Colectivos sociais de Compostela organizaron durante este mes de maio de 2010 unhas festas populares como alternativa ás festas da Ascensión que se celebran na cidade. Varias organizacións consideran que os festexos non responden ás demandas do asociacionismo e considéranas "unha españolada" ou "un estrago de diñeiro".
Por iso, realizaron artellaron entre o 7 ao 23 de maio, unhas Festas Populares "dende abaixo, descentralizadas e espalladas polos barrios", de xeito que respondan "aos intereses e necesidades da veciñanza, participativas e colectivas".
Todas as actividades foron agrupadas nun cartaz ou tríptico coa marca "Festas Populares 2010", ás que se sumaron as programacións que previstas por outros colectivos que acharon o proxecto interesante. Ademais, esa marca común acompañou os carteis de actividades organizadas por cada asociación.
Entre as actividades que se desenvolveron: concertos, cursos, exposicións, obradoiros, xantares ou debates. Cada colectivo participante efectuou unha pequena achega económica para financiar a edición dos materiais. Fixeron parte da iniciativa unha ducia de asociacións compostelás. [Info tirada do portal www.vieiros.com]
Por terrás ferrolás, integrantes de diversos colectivos veñen de considerar nos últimos meses, artellar unhas festas populares ao marxe do espectáculo da auto-denominada "Semana Santa" ferrolá.
Tomando exemplo d@s nos@ compañeir@s compostelás, animamos dende este blog [pequenos monstros] a dar corpo a eses desexos populares e naturais, unindo as forzas das numerosas e variadas alternativas cidadás de Ferrol e comarca, para podermos disfrutar en vindeiros anos dunhas festas populares ben diversas ao marxe das procesións, demaís cultos da antiga relixión [a nova como ben di Agustín García Calvo é o Capital e o Estado], dos Concellos e animadores culturais de quenda.
O Colectivo Opaii-Rádio Filispim, xa ten dado conta de que outras festas son posíbeis ao ter feito coincidir durante sete anos consecutivos o seu festival Conspirando por unha radio libre coas "procesións e os capuchós" [curiosa mistura da antiga e nova relixión antes referidas]. Este mesmo colectivo, ademáis, argallou dentro do Conspirando unha Feira de Colectivos xuntando nun mesmo espazo a dúcias de iniciativas cidadás, polo que isto mesmo xa podería ser unha semente para argallar unhas festas laicas como Deus manda [valga o paradoxo].
Imaxes: Festa popular de Compostela -> neste enlace [Fonte: Gengalha do Pichel]
Fontes: Vieiros e Pequeno Monstro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!