4 de marzo de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Suzanne Ciani, History of my Heart [decembro 1989]


Segunda das entregas da serie Diálogos 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión Ramón analisa tema a tema o, daquela, novo album de Suzanne Ciani, History of my Heart. Traballo no que colabora nalgunha das pezas o violinista Steve Kindler.

Ciani realiza unha música simples pero carregada de beleza, pese ao que puidera parecer, "la Ciani" [como a chamaba Trecet] non era unha recén chegada nen unha ilusa: "trala súa graduazón no Wellsley College, Ciani se trasladou á Universidade de Berkeley na que seguíu a estudar composición. Durante este periodo, finais dos anos 60, coñeceu a tres dos fundadores da música electrónica: John Chowning, Max Matthews e Don Buchla. Daquela comezou a traballar para Buchla soldando sintetizadores. Adicou os seguintes dez anos da súa vida a explorar as posibilidades deste instrumento, que ela mesma construíu con diversas pezas que foi adquirindo..." (Wikipedia).

History of my Heart, Suzanne Ciani, un día do mes de decembro de 1989, as tres da tarde... en Radio 3 [RNE].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Entrevista a Lito Vitale [10/01/1990]

Con esta entrada, comezo unha serie donde irei subindo edicións do mítico programa Diálogos 3 [Radio 3-RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet. As gravacións orixinais proceden de cintas de casetes que eu mesmo rexistrei naqueles anos. Unha vez dixitalizadas, as subirei á miña canle no Ivoox.

Os motivos que me levan a fazer isto son tres:
1º Hai algunha semana me liei nun grupo no facebook donde se rememoran todas as músicas que durante tantos anos pasaron por Diálogos 3.

2º Según unha conversación recente, mantida polo propio Trecet con integrantes deste grupo, non hai certeza de estes programas estean no arquivo sonoro de RNE.

3º Sei que outros ouvintes de Diálogos 3, algún deles integrantes do mencionado grupo do facebook, teñen rescatado e subidos moitos deses audios o que me anima a fazelo, coa miña pequena contribución, pero sobre todo, a fazcelo xa, dado que coas cintas de casete xa se sabe...

Na entrada que abre esta serie, escoitaremos unha entrevista ao músico arxentino Lito Vitale, que daquela contaba con 23 anos, e viña de publicar o seu album La Senda Infinita coa participación creativa do cuarteto que o levou ao éxito. O programa está repleto de intervencións telefónicas dos ouvintes e foi realizado un 10 de xaneiro de 1990, como era habitual, as 3 da tarde...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



2 de marzo de 2012

DIVERTIMENTO - Guerra de los Mundos 2012 - Crónica feches Xunta Ferrol - 8 de Marzo, Día Internacional da Muller - 1ª Xornadas Economía Social

Edición do xoves 01/03/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:
- "La Guerra de los Mundos, 2012" [versión "ferrolterráquea"]. Estrea mundial, xoves 1 de marzo nos Cines Dúplex de Ferrol. Entrevista a Miguel Castro co-autor do guión e director da adaptación radiofónica.

-Mobilizacións contra os recortes nas condicións e cualidade do emprego a todos os níveis.

a) Crónica Asemblea Permanente e feche no edificio administrativo da Xunta en Ferrol.

b) CC.OO e UGT, igual se suman a convocatoria de Folga Xeral da CIG que xa secundan CUT, CGT e CNT.

- 1ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas. Organizadas polo Encontro Social de Ferrolterra. Falamos de FIARE [banca ética] e COOP57 [cooperativa de proxectos economía social].

- 8 de marzal, dia Internacional das mulleres. Entrevista con Ánxela, do colectivo Marcha Mundial das Mulleres [MMM] Ferrolterra [GZ].

- Páxina de humor: José Manuel Rey.

- Axenda de Concertos.

Programa completo:



Entrevista a Ánxela da Marcha Mundial Mulleres Ferrolterra [GZ]. 8 de marzo, día Internacional das mulleres:

Ir a descargar

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Sintoniza: Rádio FilispiM, 93.9 FM [área Ferrol] - Para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

29 de febreiro de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] programa 18

Portada do álbum Between Tides [1989], Roger Eno.
Programa Nº 18 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- ALAIN MARKUSFELD - It´s raining on the third mill [Contemporus, 1979].
- ALAIN MARKUSFELD - Oasis under the stars [Contemporus, 1979].
- HANS-JOACHIM ROEDELIUS - Im fruhtan [Momenti Felici, 1978].
- HANS-JOACHIM ROEDELIUS - Anima mundi [Momenti Felici, 1978].
- ROGER ENO - The silent hours [Between Tides, 1989].
- ROGER ENO - Dust at dawns [Between Tides, 1989].
- ROGER ENO - One gull [Between Tides, 1989].
- ROGER ENO - Field of gold [Between Tides, 1989].
- ROGER ENO - Prelude for St. Joan [Between Tides, 1989].
- ROGER ENO - Between tides [Between Tides, 1989].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)






offmentalizate!  Facebook

24 de febreiro de 2012

DIVERTIMENTO - Miguel Alonso, cantautor - Mobilizacións en defensa do emprego e a dignidade - Agresións a estudiantes en Valencia - Axenda

Edición do xoves 23/02/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:

- No estudo MIGUEL ALONSO, cantautor ferrolá afincado en Compostela.

