O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.
Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.
Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.
Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Krack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.
Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Krack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando.
En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.
En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.
Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.
Findamos este comunicado cunha petición e unha convocatoria:
A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com
A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio FilispiM, 93.9FM, lembraremos algúns dos mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.
Ao tempo, emplazámosvos a tod@s a que nos acheguedes as suxerencias que estimedes, pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.
Opaii!!!!
--
Rádio FilispiM 93.9FM
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
http://www.opaii.blogspot.com
Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias
http://www.corme.net/regarlic
--
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentando das vida ao blog. Adiante!