23 de decembro de 2011
DIVERTIMENTO - Galego Vs Institucións galegas + Comercio Xusto + Radio Kras [Xixón] + Novas
19 de decembro de 2011
OFF MENTAL [outras músicas] programa 10
![]() |
Sor Marie Keyrouz. |
OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- LÉO DELIBES - Flower Duet - 1er Acto Ópera Lakmé [Mady Mesplé, soprano - Daniéle Millet, mezzo soprano. Orchestre du Théâtre National de L´Opera-Carnique. Dir: Alain Lombard].- GABRIEL FAURÉ - Cantique de Jean Racine, op.11 [Winchester Cathedral Chour. Dir: David Hill].
- GABRIEL FARUÉ - Cantique de Jean Racine, op.11 [City of London Sinfonia. Arpa: John Rutter. Coro: Cambridge Singers].
- SOR MARIE KEYROUZ & L´Ensemble de la Paix - Arrabou bini´amihi (Dieu t´a camblée de ses grâses - Poésie populaire / Wadih El-Safi) - [Cantiques de Lórient - Hymns from Lebanon].
- STEVE KINDLER & TEJA BELL - The Dolphin´s Dream (The Dolphin Suite) - Dolphin Smiles.
- KEVIN PUTS - Aria [Tim Fain, violin. Pei-Yaoo Wang, piano].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Offmentalizate! Facebook.
16 de decembro de 2011
DIVERTIMENTO - Causa Galiza + Entrevista a Radio QK [Ovieu] + Perversións democráticas + Festival apoio LAZOS pro-solidariedade
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contidos:
- CAUSA GALIZA. Manifestación en Ferrol contra a Fraude Constitucional.
- ENTREVISTA a RADIO QK, Ovieu. No teléfono, Alberto Camacho.
- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap.1]: Democracia participativa Vs Representantes "Democratasdetodalavida".
- FESTIVAL COLECTIVOS apoio a LAZOS pro-Solidariedade, Ferrol.
- FEIRA DE TROCO "Vendesevende Ferrol".
- ENTREVISTA a Fundaçom Artábria. Chega o Apalpador!. No estudio, Luis Losada e Jaquim Bouça.
- AXENDA de concertos.
Audio programa completo:
Ir a descargar
Entrevista a Radio QK-Ovieu [editada do programa]:
Ir a descargar
Entrevista a Fundaçom Artábria [Ferrol]. Chega O Apalpador!! [editada do programa]:
Ir a descargar
Novas relacionadas: http://www.radioqk.org/archives/audios-de-las-entrevistas-a-radio-qk-en-mas-voces-y-radio-filsipim/
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
12 de decembro de 2011
OFF MENTAL [outras músicas] programa 9
![]() |
Portada álbum The Protecting Veil [John Tavener] |
Noveno programa en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.
OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- JOHN TAVENER - The Protecting Veil [for chello and orchestra - Section I]. María Kliegel, cello. Ulster Orchestra, conducida por Takuo Yuasa. Naxos, 1999.- STEVEN HALPERN - Extracto de Deep Journeys [teclados con Hemi-Sync Technology]. Inner Peace Music, 2002
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Offmentalizate! Facebook
Colectivos de Ferrol e comarca convocan acto en apoio ao Comite LAZOS pro-solidariedade. Sábado 17/12/21011
As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.
Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.
Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.
Sábado 17 de decembro de 2011, a partir das 11:00 h:
Música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade
- Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto.
Programa en directo de Rádio FilispiM, 93.9 FM -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
- Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto.
Programa en directo de Rádio FilispiM, 93.9 FM -> http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n
ARGALLAN:
A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de FerrolTerra - Lazos Pro Solidariedade
[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]
comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/
Audio cunha elaborada por Rádio FilispiM: