O 29 de xullo pasado a Generalitat aprobou o Decreto de medios audiovisuais sen ànimo de lucro, un decreto que pretende controlar tanto o funcionamento como os contidos das radios libres a través do CAC [Consello do Audiovisual de Catalunya].
Á parte do decreto que pretende limitar as radios libres de Catalunya, desde principios de Setembro, a frecuencia do 96.6 FM de Ràdio Pica[compartida entre Ràdio Pica i Ràdio Bronka] está a ser interferida polas emisións da radio de MolaFM.
MolaFM é unha radio privada, comercial que recibe subvencións escandalosas por parte da administración. Esta emisora non ten ningún tipo de licenza nin concesión para emitir en Barcelona, e a pesar diso fano desde a mesma torre de Collserola cos parabéns de Abertis Telecom, Telefónica e a propia Generalitat de Catalunya.
Apoia aos medios libres, apoia a Ràdio Pica e Ràdio Bronka de Barcelona. Se queres podes asinar aquí. Máis info en: http://barcelona.indymedia.org
Paralisis Permanente. El Acto, Lp (Tres Cipreses, 1982)
Cuarta edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM. Apresenta: Pequeno Monstro.
Neste programa:
- PARALISIS PERMANENTE - Autosuficiencia [Single compartido con Gabinete Caligari. Tic Tac / Tres Cipreses, 1981].
- PARALISIS PERMANENTE - Adictos a la lujuria [Lp El Acto. Tres Cipreses, 1982].
- PARALISIS PERMANENTE - Vamos a jugar [Lp El Acto. Tres Cipreses, 1982].
- PARALISIS PERMANENTE - El Acto [Lp El Acto. Tres Cipreses, 1982].
- LOS SERES VACIOS - Los celos se apoderan de mi [Maxi homónimo. Tres Cipreses, 1982].
Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM] correspondente ao xoves 11 de novembro de 2010.
Nesta ocasión xuntamos no novo estudio de FilsipiM en Caranza a tres persoas humanas integrantes de tres Colectivos extraterrestres da comarca. Xunto aos pequen@s monstros, estiveron:
Todos eles, faláronnos de como xurden estes Colectivos e Asociacións Socio Culturais, de como se organizan, dos atrancos á hora de fazer realidade as súas actividades, festas, festivais, mais tambén das súas satisfaccións. Da súa relación con outros colectivos, cos seus bairros e coas súas vilas. Contáronnos anédotas e trouxeron música para pór no Divertimento...
En definitiva, pasámolo ben traendo a festa e a luita a rádio libre de Ferrol e Trasancos:
Son moitas as expectativas para a Asemblea que se realiza no Centro Cultural Pasage Dardo Roca. Así o manifestou o presidente de AMARC, Steve Buckley, quen afirmou que "existen moitas expectativas por esta conferencia e polos centos de participantes".
Así mesmo, o máximo representante de AMARC Mundial expresou que hai que "pensar no futuro analizando o contexto, as novas tecnoloxías e aos grupos excluídos dos medios de comunicación".
Os 5 puntos principais que atravesarán a Asemblea son o empoderamiento das mulleres, a reconstrución de memorias e construción de futuro, a comunicación como Dereito Humano, as comunicacións para un mundo mellor e o aumento da incidencia das radios comunitarias.
A décima Asemblea terá lugar por primeira vez en América do Sur, entre o 8 e 13 de novembro. Alí definirase o plan estratéxico 2011-2014 e elixirase o Consello Internacional e a presidencia mundial. María Pía Matta, vicepresidenta da Asociación Mundial de Radios Comunitarias-América Latina e Caribe [AMARC ALC], valorou a realización de AMARC 10 en Latinoamérica. Dixo que a rexión "chega nunha moi boa posición ao ser das máis organizadas". E avaliou que "a experiencia de América Latina servirá moitísimo a outros continentes".
Pola súa banda, a directora do Programa de Lexislacións e Dereito á Comunicación de AMARC ALC, Aleida Callejas, destacou que aínda que houbo avances substanciais aínda existen desiguais condicións en América Latina. Por exemplo en Honduras, Brasil e México, a radiodifusión comunitaria non autorizada é penalizada, mentres Arxentina, Ecuador e Bolivia mostraron adiantos importantes.
En total serán 6 días de traballo na Asemblea Mundial, con relatorios, seminarios, talleres, visionados, radios abertas e actividades culturais e artísticas.
Informa Raúl Rodríguez, da Axencia Púlsar, da Asociación Mundial de Radios Comunitarias.
O programa Nómadas da emisora de radio libre Irola Irratia, 107.5 [Bilbo] realizou unhas interesantes entrevistas a integrantes da Rede [estatal] de Medios Comunitarios, a ReMC. Irola Irratia é unha radio libre que esta a piques de cumprir 25 anos de emisión.
Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], escoitamos íntegro este estupendo programa que nos desvela todas aquelas dúbidas que poidamos ter sobre a organización en rede das radios libres e comunitarias no Estado español.
O responsábel de Nómadas [Irola Irratia, Bilbo, 107.5 FM] intruce o programa deste xeito:
"A comunicación é vital para o ser humano. Pero a comezos do s. XXI, vivimos nun bombardeo constante de información no que os medios de comunicación públicos e privados utilizan as súas ferramentas [radio, TV, prensa, internet, publicidade...] con fins económicos, para manter o poder, a autoridade e crear un mundo alleo ao que observamos e escoitamos nas nosas rúas cada día."
