendo música, vin nacer ao redor de dez ou doce etiquetas diferentes para catalogar un tipo de música, do mesmo xeito que as vin desaparecer. É moi difícil que unha etiqueta describa correctamente un tipo de música. Normalmente non me importa como a xente chame a miña música mentres a escoite. Se hai unha etiqueta que particularmente impide escoitar a nosa música, preferimos que non nola atribúan. New Age, en EE.UU, convertiuse nunha etiqueta asociada coa música creada ´nas nubes´, e nós, que sempre fixemos reverencia a Terra [Gaia], as raigumes, preferimos chamala Earth Music. Ao sermos unha banda acústica somos especiais, pois a música electrónica dominou claramente a cultura occidental nos últimos 20 anos. Cando a xente escoita a nosa música acústica pensa que ouven algo novo e conclúen que como tocamos música acústica durante 25 anos, debemos ser os inventores da New Age music, mais, eu digo que os instrumentos acústicos levan sobre a faz da terra milleiros de anos e nós non os inventamos [..]". O Paul Winter Consort é unha formación multicultural fundada no ano 1967, liderada polo saxofonista e destacado activista medioambiental Paul Winter [Altoona, Pennsylvania, 1939]. O grupo mistura elementos da música de cámara, jazz e world-music, así como vozes de animais [lobos, baleas...] e da natureza. Ao longo dos anos pasaron pola formación outros músicos, que conformaron o denominado Consort: David Darling, Paul Mc Candless, Ralph Towner, Glen Moore, Collin Walcott [todos estes tambén integrantes da formación de Jazz Fusión OREGÓN], Nancy Rumbel, Jim Scott, Russ Landau, Susan Osborn, Oscar Castro-Neves, Nóirín Ni Riain, Davy Spillane... Moitos deles gravaron para o selo Living Music, creado polo propio Paul Winter para a edición dos seus traballos. Unha crónica daquel concerto, do diario El País, atoparás nestoutro enlace, http://elpais.com/diario/1991/01/27/cultura/664930804_850215.html
Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón Isao Tomita.
Se na primeira parte deste especial falamos dos instrumentos, nesta nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista, Tomita.
En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos. A música Tecno, vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.
Naqueles anos, Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], tambén alemás, que editan o álbum Alpha Centauri [1971], nunha época donde o impacto da carreira pola conquista do espazo fica en evidencia no panorama músical e na sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo outras das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tambén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta Krautrock [ou Kosmiche Musik], xurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60; un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural. Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Así é como xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [tanto estética coma políticamente falando] da historia da música "popular", o Krautrock. Aqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan moitos dos que hoxen a disfrutan [pensando que todo o que ouven naceu sen maís], sen saber que no seu berze están mesmo as comunas libertarias de Munich do 1968.
Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con collage de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou música oriental.
As bandas daquel Krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, bandas coma Cluster[Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que xa na década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos. Mesmo, naquel movimento Krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas: 1. A Escola de Berlín, se refire ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Se tende a identificala coa Kosmiche Music [música cósmica, planeadora]. 2.A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e ritmicas liñas de baixo, acompañdas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sendo as obras fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario. O certo é que a popularidade do Krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral da súa época foi escasa. Iso si, anos despois bandas de todo o mundo se verían influenciadas por moitas das aportacións daquelas formacións alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos. De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da nova música, atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.
En inglaterra Pink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].
En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child se disolve, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, a fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal L´Apocalypse des Animaux [1973].
Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" de LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a ponto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos.
Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do leste comezan a darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o xugoslavo Laza Ristovski, o alemá oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.
Daquela, a tecnoloxía en materia de instrumentos electrónicos avanza de maneira significativa, en apenas un par de anos e segue a popularizarse o seu uso en bandas que pouco o nada tiñan que ver con aquel incipente movimento. Un exemplo é o do grupo folk-rock norteamericano, Creadence Clearwater Revival, quen publica algunhas pezas con rasgos inusuais, coma o caso da titulada Pendulum [1970], de carácter experimental.
Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974], un canto ás autoestradas, que da a coñecer o Tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizan o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, como una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.
Seguimos nos mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de
películas de terror. Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975],
donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica como non se oira até daquela.
Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975]in the
Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo. Nos finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis oló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos.
Volvendo a mediados dos 70, o grego Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios, que dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975]. Unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos van ser os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora dos alemás do krautrock. Unha proba sonora de que a música electrónica, non ter porque ser fría, sinistra e robótica, senón, que se cadra, pode transmitir emoción e sentimento en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica. E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose a fazer versións electrónicas de pezas de música clásica,
substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.
Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 [acaba de cumprir 80 anos] e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestación e composición mentres estudia historia da arte na Universidade. Graduase no ano 1955 e se convirte en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para o equipo ximnástico nipón.
A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpretaba música clásica cun sintetizador Moog. Isao Tomita, non dubida en mercar un Moog III e comeza a montar o seu estudio doméstico. As súas primeiras pezas son arranxos para sintetizador de obras do compositor francés do XIX, Claude Debussy. De aí resulta o álbum Snowflakes are Dancing [1974], que se convirte en grande éxito. A versión, nel contida, do Arabesco nº 1, se utiliza na serie de TV de astronomía, Star Hustler. No Estado español, se fixo famosa nos oitenta por ser a música da cabeceira do extraordinario programa de TVE El Planeta Imaginario, un espazo experimental para todos os públicos, cuxo innovador formato ficou na memoria de toda unha xerazón.
Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada Klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, coma The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.
Xa en 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, neste caso orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestas tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 se publicou en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa no ano 2003 en recoñecementos dos logros acadados na música polo autor.
A obra musical de Isao Tomita é cuantiosa e pode consultarse neste enlace. Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Segunda metade do especial dos Inicios da Música Electrónica [Isao Tomita] según Ramón Trecet. Sintonizamos... Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, primeira metade dun especial emitido o 1 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista Walter / Wendy Carlos. A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro. "A música electrónica que habitualmente escoitades en Diálogos 3, ten unhas orixes moi concretas que imos tentar de explorar nos dias de hoxe e manhá ao través de dous artistas que, cada un coas súas especias caracteríticas, marcaron unha serie de sendas a seguir, da reproduzón, máis que da produzón, aínda que no caso de Wendy Carlos, a recreación pasou a un segundo termo, despois. Estamos a falar de Wendy Carlos [antes chamado Walter Carlos] e de Isao Tomita. A cronoloxía de inventos que é necesaria analisar, para chegar ao Mini Moog que utilizou Wendy Carlos nas súas primeiras execucions, podería ser: 1761, en Paris, Jean-Baptiste de Labord, inventou un clavicordio electro-mecánico. 1906, Thaddeus Cahill inventa o Telharmonium, un harmonium eléctrico que podemos considerar o primeiro instrumento electrónico significativo. 1919, o físico e músico ruso Serguéievich Termen inventa o Théremin. 1928, Maurice Martenot inventa El Ondes-Martenot, uhna evolución do Théremin, utilizado sobre todo por intérpretes e compositores da chamada música “clásica contemporánea”. 1934, en EEUU el Sr. Laurens Hammond patenta un instrumento que seria o Órgano Hammond, con aplicaciones na música rock de importancia, baseado en principios de eletromagnetismo e de amplificación ao través de altavoces individuais [este inventor operou noutros campos, coma nos primeiros cambios automáticos para automóveis, por ex.]. Nos anos 50, comezaron a comercializarse ben variados modelos do Hammond. O son deste órgano tería o seu áuxe moito anos despois [anos 60 e 70], en xéneros tan dispores coma o jazz, soul, gospel, música lixeira, rock ou ska. 1945, como causa e efecto da 2º Guerra Mundial, nos seus últimos meses, as tropas estadounidenses entran na cidade alemá de Colonia. A cidade semella abandonada polos nazis, mais sorprendentemente as emisoras de radio locais continúan a emitiro propaganda nazi. Cando as tropas acceden as emisoras, se atopan as instalacións sen persoal algún e, no seu lugar, aparellos reprodutores de citas magnetofónicas lanzando mensaxes ao ár. O exército norteamericano enfróntase por vez primeira a `cita magnetofónica´, un invento que, a partir de entón, tería unha aplicación civil e industrial que revolucionaria a radio e a propia industria musical. Até daquela, se coñecía `o cabo metálico magnetofónico´, un magnetofón pouco versátil e con mala cualidade de son. Máis tarde, nos anos sesenta, aparece un instrumento cuxa base son as citas magnetofónicas, o Mellotrón. 