En abril do 2003 a equipa de Divertimento para pequenos monstros, emitimos en Radio Fene unha batalla punk, protagonizada entre os grupos oitenteros e os daquela.
As hostes de ámbalas dúas xeracións déronse cita neste peculiar Divertimento para disfrute de tod@s os pequen@s monstros. Así un tras outro, comezando pola década dos oitenta, intercalados cos grupos dos 2000, desataron o kaos nas ondas hertzianas: Larsen, Aborigen X, TDK, Kuero, Eskorbuto, Kuraia, Dekadencia,Wowees, Los Trastos, Pumping Folk Band, Familia Real, Fiasko.
Podesdes lembrar aquila batalla no enlace que segue. Para a vindeira semana, máis madera do aquivo sonoro do Pequeno Monstro, aquí, onde paran os monstros.
No programa de hoxe recuperamos unha entrevista co historiador ferrolán Eliseo Fernández quen nos apresenta o libro:José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo [Edicións do Castro, 2002].
A gravación do programa foi realizada nos estudios de Radio Fene [A Coruña] no mes de febreiro de 2003.
Ademáis, Eliseo, fálanos da importancia do movimento libertario ao longo da historia, así como da súa presenza na cidade de Ferrol, Galiza e Estado.
No transcurso da entrevista escoitamos unha colleita de cancións libertarias que nos deixou a historia contemporánea, que de seguro estremecerán a máis de un. Agardamos que así sexa.
Para a vindeira semana máis monstrosidades, aquí, onde paran os monstros.
Durante o programa Protagonistas de Punto Radio, o xornalista Luís do Olmo falaba da existencia de 3 milleiros de radios piratas no Estado español, acusándoas de prácticas ilegais e de impedir o funcionamento das radios que el mesmo cualificou de "leais".
O programa abriu o teléfono á participación da xente e aí colouse Francisco Aragón, do movemento de radios comunitarias en Madrid e da ReMC (Redes Estatal de Medios Comunitarios) para lembrar ás grandes cadeas de radios e ao propio Luís do Olmo, que son esas grandes radios son as primeiras que cometen ilegalidades, denunciando deste xeito a súa gran hipocrisía e as mentiras coas que enganan ás súas audiencias.
UnDivertimentoAntitaurino. Así apresentaranse os Pequen@s Monstros, un 23 de marzo de 2001, na emisora local Radio Fene.
Nesta edición, tirada do arquivo sonoro, entrevistamos a Xosé Manuel Carreira do colectivo Crazy Cabeças do concello de Vedra, por mór do VI Festival Vedra Rock, nesta ocasion festival "antitaurino".
Ademáis, aproveitando a presenza dos Habeas Corpus naquela edición do ano 2001 do Vedra Rock, recuperamos unha entrevista a Miguel, vocalista do grupo madrileño, realizada o 26/01/2001, no descorrer doutro dos míticos festivais do noso país, o Treme a Terra de Pontedeume (A Coruña).
A vindeira semán seguiremos tirando do arquivo sonoro. Polo momento, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:
No área de Ferrol ao través de Rádio Filispim 93.9 FM: - Os xoves (quintas feiras) de 8 a 9 da noite. - Domingos de 10 a 11 da noite. - Martes (terzas feiras) de 2 a 3 da tarde.
Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM: - Terzas feiras de 1 a 2 da tarde.
Tiramos a seguinte información da web reganosademolizon, verbo da casa okupada do bairro das Atochas en A Coruña, da que vos demos voa conta en Divertimento para pequenos monstros, dende a súa ocupazón, ao través das ondas de Rádio FilispiM. Pola parte dos monstros, damos voa conta de que a asistencia a esta manifestación foi sorprendente, xa que fomos testemuñas dela, pese ao silencio informativo ao respeito por parte dos mass-media "convencionais". "Seguen a aparecer vídeos e fotos da magnífica manifestación do sábado 26 de decembro de 2009, contra o desaloxo do Centro Social Okupado Casa das Atochas, de Coruña. Para que non quede dúbida do apoio social que suscita este centro social okupado e autoxestionado, engadimos o que nos vai chegando. Que teñan claro que si, finalmente, veñen a desaloxar este centro social, non lles vai saír de balde." De gzvideos.info: "Este passado 26 de dezembro umha manifestaçom em apoio ao CSO A Casa das Atochas percorreu as ruas do centro da Corunha ante a ameaça de desalojo à que se enfrenta este centro social okupado, que leva funcionando desde o 14 de março de 2008 no bairro de Monte Alto."
Pola conversión de todas as radios públicas e privadas do mundo en libres e comunitarias... preguemos ao Apalpador!!!!
O Pequeno Monstro, dende este o seu humilde blog, quérevos desexar o mellor para o 2010, ano no que as emisións da Rádio Filispim cumprirán cinco anos. (Amén.)
No Natal do ano 2000, os monstros doDivertimentorealizamos un programa en Radio Fene, no que confesamos telefónicamente ao ferrolán José Feal, quen xunto a Victor Aneiros, andaban a argalla a primeira edizón do Ferrol Music. Un certame cuxa continuidade non callou, mais que forma parte da historia da iniciativa popular (no bon sentido da palabra) que de sempre houbo nos bairros desta cidade.
Aquela primeira edizón do Ferrol Music, desenvolveuse durante varios días do mes de decembro do 2000 no Cantón de Ferrol, e contou coa participación creativa dos seguintes grupos e solistas da comarca, algúns deles desaparecidos, outros incombustíbeis: Paloma Suanzes, Cachimonia, Victor Aneiros Blue Note Band, Durango Express, Julie Guravich Cuarteto, Jarry Navison Band, Los Trastones, Los Pacos, Entre Paréntesis, Riff-Raff, Consumatum Est, ou mesmo Wisdom.
Queremos con este programa fazer unha homenaxe a toda esa xente de Ferrol e comarca que adica ou adicou unha parte do seu tempo, de maneira desinteresada, a pór en marcha iniciativas dinamizadoras que apostan (e apostaron) polo de aquí, no caso concreto de Ferrol Music, pola sobresaínte canteira músical ferrolterráquea.
Como guinda final do programa, escoitamos unha entrevista que Ana Santiago (Lucecú), lle realizou a Julián Hernández, logo do concerto que naquel Natal do 2000 fixeron os Siniestro Total, no Pabillon de A Malata en Ferrol.
Na entrevista a Julián ponse de manifesto que o Pabillón de A Malata en Ferrol, non é o espazo máis axeitado para poder ouvir e disfrutar, un concerto de música "moderna", mais dez anos despois segue a ser a única opción que oferece o noso concello para estes eventos, semella que menos prioritarios que a "música culta". Esta cuestión non deixa de ser un anacronismo máis, tendo en conta o que estamos a falar: a intensa relación dos viciñ@s da nosa comarca con todas as músicas.
No programa, ademáis ouviredes algún "textículo" do Pequeno Monstro, interpretados pola Ana Lucecú e o propio Monstro: Movimento Lento, Confesión e Outono verbalizado. Agardo que tra-la súa escoita vos suba a temperatura, que falta fai con esta friaxe!!!
A vindeira semán seguiremos recuperando gravazóns do arquivo histórico de Divertimento. Mais, non marcho sen vos desexar a todas e todos unhas monstrosas e divertidas Festas!!!!