"Con todo, desde fai máis de 30 anos os medios de comunicación libres e comunitarios tratan de empoderarse das paredes, a palabra, a cámara, as páxinas, as webs para contar o que ninguén máis conta. Para crear unha comunicación de ida e volta, para coñecernos mellor, para construír unha sociedade libre e cohesionada respectando a súa heteroxeneidade."
"Por iso falaremos de comunicación, de medios comunitarios aproveitando o VI Encontro da Rede de Medios Comunitarios [Remc] celebrado entre os días 22 e 24 de outubro de 2010 en Alacante."
"Escoitaremos as voces compañer@s da ReMC; como Javi [Radio Almenara], que nos explicará que, como e por que se creo a ReMC; con Miriam [Radio Ritmo e actual coordenadora da ReMC], que nos debullará o sucedido nestas xornadas [Obradoiros de radio, mesas redondas, charlas..); con Mikel [Tas-Tas Irratia], co que profundaremos no duro e esvaradío traballo de lograr a lexitimidade legal dos medios comunitarios no estado español..."
Ana Curra. Una Noche sin Ti, maxi (Hispavox, 1985)
Terceira edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos 80 en Rádio FilispiM. Apresenta: Pequeno Monstro. Neste programa:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti - 1986, Hispavox].
- KIKI DAKI - Mi colección [versión maqueta] 198? Inédita.
Primeiro programa de Divertimento para pequenos monstros, na nova grella 2010/2011, da Rádio FilispiM, xa dende o novo local de Caranza-Ferrol.
Nesta ocasión xuntamos no estudio seis persoas:
Dúas persoas relacionadas ca xestión do ocio dende as súas sala de concertos [Rubén Coca , "Super 8" e Suso Eiroá, "Manchita Cosa"]. Unha persoa relacionada coa xestión da oferta do ocio e cultura do Concello de Ferrol [Roberto Taboada, Asesor Cultural]. Outra persoa divulgadora da oferta do ocio na nosa comarca e no noso País [Pepe Cunha, portal abretedeorellas.com]. Unha persoa humana de Ferrol [Aida] e ademáis a unha persoa extraterrestre de Italia [Paolo].
Con todos eles, cos seis, charlamos e chegamos a diversas conclusións, que só poderedes coñecer ouvindo o auido que segue:
Segunda edición do programa 80 Vinilos/h, apresentado e conducido para Rádio FilispiM [Ferrol-GZ] polo Pequeno Monstro. Selección musical, comentarios e control técnico de son: Pequeno Monstro.
Neste programa:
- METRO - No es extraña? [Mini Lp. Acuario, 1986]
- LOS DRAMATICOS - La decisión [Single, Melodías de ayer y de hoy, 1987]
- NACHA POP - Antes de que salga el sol [Lp. Nacha Pop, Hispavox, 1980]
- PARAISO - Para ti [Single, Zafiro, 1979]
- LA MODE - El único juego en la ciudad [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
- LA MODE - Aquella chica [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
- LA MODE [Con Daniel Ballester á voz] - Las fans [Inédita en vivo, 1985]
- KIKI DAKI - Accidente [Single, Rara Avis, 1983]
- KIKI DAKI - El futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
- KIKI DAKI - Unidad de futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
- KIKI DAKI - Hoy te vi [Lp. Villa Flir, Siesta, 2006]
Foto oficial [ou oficiosa] da Asemblea coa que a pasada fin de semana se clausurou en Alacante o VI Encontro de Medios Comunitarios [ReMC].
As compas de Cuac FM, achégannos a seguinte crónica:
Rematou o VI Encontro de Medios Comunitarios. É de agradecer a ilusión e o traballo que levaron a cabo os compañeiros de Artegalia [coorganizadora do Encontro, xunto coa Rede de Medios Comunitarios], moi atentos cos asistentes [...]
O mellor do encontro, como debe ser, foi o trato humano cos demais asistentes. Este relator tivo a oportunidade de charlar con coñecer participantes de proxectos rurais [Raio Valdivielso, Radio Pikaza], históricos [Radio Carcoma], de barrio [Radio Almenara]...
La delegación de Cuac FM tivo a oportunidade de aprender sobre diversidade sexual nunha maxistral charla impartida polo ourensano Ángel Amaro, onde charlamos con el sobre a presenza e o tratamento nos medios do movemento LGTBI [Lesbianas, Homosexuais, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais]; Mar Igrexas falounos do uso que o diario comercial on line Vilaweb fai das novas tecnoloxías; e Javier García realizou unha interesante charla sobre dereitos de autor, para logo axudar ao noso compañeiro Mariano Fernández a desenvolver a súa mesa de traballo sobre a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual. Unha das charlas máis esperadas foi a de Manuel Tapial, activista que documentou o asalto do Exército de Israel á Flotilla da Liberdade [Palestina].
A clausura do encontro foi unha Asemblea da ReMC, boa parte da cal consistiu nunha chuvia de ideas procedente de todos os asistentes que, como o resto do encontro, podían pertencer a proxectos asociados ou non á ReMC. Tras esta, Radio Malva realizou unha serie de entrevistas a diversos asistentes [participantes de Radio Valdivielso, Radio Ritmo, Radio Lora, Onda Color, Radiópolis, Artegalia e Cuac FM] que podedes escoitar aquí:
style="font-weight: bold; ">O balance, como se dixo, foi positivo. Falta procesar todo o que aprendemos neste encontro, que non é pouco. Como ben di o noso compañeiro Mariano, a unión fai a forza. Grazas [entre outras cousas] a encontros como este, os medios de comunicación comunitarios se fan máis fortes para permitir á cidadanía exercer o seu dereito a comunicar por calquera medio de difusión e expresión.