20 de outubro de 2009

El Detective: un novo programa en Radio FilispiM, 93.9 FM.

El Detective é un programa de entrevistas e reportaxes que se emitiu en Cuac FM de A Coruña, emisora integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) .

Na teima filispiniana de activar un dos fins fundacionais da ReGARLIC ("Compartillar as nosas experiencias e manter unha comuniación fluida") decidimos inlcuir na nosa grella este programa de CUAC FM que non deixará a ningúen indiferente, coas súas suxestionantes debates e reportaxes.

No blog de El Dectetive, podedes ter un adianto do que xa está a emitir Rádio Filispim, 93.9 FM, co seguinte horario: domingos de 11:00 á 12:00 h. do mediodía e mércores de 14:00 á 15:00 h. da tardinha.

Ficades cun audio no que El Detective fala para @s ouvintes de Radio Filispim, sobre o seu programa:

Descargar o arquivo

19 de outubro de 2009

Xurxo Souto: a canción do galego é para cantar todos os días.

"A canción do galego é para cantar todos os dias", afirmou o músico, locutor e comunicador Xurxo Souto no descorrer da masiva manifestación o pasado 18 de outubro en Compostela. Ademáis, reclamou da xente nova un paso adiante de compromiso co idioma, “un fermoso instrumento para construir o futuro”.
Descargar o arquivo

Pola súa banda o actor Carlos Blanco afirmou que a súa participación na marcha de Queremos Galego foi unha obriga, a demostración de respeto pola lingua do pais. Con ironia (en clara referencia a manifestación "anti-abortistas" do día anterior en Madrid), Blanco sinalou que na manifestación de Queremos Galego participaron máis de 6 millóns de persoas.
Descargar o arquivo
Información tirada do portal www.radiofusion.eu

Queremos galego ateigou Compostela.

Manifestación histórica en Santiago. A organización fala de 100.000 asistentes e a Policía Local, segundo Europa Press, de 50.000. En todo caso unha primeira impresión apunta a que se superou a protesta do Día das Letras. Daquela a Mesa pola Normalización falara de 50.000 asistentes.

“Ao Obradoiro!” ante a falta de espacio.

Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de “Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!”. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.

"Somos galego e temos dereito" e "Na Galiza, en galego" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana (...)

Iniciativa Lexislativa Popular

A plataforma 'Queremos Galego' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.

Ante estes “abusos”, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).

Mentres, Feixóo, na súa visita de tres días a Londres, defendía a importancia dun ensino en tres idiomas e recoñecía a utilidade da lusofonía.

Tirado do xornal www.anosaterra.org

Texto completo da nova nese enlace.

Aprobado o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para o Estado Español.

No Estado español o Goberno acaba de aprobar o Proxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual. Esta Lei xunto coa creación dunha Autoridade Audiovisual independente eran dúas das promesas electorais do Partido Socialista cando accedeu ao goberno en 2004.

Con todo, foron necesarios máis de 5 anos para que o goberno presentase ante o Parlamento un proxecto de Lei. Unha tramitación da que tamén está pendente a Comisión Europea xa que a Directiva de Servizos Audiovisuais aprobada en 2007 debe ser aplicada na normativa dos estados da Unión Europea antes do 9 de decembro.

Segundo o goberno o Proxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual aprobado é froito dun amplo labor de consultas con todos os sectores vinculados co mundo da comunicación audiovisual, que vén desenvolvendo o Goberno ao longo dos últimos anos. Con todo, moitas organizacións, desde sindicatos ata organizacións empresariais critican o feito de que o Goberno non contou coa súa opinión, nin facilitou información sobre o contido da lei.

Como novidades da lei, ademais da creación do Consello de Medios Audiovisuais, o proxecto recolle a existencia de emisoras comunitarias: Pero, desde a Rede de Medios Comunitarios critican que a lei non recolle ningunha medida para garantir ou fomentar a existencia destes medios cidadáns, sen ánimo de lucro, ao establecerse restricións e esixencias que non se fan ás emisoras comerciais.

Javier García, da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), preparounos a seguinte análise.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

Nestoutro enlace (para os máis masoquitas) tedes acceso ao texto completo da Lei e a un video no que a Vicepresidenta se desnuda: enlace!

La Radio del Sur, rede radial venezolana.

Desde Venezuela, e co impulso da Radio Nacional de Venezuela, xa comezaron as emisións da Radio do Sur, un proxecto radiofónico en rede, onde tamén participa Máis Voces, e que ten a misión de ofrecer a mellor alternativa en materia de información, entretemento e educación, a través dunha Rede de emisoras de alcance internacional, que permita rachar coa escasa información que se divulga polos medios tradicionais de comunicación e así poder contrarrestar as manipulacións mediáticas das cales son vítimas os pobos do mundo.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

16 de outubro de 2009

A falsa pluralidade da TDT no Estado Español.

O panorama de abundancia televisiva non tivo consecuencias no aumento da diversidade de contidos, e a oferta multicanal a través das diferentes plataformas é un bo exemplo.

Este fenómeno tamén se estendeu a algunhas canles obtidas polos concesionarios de TDT de alcance estatal (Disney Channel ou SET en Veo), feito que pon en evidencia a incapacidade dos operadores españois de TDT de encher con contidos orixinais as canles que lles foron outorgados e abre interrogantes sobre a legalidade destas opcións, posto que non respectan as condicións concesionais.

