4 de xuño de 2009

Manifestación-Roteiro contra Reganosa e os seus monaguillos. Venres 5 de xuño de 2009 en Ferrol.

O venres, 5 de Xuño, aconteceu umha nova Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría.

Perto de trescentas pessoas xuntaronse polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a nossa fermosa Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos.

Com motivo deste acto reivindicativo, Rádio FilispiM, 93.9 FM organizou um programa especial que cubriu em directo a manifestaçom, com micrófono aberto para os ouvintes, que chamaron ao teléfono do estudo [675 431 341] desde as 20 h. para dar a súa opiniom.

Agora, em diferido podes ouvir o programa especial íntegro neste reprodutor:
Descargar o arquivo


Nestoutro ouvirás a cunha que realizaron os da FilispiM:
Descargar a cunha

2 de xuño de 2009

Máis sobre a Rede estatal de Medios Comunitarios, a ReMC.

No Estado español, o pasado domingo a Rede de Medios Comunitarios constituír legalmente para defender o dereito a crear medios comunitarios e reivindicar un espazo público de comunicación que garanta a existencia e o desenvolvemento do Terceiro Sector da Comunicación.

O proceso de constitución legal da ReMC, como se coñece á Rede de Medios Comunitarios polas súas siglas, comezou no ano 2005, cando diversos medios comunitarios reuníronse para analizar a realidade do seu traballo diario, identificar dinámicas comúns e retos. Ao longo destes anos no proceso participaron máis de cen proxectos e colectivos de comunicación social de todo o Estado español, entre radios e televisións comunitarias, proxectos de prensa escrita e Internet.

Rubén Bermejo, de ECO Leganés, emisora comunitaria de Leganés, que forma parte da RemC, entrevista a Mirian Meda, de Radio Ritmo, de Xetafe, elixida presidenta da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

29 de maio de 2009

Entrevista a nai de Carlos Palomino.

Mavi Muñoz é a nai de Carlos Palomino, o mozo antifascista de 16 anos que foi asasinado no metro de Madrid por Josué Estébanez, un militar profesional español afín ao grupo e partido político ultradereitista Democracia Nacional en novembro de 2007.

Carlos foi apuñalado mentres asistía cos seus compañeiros a protestar pola manifestación contra os inmigrantes convocada polo partido ultradereitista no barrio madrileño de Usera.

O que segue é o vídeo no que Carlos é asasinado.



A seguir, podes ouvir a entrevista a súa nai, quen continúa a loita contra o fascismo. Para iso creou xunto a outras moitas persoas a Asociación de Vítimas do Racismo, o Fascismo e a Xenofobia. O programa A Rexión Perdida, da emisora comunitaria Radio Vallekas, entrevista a Mavi Muñoz.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

25 de maio de 2009

VI Sesión Vermú de Rádio FilispiM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8sIvAmHOb5_Am5I9TAF9oMXR6o6TaQmMSTWrV8BnsmU4ufWxoJMW9p456HAA1Xlo4m8DeawDAmR6LqNvPLY6YoohuNuuKeG-LURJgeFth9hyphenhyphenf6KdR8q29CzqbRTEp3s-pnxY4EYYMloE/

Rádio FilispiM, presenta a VI Sessiom Vermú.
Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, acontecerá una nova Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán.

A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs no Ateneo Ferrolán. A actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos.

Como novidade, haberá sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.

Nom faltedes!! ;)

24 de maio de 2009

Constiuda a Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC].

A Rede de Medios Comunitarios, REMC, do Estado español, culmina este fin de semana un proceso que durou varios anos para establecer un espazo de coordinación e traballo colectivo, que aínda que xa viña desenvolvendo, agora dá o paso de constituírse legalmente como unha unión de Asociacións con proxectos de comunicación social e comunitaria.

A Rede xa realizou catro encontros, en Madrid, Salamanca, Toledo e Bilbao, e este fin de semana vólvense a xuntar en Madrid para a aprobación de estatutos. A idea tamén é realizar, nos próximos meses, un encontro amplo en Barcelona, para continuar co proceso de adhesións e establecer as liñas de acción prioritarias.

Hai que recordar que a REMC critica duramente que no Estado español "non se reserven espazos no dial radiofónico" para radios alternativas nin haxa "fondos públicos para promover os medios de comunicación sen ánimo de lucro xestionados por cidadáns". Así mesmo, cre que "non se garante" que a cidadanía poida "crear medios en plataformas dixitais ou outros soportes".

Escoita a entrevista a Javier García, da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

22 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 2da parte.

Divertimento para pequenos monstros despídese desta grella da Rádio FilispiM, coa prometida segunda parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina.

Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.

No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."

Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimento reivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.

Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas procurando nestes mesmo blog.


Descargar o audio


Se vos cadra podemos rematar así:

Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

Nota: enlaces doutros blogs que falan desta entrada:
http://artabra21.blogspot.com/2009/06/convidamos-que-tomedes-un-pouco-de.html

13 de maio de 2009

Domingo 17 de maio de 2009, manifestación en Compostela, en pé de Lingua!!!


No programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros estivo o pasado 30 de abril de 2009, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística.

No audio que segue nos comenta os detalles da convocatoria de manifestación para o domingo 17 de maio de 2009 (día das Letras Galegas) en Compostela, na defensa da lingua propia da Galiza.

A esta convocatoria, apoiada por numeros colectivos e persoas, acudirán tambén o colectivo Galego Sempre Mais, quen sumará esforzos pola dignificación da lingua propia de Galiza, mais non apoia "nominalmente" a mesma, ao considerala organizada unilateralmente pola Mesa.

Agardamos vernos todas e todos aló, cada quen cos seus lemas mais co mesmo obxectivo.

Descargar o arquivo
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...