6 de xuño de 2018

Divertimento - O ciclón Klaus apagou Galiza + CNT Vs SGAE - 29/01/2009

O ciclón Klaus entrando en Galiza

(29/01/2009 - resubida)

Cicloxénese explosiva, así chamou o persoal técnico en meteoroloxía ao acontecido na tarde noite do 23 ao 24 de xaneiro de 2009 en Ferrolterra, e noutros pontos do Estado. Podes saber maís dela neste enlace: explosivo.

As condicións metereolóxicas as veces son ingobernábeis, mais o problema ben cando seis días despois do paso do ciclón, perto de 7.000 familias galegas continuaron a escuras no norde das provincias de A Coruña e Lugo, na Galiza. Seis días sen luz... A veciñanza cando escoita falar de Unión Fenosa, acéndense... valga o paradoxo.

A eléctrica que abastece estes lugares comeza a gañarse o apelativo de Unión Penosa. "Chamas e minten", asegura moi enfadada unha veciña de Valdoviño, "...o luns dixeron que en poucas horas teriamos luz. O martes o mesmo... pasaron tres días e nada". Ademáis non hai traída de auga nalgúns lugares de Valdoviño, ficando sen subministro, xa que dependen de pozos que funcionan con bombas eléctricas.

Unha conexión cunha veciña de Valdoviño (A Coruña) e unha entrevista a Eliseo Fernandez da CNT - Ferrol, verbo do litixio do sindicato anarquista coa SGAE, completan o programa. Durante a comunicación con Valdoviño, contamos coa visita no estudio de Miguel Castro e Iago Montes, do programa "O Recuncho".

Conduce a apresenta: André, Pequeno Monstro. Estudio: Rádio Filispim, Ateneo Ferrolán.
Audios (3): 1. Programa completo + 2. Cicloxénese en Valdoviño  + 3. Eliseo Fernández CNT-Ferrol.

12 de marzo de 2018

Divertimento - I Foro Social Galego + II Xornadas Sensibilización social VIH, LAZOS - 27/11/2008

Carlos Varela, LAZOS

(27/11/2008 - resubida)

 Divertimento para pequenos monstros, edición do 27 de novembro de 2008.

Neste programa tivemos un convidado especial, Javier Malespina, que acababa de aterrar en Rádio FilispiM.

Contidos:
  •  Falamos con Lupe Ces sobre o I Foro Social Galego, que se celebraría no Ateneo Ferrolán
  •  Mantivemos conversa telefónica con Carlos Varela, integrante do Colectivo LAZOS, que xunto á Escola de Enfermería de Ferrol, naquela altura organizaban as II Xornadas de Sensibilización do VIH-SIDA.

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Transmite: Rádio FilispiM, dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán.

20 de febreiro de 2018

Divertimento - Especial Antiglobalización. Coordinadora Antiglobalización de Ferrolterra - Agosto, 2002

Foro Social Porto Alegre (Brasil), 2001

(Agosto 2002 - resubida)

En agosto do ano 2002 conducín en Divertimento para pequenos monstros, en Radio Fene, un especial Movimento Antiglobalización con dous invitados da Coordenadora Anticapitalista de Ferrolterra, Antón de Bernardo e Antón Vigo. Contextualizamos aquel programa, naquel  interesante momento social dos primeiros anos 2000:

Atopamos as orixes máis significativas do boicot contra as organizacións internacionais que fomentan diferencias entre países ricos e pobres, durante unha reunión do FMI (Fondo Monetario Internacional) na cidade estadounidense de Seattle (USA), entre novembro e decembro de 1999. Naquela lugar tivo lugar a coñecida coma "Batalla de Seattle", o 30 de novembre daquel ano. Según o departamento de policía daquela cidade, a manifestación contou con 40.000 participantes, sorprendendo aos organizadores. Foi o comezo dunha serie de mobilizacions a coordinadas a nível mundial que se activarían cada vez que os grupos de poder, e as súas organizacións, se reunían para facer balanzo “das súas cousas”...

Cidades como Davos (Suiza), que acollía o Forum Económico Mundial, Quebec (Canadá), Barcelona e, mesmo, Compostela serían o cenario de moitas daquelas mobilizacións.  En xuño de 2001, en Barcelona 20.000 persoas se manifestaron convocadas polas coordenadoras antiglobalización contra o Banco Mundial. Ao remate da manifestación, que nun principio transcorreu en incidentes, houbo 32 detidos e 19 feridos. Aquelas protestas marcaron o punto de partida do rearme ideolóxico da esquerda anticapitalista en todo o mundo.