1960, O Mellotrón, como evolución dun invento chamado Chamberlin, foi un instrumento fudamentado nas citas magnetofónicas. Tratábase dun teclado, cuxa presencia semellaba un piano convencional, capaz de reproducir ao través de tres canles, citas pregrabadas. Como vemos, os instrumentos musicais, van evoluindo en base ao desenvolvemento da tecnoloxía en cada momento da historia, non só canto a súa creación como tal, senón canto ao seu perfeccionamento ou aplicación práctica. Entre 1951 e 1957, a compañía RCA [Radio Corporation of America] ao través das investigacións levadas ao cabo polos doutores Harry Olson e Herbert Belarel, nun centro de investigación de música eletrónica na Universidade de Princeton [Nova Jersey-EEUU], crea o primeiro sintetizador da historia, o MARK II. Medía uns 5 metros de longo por 2 de alto. Aínda pode verse funcionando no Columbia Princeton Eletronic Music Center de Nova Iorque. De 1955 a 1967, o doutor en electrónica Robert Moog, inventa el sintetizador Moog, cuxa evolución sería o Mini Moog, instrumento electrónico do que se dicía era capaz de crear unha gama case infinita de sons. Robert Moog, foi galardonado no ano 2001 co Polar Music da Real Academia da Música de Suecia, considerado coma o Nobel da Música. En 1966, Robert Moog, se pon en contacto co único músico que ten título de enxeñeiro electrónico por entòn, Walter Carlos [despois cambiaria de sexo, pasando a chamarse Wendy Carlos] dando lugar esta colaboración a primeira obra deste músico,`Switched on Bach´ [1967], donde Carlos recrea electrónicamente obras de J.S. Bach. Daquela, unha das compañías de música electrónica máis potente nos EE.UU., a Columbia Broadcasting Systems [CBS], realiza una convención de enxeñeiros electrónicos, donde se apresentará o Mini Moog e aquela transcripción de certas composicións de J.S. Bach, baixo o título de`Switched on Bach´. A reazón dos enxeñeiros electrónicos asistentes a aquela convención foi de grande sorpresa. O ano seguinte, 1968, se publica aquel album, que no mercado acada un número de vendas foi moi superior das que Robert Moog e Walter Carlos tiveran nunca imaxinado. En paralelo a todos istes inventos e evolucións, se estaban a producir outra series de avances que revolucionarían a música nas seguintes décadas. Son as primeiras aproximacións a, que poderiamos considerar, primeira guitarra eléctrica. Así, a mediados dos anos 30 o músico Lester William Polsfuss [máis coñecido coma Les Paul], comezou a combinar o seu talento coma guitarrista con experimentos coa electricidade, nos sotos da súa casa. Tiña 26 anos e vivía en Nova Iorque. Les Paul, sofre unha descarga eléctrica de tal gravidade que, asustado, decide abandonar as experimentacións durante un par de anos, centrándose no acompañamento a guitarra de cantantes coma Nat King Cole e Bing Crosby. En 1947, Les Paul decide volver á experimentación, logrando unha versión sosfisticada e segura de guitarra eléctrica coa que grava a canción `Lover´. Aquela canción, resultou un dos primeiros experimentos de enxeñería de gravación, xa que chegou a rexistrar a melodía oito veces, a distintas velocidades, e logo misturalas creando a ilusión dunha orquesta completa. A casa Capitol editou aquelo, sendo un suceso, chegando o público a considerar aquilo [finais anos 40] coma `música futurista´. Mais, esculcando con profundidade na historia do blues, uns vinte anos anos antes [entre 1920 e 1929, ano do Crack financieiro e década máxica do blues], nos atopamos con dous músicos negros [Les Paul era branco], que non foron quen de patentar alquel invento e que algúns historiadores sitúan coma verdadeiros executores daquela primeira aproximación á `guitarra eléctrica´. Trátase de Charlie Christian [Jazz] e Aaron T-Bone Wolker [Blues], estamos cara o ano 1929. A historia conta que durante unha actuación do guitarrista Aaron T-Bone Wolker en Chicago, nun clube donde había demasiado ruido, procurando unha solución técnica que amplifique o son da súa guitarra, se lle ocorre situar un microfone de voz da época diante da caixa da súa guitarra acústica, engadindo unha rádio de válvulas do momento coma amplificador. Como era normal, naqueles auténticos e orixinais bluesman pretos, aquel invento nen foi patentado, nen moito menos trascendeu á historia oficial dos descubrimentos o nome destes dous pioneiros, a diferenza do acontecido co guitarrista branco Les Paul. Xa na década dos 40, se inventa o contrabaixo eléctrico, acontecendo nas décadas seguintes, coa eclosión do rock & roll, a popularización de moitos dos instrumentos electrónicos dos que falamos aquí." Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Diálogos 3. Evolución da música electrónica [Cap. 1 Walter/Wendy Carlos]. Dirixe e presenta Ramón Trecet. Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Imaxes: Wendy Carlos / Portada Switched on Bach [1976] / Robert Moog. Primeira parte deste especial en:
Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM, apresentado por Lara López.