- Crónica da MANIFESTACIÓN contra a REFORMA LABORAL, domingo 19 de febreiro en Ferrol e noutras cidades do Estado.

- Que PACTARON UGT e CC.OO o pasado mes de xaneiro?

- Conexión coa manifestación-concentración en defensa dos SERVIZOS PÚBLICOS, xoves 23 de febreiro, Ferrol.

- Convocatoria de FOLGA XERAL. CIG, 29 de marzo de 2012.

- IES LLUIS VIVES, Valencia. A policía, o “inimigo”, Barberá e outras cousas de meter.

- Versión de "LA GUERRA DE LOS MUNDOS", 2012. Adaptada por Miguel Castro e contextualizada en Ferrol e Galiza. Apresentazón, xoves 1 de marzo ás 20:30h. nos Cines Dúplex de Esteiro-Ferrol.

- AXENDA de concertos.



Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Sintoniza: Rádio FilispiM, 93.9 FM [área Ferrol] - Para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

22 de febreiro de 2012

OFF MENTAL [outras músicas ] - programa 17

Portada do álbum de Brian Eno [Discreet Music, 1975]
Programa Nº 17 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- BRIAN ENO - Three Variations on the Cannon, I [Discreet Music, 1975].
- BRIAN ENO - Three Variations on the Cannon, II [Discreet Music, 1975].
- JON HASSELL & BRIAN ENO - Chemistry [Fourth World Vol.1 - Possible Musics, 1980].
- JON HASSELL & BRIAN ENO - Charm (over Burundi Cloud) - [Fourth World Vol.1 - Possible Musics, 1980].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Video: peza tirada de Jon Hassel & Brian Eno [Fourth World-Possible Musics Vol1 , 1980].
offmentalizate!  Facebook.

17 de febreiro de 2012

DIVERTIMENTO - Programa especial contra os recortes no emprego público, coas voces da CNT e da CIG [Admón]

Edición do xoves 16/02/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:

- Programa especial contra a chamada "LEI DE MEDIDAS DO EMPREGO PÚBLICO" da Xunta de Galicia. Información, audios e presenza de diversas voces sindicais no estudio [CIG e CNT].

- 13 de febreiro, Día Mundial da Radio.

- Axenda de concertos.


AUDIOS:

- Programa completo:



- Pablo [CNT Admón] fala dos recortes ao persoal da Función Pública da Xunta de Galicia, contrastando cuestións con Rafa [CIG, Admón]:

Ir a descargar

- Rafa [CIG - Admón], analisa os recortes na Función Pública da Xunta de Galicia e as accións que se están a levar a cabo:

Ir a descargar

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Sintoniza: Rádio FilispiM, 93.9 FM [área Ferrol] - Para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

15 de febreiro de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] programa 16

HOLGER CZUKAY [Moving Pictures. Purple Pyramid Records, 1993]

Programa Nº 16 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- HOLGER CZUKAY - Radio in an hourglass [Moving Pictures - Purple Pyramid Records, 1993].
- HOLGER CZUKAY - All night lone [Moving Pictures - Purple Pyramid Records, 1993].
- TANGERINE DREAM - Thru Metamorphic Rocks (edit) - [Force Majeure, 1979].- TANGERINE DREAM - Phaedra (edit) - [Phaedra, 1974].

- GONG - Castle in the Clouds [Angel´s Egg, 1973].
- JON HASSELL & BRIAN ENO - Delta rain dream [Fourth World, Vol1: Possible Musics, 1980].
- HOLGER CZUKAY - Träum Mal Wieder [Der Osten ist Rot, 1984].


Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



O
ffmentalizate! na nosa páxina en Facebook.

10 de febreiro de 2012

DIVERTIMENTO - Mobilización traballadores do naval, Ferrol-Fene + Rádio Klara cumpre 30 anos, libre e libertaria + Novas + Axenda

Edición do xoves 09/02/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contiúdos:
- Mobilización traballadores Navantia Fene-Ferrol, reclamando carga de traballo. Entrevista telefónica a Alfredo Maceiras, delegado da CIG.

- Outras novas locais: Manifesto Ateneo Ferrolá a prol da conservación da Fábrica de Lápis + Asemblea da cidadanía ante a "Participación Cidadá" dirixida polo Concello.

- Entrevista telefónica a Aniceto Arias, integrante Asemblea Radio Klara, 104.4 FM, libre e libertaria de Valencia, no seu 30 aniversario.

- Audio da columna radiofónica “El Atril”, de Rafael Cid [Rádio Klara]. “El Rey que simpatizó con los golpistas” [23F].

- Outras novas: manifesto RRLL asturianas + charla de inmigración de Eduardo Romero [Asoc. Cambalache, Asturies], argallada por Fuco Buxán.

- Axenda de concertos.

Audio DIVERTIMENTO completo:



Audio entrevista con Alfredo Maceiras [CIG Navantia]:

Ir a descargar

Audio entrevista con Aniceto Árias [Rádio Klara, Valencia]:

Ir a descargar
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...