Manifestación histórica en Santiago. A organización fala de 100.000 asistentes e a Policía Local, segundo Europa Press, de 50.000. En todo caso unha primeira impresión apunta a que se superou a protesta do Día das Letras. Daquela a Mesa pola Normalización falara de 50.000 asistentes.
“Ao Obradoiro!” ante a falta de espacio.
Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de “Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!”. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.
"Somos galego e temos dereito" e "Na Galiza, en galego" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana (...)
Iniciativa Lexislativa Popular
A plataforma 'Queremos Galego' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.
Ante estes “abusos”, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).
No Estado españolo Goberno acaba de aprobar o Proxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual. Esta Lei xunto coa creación dunha Autoridade Audiovisual independente eran dúas das promesas electorais do Partido Socialista cando accedeu ao goberno en 2004.
Con todo, foron necesarios máis de 5 anos para que o goberno presentase ante o Parlamento un proxecto de Lei. Unha tramitación da que tamén está pendente a Comisión Europea xa que a Directiva de Servizos Audiovisuais aprobada en 2007 debe ser aplicada na normativa dos estados da Unión Europea antes do 9 de decembro.
Segundo o goberno o Proxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual aprobado é froito dun amplo labor de consultas con todos os sectores vinculados co mundo da comunicación audiovisual, que vén desenvolvendo o Goberno ao longo dos últimos anos. Con todo, moitas organizacións, desde sindicatos ata organizacións empresariais critican o feito de que o Goberno non contou coa súa opinión, nin facilitou información sobre o contido da lei.
Como novidades da lei, ademais da creación do Consello de Medios Audiovisuais, o proxecto recolle a existencia de emisoras comunitarias: Pero, desde a Rede de Medios Comunitarios critican que a lei non recolle ningunha medida para garantir ou fomentar a existencia destes medios cidadáns, sen ánimo de lucro, ao establecerse restricións e esixencias que non se fan ás emisoras comerciais.
Javier García, da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), preparounos a seguinte análise.
Desde Venezuela, e co impulso da Radio Nacional de Venezuela, xa comezaron as emisións da Radio do Sur, un proxecto radiofónico en rede, onde tamén participa Máis Voces, e que ten a misión de ofrecer a mellor alternativa en materia de información, entretemento e educación, a través dunha Rede de emisoras de alcance internacional, que permita rachar coa escasa información que se divulga polos medios tradicionais de comunicación e así poder contrarrestar as manipulacións mediáticas das cales son vítimas os pobos do mundo.
O panorama de abundancia televisiva non tivo consecuencias no aumento da diversidade de contidos, e a oferta multicanal a través das diferentes plataformas é un bo exemplo.
Este fenómeno tamén se estendeu a algunhas canles obtidas polos concesionarios de TDT de alcance estatal (Disney Channel ou SET en Veo), feito que pon en evidencia a incapacidade dos operadores españois de TDT de encher con contidos orixinais as canles que lles foron outorgados e abre interrogantes sobre a legalidade destas opcións, posto que non respectan as condicións concesionais.
Tamén pon en dúbida a bondade do deseño do sistema de televisión froito do plan de TDT: se os operadores non son capaces de encher o espectro que lles foi concedido con canles de televisión con contiudos orixinais, e se os enchen con franquicias que xa están presentes nas plataformas de distribución multicanle, é evidente que non se contribúe á diversidade e o pluralismo.
O Senado arxentino aprobou o proxecto de Lei de Servizos de Comunicación Audiovisual.
A aprobación chegou na madrugada do sábado cunha ampla maioría: 44 votos contra 24 na votación en xeral.
A Lei dispón un novo ordenamento na propiedade dos medios de comunicación. Modificará o mercado da comunicación en Arxentina que actualmente está profundamente concentrado en mans de poucos grupos económicos.
A normativa recoñece ás radios comunitarias e limita a concentración dos medios de comunicación privados comerciais.
Este éo completo programa da VII edición do Fervesteiro,por unha cultura libre, que nos achegan os compas do bairro de Esteiro de Ferrol para este mes de setembro de 2009. Clika na imaxe pra ter máis info! XOVES 17: As 18:00h emision de un programa monografico sobre o festival na radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos Radio filispim, no 93.9 FM.Repetición do especial este domingo ás cinco do serán. Podes escoitar ou descarregar este audio ao pé desta entrada.
VENRES 18: As 18:00 no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservacin do barrio de Esteiro
As 19:00h churrascada popular e jam session no local do colectivo na Rua Adan e eva SÁBADO 19: As 18:00h no local do colectivo murais reivindicativos pola recuperación e conservación do barrio de Esteiro
MARTES 22: As 20:00h no local do colectivo:Video-charla co documental “Good copy, bad copy”
Direccion: Andreas Johnsen, Ralf Christensen y Henrik Moltke. 2008 Dinamarca
Trata sobre as implicacións legais do novo espazo musical na era do remix, a remestura, o sample e a facilidade de difusión da contorna dixital fomentan a creatividade en determinados contextos, esta creatividade vese ameazada por lexislacións privativas. No documental móstranse interesantísimos exemplos de devandita creatividade musical...
MÉRCORES 23: As 20:00h Proxeccion; “Ceremonia de entrega dos premios “Oxcar 2008”
É unha gala de concertos, de animación 3D e de hacking, de teatro, coa presenza de membros da WuMing Foundation, The Pirate Bay e Leo Bassi. Tamén se presenta un libro colectivo, titulado Os piratas son os pais, que recolle máis de 40 colaboracións, entre elas as de nomes tan recoñecidos no ámbito da análise das leis da propiedade intelectual como Richard Stallman.
XOVES 24: As 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo
VENRES 25: As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 22:30 Concertos:
Ataque escampe. Rock de Serie B desde Compostela www.myspace.com/ataquescampe
+ Grupo sorpresa SÁBADO 26: As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 19:00h roteiro polo Esteiro historico coa participacion do historiador do movemento obreiro galego Eliseo Fernadez. Saida desde o espazo do festival.
Unha gran Caravana pola Comunicación percorreu varias cidades de Ecuador. A caravana foi organizada pola Coordinadora de Radios Populares e Educativas de Ecuador, CORAPE, co apoio de ALER e AMARCe concluíu en Quito. Esta iniciativa recolle as reflexións de cidadáns e cidadás sobre unha Lei de Comunicación.
Expertos, representantes de medios alternativos e populares e catedráticos reuníronse para elaborar propostas para a Lei de Comunicación. Preguntáronse dúas cousas: que medios temos e que medios queremos?
Á primeira inquietude, as respostas foron similares: "Os medios están en mans privadas, discriminase aos sectores populares, a repartición de frecuencias non é equitativa, e teñen unha débeda coa educación". Ao contestar a segunda interrogante, sinalan que aínda que se garanta o acceso equitativo aos medios (entre o popular, o público e o privado), débese pensar na sustentabilidade dos proxectos.
Tras un acto festivo que pechou a Caravana, a Coordinadora de Radios Populares e Educativas do Ecuador, entregou ás autoridades, a súa propostas para a nova Lei de Comunicación. Ecuador xa comezou o debate para a construción dunha nova lei, que faga da comunicación un verdadeiro dereito para todos e todas.