A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro.
MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn.
Ao cumprir 20 anos comeza a estudar programación de música electrónica, aínda que mantén a trompeta coma instrumento principal na súa carreira coma compositor.
Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams.
No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora de The Moderns [Alan Rudolph, 1988] ou mesmo a sinfonía eletrónico-tribal para o video TIBET, editada por Windham Hill en 1990 [casa discográfica para a que ISHAM gravou parte da súa música], son parte da súa produzón.
ISHAM ten colaborado coma músico de sesión, en traballos doutros artistas: Tanita Tikaram, Suzanne Vega, Art Lande, Taj Mahal, Van Morrison, Joni Mitchell ou, os mesmísimos, Rolling Stones.
Neste especial de DIALOGOS 3, apresentado nesta ocasión por Lara López, escoitaremos un repaso a sua biografía coma músico, parte da súa obra, así coma a súa participación creativa en traballos doutros artistas, por esta orde:
- Patrick O´Hearn [Rivers Gonna Rise, 1988]
- Peter Maunu [Warm Sound in a Gray Field, 1990]
- Mark Isham [BSO Country, 1984 - traballo colectivo]
- Mark Isham [BSO Songs my ChildrenTaught me, 1991]
Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Dialogos 3. Dirixe Ramón Trecet, apresenta Lara López. Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Non se trata exactamente dunha edición especial de DIÁLOGOS 3, mais si dun concerto do cuarteto de Oregón, NIGHTNOISE celebrado no Teatro Calderón de Valladolid o 23 de abril de 1991, retransmitido por Radio 3 [RNE] e apresentado e comentado por Ramón Trecet, unha noite dese mesmo ano. É dicer, que sigo a recuperar alfaias do meu arquivo sonoro, antes de que o tempo acabe por destruir o contiúdo rexistrado neses "artiluxios sonoros" tan entrañábeis [as cintas de casete], que como sabedes xa non se fabrican e das que se veñen de cumprir 50 anos da súa invención. Aquela noite do 23 de abril de 1991, no Teatro Calderón de Valladolid, o público asistiu a nun dos concertos da, daquela, segunda xira polo Estado español do cuarteto orixinal irlandés-estadounidense: - Tríona Ní Dhomhnaill [piano e voz]. - Billy Oskay [violín e viola]. - Brian Dunning [frautas]. - Mícheál Ó’Domhnaill [guitarra]. Como curiosidade, algúns anos despois este mesmo concerto, volveu emitirse en Radio 3 coincidindo coa morte dun dos fundadores de Nightnoise, o guitarrista irlandés Mícheál Ó’Domhnaill [fallecido o 8 de xullo de 2006 aos 54 anos de idade]. Ista re-emisión aconteceu o 15 de xullo de 2006, no programa Músicas Posíbles [Radio 3] de Lara López. Esoutra gravación pode atoparse neste enlace. O que ides atopar aquí non ten nada que ver con esa re-emisión. É a emisión orixinal do ano 1991, poco despois do concerto, presentada e comentada por Ramón Trecet e da que non teño atopado ningún outro enlace na rede, polo que pode que sexa unha rareza. A gravación do concerto e tal cual a emisión e dura uns 60 m. Cara o minuto 28 da gravación hai unha interrupción dus segundos. Xa sabedes, cambio de lado da casete ;-)
Seguimos a rescatar míticas edicións do programa DIÁLOGOS 3 [Radio 3], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.
