25 de marzo de 2010

Radios libres e comunitarias no Estado español: 30 anos de historias, según o Ente.

Estes días os medios estatais públicos veñen de fazerse eco dos 30 anos de existenza das radios libres e comunitarias no Estado español.

Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual
, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.



Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.

Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:

Descargar o arquivo



23 de marzo de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/historicos: Oitenta_Vinilos [Cap.8] - Radio Fene_2005

Oitavo capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros.

No capítulo de hoxe pasámolo moi ben con Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Heroes, Autosuficiencia e Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Así marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Rot (Peces), La Mode (La Cólera e Panorama).

Xa no final do programa escoitamos referencias ao festival autoxestionado Fervesteiro [bairro de Esteiro en Ferrol] e ouvimos a música do local Herman Blues.

Ademáis ouvimos un pequeno extracto da gravación do II Conspirando por unha radio libre, que daquela [ano 2005] se celebrou no local da Fundaçom Artábria no mesmo bairro de Esteiro [Ferrol-Galiza]. O corte elixido é o final do concerto que deu o cantautor ferrolá Bladi. Naquel Conspirando actuaran ademáis os ferroláns Kobe e Misquious. Ao final da gravación podese ouvir a un tal P. Cunha facendo de animador, e a unha tal Paula ríndose por detrás.

Lembrar que aquel segundo Conspirando por unha radio libre, foi o último antes do comezo das emisións de Rádio Filispim, no mes de agosto do ano 2005, por tanto, a radio libre e comunitária da Terra de Trasancos [que emite dende Ferrol], cumprirá en agosto deste 2010, cinco anos de emisións ininterrompidas. Agardamos dende Divertimento que isto teña unha celebración como ben se merece.

Non queremos marchar sen amosar a nosa ledicia pois o podcast do Cap. 6 desta serie [adicado a Los Modelos, Episodio, Estación Victoria e Luna] foi ouvida até o día de hoxe 117 veces. Tan só agardamos que todas eses veces non fora ouvido por unha mesma persoa, non xa pola súa propia saúde mental senón polo tema de que o premio estivera ben repartido e bla, bla, bla.

Para escribir ao programa: radiomonstro [arroba] gmail.com
A vindeira semana máis aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

15 de marzo de 2010

O galego: lingua estranxeira na Galiza, por decreto.

Lupe Ces, vén de publicar no seu blog [Caranza free opiniom], esta entrada. Ao tempo é unha convocatoria a que nos sumamos @s pequenos monstros:

Já está aí. Chegou o que temíamos. Por decreto, o Galego vai ter a categoria de Língua Estrangeira no ensino. O ódio ao galego está instalado em Sam Caetano. Mas quem inspira todos estes ataques? Por quem estamos governados?

Hai uns dias nas tertúlias da manha da Radio galega, escoitavamos dizer ao jornalista Roberto Blanco Valdés que já lhe diziam a Feijoo que o tempo corria contra del, que tinham que governar e levar adiante o decreto, e a quem nom lhe gostasse que roera, que para isso ganharam as eleiçons. E já vemos que lhe fixo caso, mas em que foro, em que estrutura se reúnem estes senhores?

Noutra ocasom, no antigo programa "Hai debate", o mesmo no que outro jornalista, Carlos Luis Rodríguez, afirmava que "o galego já nom é a Língua própria da Galiza", Roberto Blanco Valdés também fazia referência a algum tipo de reuniom com frases como "nós já o dixemos" ou "nós já o temos falado", sem que ninguém dos presentes no plató tivesse o reflexo de perguntar-lhe por quem som "nós". Assim, seguimos sem saber quem nos governa. Por um lado sabemos que a seita Opus Dei tem colocados vários numerários e numerárias nas Conselharias. Mas, Roberto nom semelha tal, e Feijoo tampouco, polo que temos que pensar que hai outro governo paralelo noutra parte.

Se tivessem o sentido democrático da transparência nolo diriam. O que estou certa, é que esta decissom, de igualar no ensino o Galego a umha língua estrangeira, nom sae dum proceso democrático de debate nas filas do PP.

Manha [por hoxe 15 de marzo] concentraçons em toda Galiza, e aguarda-nos um ano movido. Que triste história a destes senhores! Som os malos na superproduçom que se fará sobre a história dumha maldiçom que cae sobre esta Terra, e entre intrigas e loitas cainistas, logram desactiva-la dous rapazes fazendo um vinho misterioso que converte a quem o bebe em boa pessoa.

Agora deixemos a fantasia, descansemos esta noite, que manha toca loitar coa realidade, por seguir sendo galegas e galegos.

Mulleres nas radios libres e comunitarias.

Moitas son as celebracións que tiveron e aínda levan a cabo en todo o mundo polo Día Internacional da Muller Traballadora. En moitas radios comunitarias e sociais, as mulleres conmemoran esta xornada cada día do ano a través do seu compromiso feminista en prol dos dereitos das mulleres. Alzando a voz, facéndose escoitar a través de programas radiofónicos con temática de xénero.

Moitas destas emisoras participativas e sen ánimo de lucro concederon moita importancia dentro dos seus contidos e a súa propia organización a participación activa das mulleres.

O día 8 de marzo aprovéitase para celebrar todo ese traballo continuado que aos poucos vai dando o seu froito nas audiencias. Un exemplo atopámolo en Radio Enlace, emisora comunitaria do norte de Madrid. Esta emisora desde fai anos ten activa a súa propia Área de Mulleres, que organiza actos sociais e culturais, pero que sobre todo manteñen cada día programas e contidos radiais que visibilizan as loitas, as denuncias, os logros e a cultura feita por mulleres. O 8 de marzo a área da Muller de Radio Enlace realizou un programa especial de 2 horas e media.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

12 de marzo de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta_Vinilos [Cap.7] - Radio Fene_2005

Sétima entrega da serie Oitenta Vinilos, unha produzón Divertimento para Radio Fene realizada no ano 2005.

Neste capítulo escoitamos as músicas e os comentarios sobre: Dinarama, Paralisis Permanente, Cámara e Los Monaguilhos.
Xa no final de Divertimeto para pequenos monstros, damos unha volta de torca máis ao cenario ferrolterráqueo [tremenda torca!] e ouvimos as músicas de Pinone e amigos [dúas versións de "El Campo de Fresas" e o tema "Tras las cortinas", na voz de Noelia Santos], Kobe e Misquious.

A vindeira semana máis e mellor, aquí onde paran os monstros. Polo de agora, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:


- Ferrol e comarca, ao través de Rádio Filispim 93.9 FM:
- Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM:
- Vía web, neste blog e máis en:
- Podgalego.com
- Radio Filispim

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...