Tamén pon en dúbida a bondade do deseño do sistema de televisión froito do plan de TDT: se os operadores non son capaces de encher o espectro que lles foi concedido con canles de televisión con contiudos orixinais, e se os enchen con franquicias que xa están presentes nas plataformas de distribución multicanle, é evidente que non se contribúe á diversidade e o pluralismo.

Tirado do blog guerrillatv.blogspot.com
Fonte orixinal: Informe de la Comunicació a Catalunya 2007 - 2008

Outras entradas de interese:
laguerradelosmedios.lacoctelera.net/post/2009/08/16/el-fracaso-la-tdt-espanola
chicadelatele.com/2007/10/16/el-timo-la-tdt-nos-viene

15 de outubro de 2009

Nova Lei Audiovidual en Arxentina.

O Senado arxentino aprobou o proxecto de Lei de Servizos de Comunicación Audiovisual.

A aprobación chegou na madrugada do sábado cunha ampla maioría: 44 votos contra 24 na votación en xeral.

A Lei dispón un novo ordenamento na propiedade dos medios de comunicación. Modificará o mercado da comunicación en Arxentina que actualmente está profundamente concentrado en mans de poucos grupos económicos.

A normativa recoñece ás radios comunitarias e limita a concentración dos medios de comunicación privados comerciais.

Os compañeiros de ALER e o Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) ofrécennos a seguinte información baixo a condución de Hugo Ramírez.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

17 de setembro de 2009

VII edición do Fervesteiro, Ferrol

Este é o completo programa da VII edición do Fervesteiro, por unha cultura libre, que nos achegan os compas do bairro de Esteiro de Ferrol para este mes de setembro de 2009. Clika na imaxe pra ter máis info!

XOVES 17:

As 18:00h emision de un programa monografico sobre o festival na radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos Radio filispim, no 93.9 FM. Repetición do especial este domingo ás cinco do serán. Podes escoitar ou descarregar este audio ao pé desta entrada.

VENRES 18:
As 18:00 no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservacin do barrio de Esteiro

As 19:00h churrascada popular e jam session no local do colectivo na Rua Adan e eva

SÁBADO 19:

As 18:00h no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservación do barrio de Esteiro

MARTES 22:
As 20:00h no local do colectivo:Video-charla co documental “Good copy, bad copy”

Direccion: Andreas Johnsen, Ralf Christensen y Henrik Moltke. 2008 Dinamarca

Trata sobre as implicacións legais do novo espazo musical na era do remix, a remestura, o sample e a facilidade de difusión da contorna dixital fomentan a creatividade en determinados contextos, esta creatividade vese ameazada por lexislacións privativas. No documental móstranse interesantí­simos exemplos de devandita creatividade musical...

MÉRCORES 23:
As 20:00h Proxeccion; “Ceremonia de entrega dos premios “Oxcar 2008”

É unha gala de concertos, de animación 3D e de hacking, de teatro, coa presenza de membros da WuMing Foundation, The Pirate Bay e Leo Bassi. Tamén se presenta un libro colectivo, titulado Os piratas son os pais, que recolle máis de 40 colaboracións, entre elas as de nomes tan recoñecidos no ámbito da análise das leis da propiedade intelectual como Richard Stallman.

XOVES 24:
As 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo

VENRES 25:
As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.

As 22:30 Concertos:

Ataque escampe.
Rock de Serie B desde Compostela
www.myspace.com/ataquescampe

Bulldozers.
Rock Acerlerado desde A coruña
www.myspace.com/bulldozersrockandroll

+ Grupo sorpresa

SÁBADO 26:
As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.

As 19:00h roteiro polo Esteiro historico coa participacion do historiador do movemento obreiro galego Eliseo Fernadez. Saida desde o espazo do festival.

As 22:30h Concertos:

Mongollica.
Thrash-metal comedia Ferrolan
www.myspace.com/mongollica

Skarallados.
Ska-reggae-Punk desde A coruña
www.myspace.com/skarallaos

Motor Perkins.
Punk-rock Celta desde Donramiro-Ourense
www.myspace.com/motorperkins

Máis info do festi en: http://www.fervesteiro.org/

Neste enlace podes ouvir o programa especial que realizou Rádio FilispiM:
Descargar o arquivo

12 de setembro de 2009

Caravana pola comunicación libre e comunitaria en Ecuador.


Unha gran Caravana pola Comunicación percorreu varias cidades de Ecuador. A caravana foi organizada pola Coordinadora de Radios Populares e Educativas de Ecuador, CORAPE, co apoio de ALER e AMARC e concluíu en Quito. Esta iniciativa recolle as reflexións de cidadáns e cidadás sobre unha Lei de Comunicación.

Expertos, representantes de medios alternativos e populares e catedráticos reuníronse para elaborar propostas para a Lei de Comunicación. Preguntáronse dúas cousas: que medios temos e que medios queremos?

Á primeira inquietude, as respostas foron similares: "Os medios están en mans privadas, discriminase aos sectores populares, a repartición de frecuencias non é equitativa, e teñen unha débeda coa educación". Ao contestar a segunda interrogante, sinalan que aínda que se garanta o acceso equitativo aos medios (entre o popular, o público e o privado), débese pensar na sustentabilidade dos proxectos.

Tras un acto festivo que pechou a Caravana, a Coordinadora de Radios Populares e Educativas do Ecuador, entregou ás autoridades, a súa propostas para a nova Lei de Comunicación. Ecuador xa comezou o debate para a construción dunha nova lei, que faga da comunicación un verdadeiro dereito para todos e todas.





Audio e texto tirado de Más Voces : www.masvoces.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...