Nesta ocasión un interesante especial fin de semana, adicado a biografía da banda de folk-cámara NIGHTNOISE, emitido un 07/08/1991 en Radio 3 [RNE].
O audio foi dixitalizado dunha gravación caseira en cinta de casete, procedente do aquivo sonoro de O Pequeno Monstro [Rádio FilispiM].
Nightnoise foron unha banda cuxo orixe está no ano 1984, cando o violinista estadounidense Billy Oskay e o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, publican un disco titulado precisamente así, Nightnoise, na compañia Windham Hill.
Tres anos despois, en 1987, Tríona Ní Dhomnaill [irmá de Míchaél] e o flautista irlandés-estadonidense Brian Dunning, se unen aquel dúo, resultando a primeira formación como NIGHTNOISE. O primiero album, como tal, do cuarteto foi Something of Time [Winddam Hill, 1987].
Para min, eses dous albumes, son os mellores publicados por estes artistas. Música folk, de cámara, antigua e, sobre todo, maxia, conflúen nestas dúas alfaias sonoras dos oitenta.
A estes dous traballos lles seguen At the End of the Evening [1988], The Parting Tide [1990] e o recompilatorio A Windham Hill Retrospective [1992]. Precisamente neste álbum, Oskay abandona a banda que é sustituido polo violinista escocés Johnny Cunningham. Con esta nova formación publican: Shadow of Time [1994], A Different Shore [1995] e The White Horse Sessions [1997]. Coincidindo con ese último lanzamento, Cunningham abandona a banda sendo substituido polo violinista irlandés John Fitzpatrick.
Nightnoise se disolven oficialmente a finais de 2003 cando, aos 46 años anos, o violinista Cunningham falece dun ataque al corazón. Xa en xullo de 2006, un dos seus fundadores,o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, morre na súa casa de Dublín, por causas das que non existe demasiada información, mais se comenta que sofre un accidente doméstico.
Sintonizamos. Tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com(novo blog temático!)
Dous novos especiais de Diálogos 3 [Radio 3, RNE], rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro. Nesta ocasión adicados a banda DEAD CAN DANCE, cuxos pilares fundamentais son Lisa Gerrad [Australia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959].
En 1984 fichan pola discográfica de Londres, 4AD, no que graban un primeiro album homónimo e no que colaboran outras banda do mítico selo underground, coma This Mortal Coil.
En 1985, publicarían o seu segundo album, Speen and Ideal, que os catapulta coma banda de "culto" e sitúa nos primeiros postos das listas do Reino Unido. En 1986 chegaría o seu terceiro traballo, Within the Realmof a Dying Sun.
Xa en 1988 o seu cuarto, The Serpent´s Egg. Ademáis, ese mesmo ano escriben temas para o filme El Niño de la Luna [Agustín Villaronga], donde a propia Lisa Gerrad debuta coma atriz. En 1990 publican Aion, o quinto traballo, que os leva de xira a América. O ano 1992 publican o famoso recompilatorio A Passage in Time.
Xa no ano 1993 participan na banda sonora do impactante filme documental Baraka [Ron Fricke] e editan Into the Labyrinth, traballo co que conquerirían o maior éxito. Unha macroxira americana e europea fica rexistrada no album e filme Toward the Within.
O último traballo como DEAD CAN DANCE foi publicado en 1996 baixo o título de Spiritchaser. Tanto Lisa coma Brendan publicaron sendos traballos en solitario, The Mirror Pool [1995] e The Eye of the Hunter [2000], respeitivamente.
No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os seus primeiros traballos. No segundo, realiza unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés, polo que todos sabedes.
Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet... Todos os programas en:http://offmental.blogspot.com(novo blog temático!)
Programa 1: os seus primeiros traballos.
Programa 2: a transcripción dunha entrevista ao dúo.
Imaxe: Lisa Gerrad e Brendan Perry [Dead Can Dance].