Por outra banda, para dar forma a toda aquel movimento, nacía en xaneiro de 2001, en Porto Alegre (Brasil), o Foro Social Mundial(FSM). Sería o primeiro e maior punto de encontró da sociedade civil mundial para atopar solucións aos problemas do noso tempo, tentando construir alternativas reais, baixo o lema “Outro mundo é posíbel”. Á aquela primeira edición do FSM, acudirían 12.000 activistas de todo o mundo, e sería sería o punto de partida doutros con periodicidade anual, ao longo do planeta. O Foro Social Mundial inclúe a posibilidad de celebrar foros máis específicos, rexionais ou locais, como así aconteceu co Foro Social de Ferrolterra, celebrado o 23, 24, 25 setembro 2011 e cuxas charlas foron restransmitidas ao vivo, e gravadas, por Rádio Filispim, a radio libre de Ferrol activada en 2005, como iniciativa local autónoma enmarcada na contrainformación.

A partir dun primeiro nodo xurdido durante as mencionadas mobilizacións na cidade estadounidense de Seattle, se crea unha  red global de contrainformación denominada Indymedia, cuxos principios hackers e anarquistas, son o coñecemento libre e interación informativa de novas e opinión, antecediendo en certo modo a Wikipedia. No aspecto económico, unha parte importante do movimento apostou por vías alternativas ao corporativismo e  autónomas ás vías estatalistas. É o caso da economía solidaria, que inclúe o comercio xusto, a banca ética, o microcrédito e empresas asociativas, entre otras actividades propositivas.

As batallas contra o Tratado de libre comercio con Canadá (CETA) e USA (TTIP) reavivarono espíritu No-Global, nos últimos anos, mais sen chegar aos níveis de activismo dos anos 2000.

Trasladámonos a agosto de 2002, Radio Fene, Divertimento...
Conduce: André, Pequeno Monstro.

19 de febreiro de 2018

Divertimento - Carlos Cela Seoane - 23/02/2008


(23/02/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Falamos de Carlos Cela, veciño de A Coruña que na aquela altura, febreiro de 2008, fora detido e encarcelado por cuestións políticas no Estado español.

Emisión: Rádio FilispiM, Ferrol.
Conduce: Pequeno Monstro.


Divertimento - Cometa, asociación animalista de Ferrol + Pilar, bibliotecaria Ateneo Ferrolán - 24/04/2008


(24/04/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Contido:

- Conversa co colectivo ferrolán Cometa, asociación para un comportamento ético cos animais, que reclama un refuxio municipal para animais abandonados.
- Conversa con Pilar, bibliotecaria do Ateneo Ferrolán.
- Axenda divertimento.

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim, libre de Ferrol

Corte entrevista con Pilar, bibliotecaria do Ateneo Ferrolán: audio
Programa completo:

Divertimento - Entrevista a Carlos Outeiro (Mesa pola normalización lingüística) - 10/04/2008


(10/04/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Conversamos con Carlos Outeiro, responsábel da Mesa pola normalización lingüística na nosa comarca, ao respeito da historia deste colectivo de defensa da lingua propia e da celebración do Día das Letras Galegas, naquel 2008, baixo o lema: "Polo dereito a vivirmos en galego".

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim, libre de Ferrol.



Divertimento - Centro Social Laboratorio Social Okupado, Monte Alto (Coruña) - 03/04/2008

CSO Laboratorio (Monte Alto). Fonte: Diagonal

(03/04/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Nesta edición mantemos unha conversa telefónica con Virxilio Rodríguez, un dos activistas do colectivo coruñés A Cultura Preocupa, que nos primeiros meses de 2008 viñan de activar un novo centro social autoxestionado no bairro coruñes de Monte Alto (r/ Atocha Alta, 14), perto do xa consolidado CSA Atreu!.

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, libre de Ferrol.

9 de febreiro de 2018

Divertimento - Carlos Outeiro, "Polo dereito a vivirmos en galego" - 12/03/2008


(12/03/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Contido:

- Polo dereito a vivirmos en galego. Conversa con Carlos Outeiro, Mesa para a Normalización Ligüística.

Conduce: André, Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Filispim 93.9 FM, dende o estudo metro cadrado no Ateneo Ferrolán.

Divertimento - Joam Lopez fala de Ricardo Carvalho Calero - 29/05/2008

Ricardo Carvalho Calero

(29/05/2008 - resubida)

Divertimento para pequenos monstros.

Contido:

- Joam Lopez, integrante da Fudaçom Artabria, fala da vida e obra do escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
- Chamada dunha ouvinte, Maria José.

Emisión: Rádio Filispim, libre de Ferrol, dende o estudo metro cadrado do Ateneo Ferrolán.
Conduce: André, Pequeno Monstro.


Corte 1: programa completo.
Corte 2: entrevista con Joam Lopez, editada.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...