Segunda edición do programa 80 Vinilos/h, apresentado e conducido para Rádio FilispiM [Ferrol-GZ] polo Pequeno Monstro. Selección musical, comentarios e control técnico de son: Pequeno Monstro.
Neste programa:
- METRO - No es extraña? [Mini Lp. Acuario, 1986]
- LOS DRAMATICOS - La decisión [Single, Melodías de ayer y de hoy, 1987]
- NACHA POP - Antes de que salga el sol [Lp. Nacha Pop, Hispavox, 1980]
- PARAISO - Para ti [Single, Zafiro, 1979]
- LA MODE - El único juego en la ciudad [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
- LA MODE - Aquella chica [Lp. El Eterno Femenino, Nuevos Medios, 1982]
- LA MODE [Con Daniel Ballester á voz] - Las fans [Inédita en vivo, 1985]
- KIKI DAKI - Accidente [Single, Rara Avis, 1983]
- KIKI DAKI - El futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
- KIKI DAKI - Unidad de futuro [Maxi, Nuevos Medios, 1984]
- KIKI DAKI - Hoy te vi [Lp. Villa Flir, Siesta, 2006]
Foto oficial [ou oficiosa] da Asemblea coa que a pasada fin de semana se clausurou en Alacante o VI Encontro de Medios Comunitarios [ReMC].
As compas de Cuac FM, achégannos a seguinte crónica:
Rematou o VI Encontro de Medios Comunitarios. É de agradecer a ilusión e o traballo que levaron a cabo os compañeiros de Artegalia [coorganizadora do Encontro, xunto coa Rede de Medios Comunitarios], moi atentos cos asistentes [...]
O mellor do encontro, como debe ser, foi o trato humano cos demais asistentes. Este relator tivo a oportunidade de charlar con coñecer participantes de proxectos rurais [Raio Valdivielso, Radio Pikaza], históricos [Radio Carcoma], de barrio [Radio Almenara]...
La delegación de Cuac FM tivo a oportunidade de aprender sobre diversidade sexual nunha maxistral charla impartida polo ourensano Ángel Amaro, onde charlamos con el sobre a presenza e o tratamento nos medios do movemento LGTBI [Lesbianas, Homosexuais, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais]; Mar Igrexas falounos do uso que o diario comercial on line Vilaweb fai das novas tecnoloxías; e Javier García realizou unha interesante charla sobre dereitos de autor, para logo axudar ao noso compañeiro Mariano Fernández a desenvolver a súa mesa de traballo sobre a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual. Unha das charlas máis esperadas foi a de Manuel Tapial, activista que documentou o asalto do Exército de Israel á Flotilla da Liberdade [Palestina].
A clausura do encontro foi unha Asemblea da ReMC, boa parte da cal consistiu nunha chuvia de ideas procedente de todos os asistentes que, como o resto do encontro, podían pertencer a proxectos asociados ou non á ReMC. Tras esta, Radio Malva realizou unha serie de entrevistas a diversos asistentes [participantes de Radio Valdivielso, Radio Ritmo, Radio Lora, Onda Color, Radiópolis, Artegalia e Cuac FM] que podedes escoitar aquí:
style="font-weight: bold; ">O balance, como se dixo, foi positivo. Falta procesar todo o que aprendemos neste encontro, que non é pouco. Como ben di o noso compañeiro Mariano, a unión fai a forza. Grazas [entre outras cousas] a encontros como este, os medios de comunicación comunitarios se fan máis fortes para permitir á cidadanía exercer o seu dereito a comunicar por calquera medio de difusión e expresión.
Abrimos con este video unha nova etiqueta, que chamaremos "Ferramentas audio-visuais". Nela agruparemos información e traballos como o de Ronaldo Ferreira, quen nos pasa unha serie de presentacións e nos fala do que son e como se producen os Podcast. Eses audios, videos... elaborados por afeccioados de todo o mundo, sobre as cuestións máis variadas [música, arte visual...] dos que as veces pouco máis sabemos que algúen os elaborou para difundilos vía web a demanda das persoas interesadas. Trátase da aula 01:
Hoxe inicio unha nova serie de programas para Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol [Galiza]. Esta serie chamarase: 80 Vinilos/h. No ano 1983 tiven o meu primeiro contacto coa radio ao través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM no seu pequeno e "santo" estudo no bairro de Canido, Ferrol. En todo caso a experiencia "iniciática" en cuestión, tiña formato de sección dentro do programa "Meridiano FM", que apresentaba Jesús Maillo, daquela director da emisora. O espazo se chamaba "Adictos al Imperdible", se emitíana tarde dos venres e duraba 30 m. Por el rodaban vinilos que se ben soaban nas ondas da emisora de Ferrol, non o facían dende o estudio do bairro de Canido. O misterio pasaba porque, daquela, espazos enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz" e producidos por Nonito Pereira ocupaban boa parte da grella dunha Radio Popular de Ferrol cuxa produzón propia máis exitosa era o lembrado "Música y Estrellas". A produzón musical alternativa de "La Radio Feliz" non tiña nada que envexar as emisións do momento de Radio 3 [RNE]. Nos espazos de "La Radio Feliz", soaban as maquetas das bandas galegas do momento, como en ningún outro sitio, cun son excepcional... En "Adictos al Imperdíble", saoban, ante o asombro de Jesús Maillo, os Kaka de Luxe, OX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos e outos tantos grupos. A historia de como rematamos tres adolescenes de 18 anos pinchando e comentando música naquela radio das "ondas populares" contareina outro día... Non quero rematar esta introdución sen lembrarme de dous amigos que acompañaron a un (pequeno) Pequeno Monstro naquela fermosa experiencia da adolescencia: Ángel Ávalos e Pedro Martín, todos nós do nacente bairro ferrolá de Ultramar. Ambos marcharon deste mundo moi pronto, polo que quero adicar a memoria deles, todas e cada unha das edicións deste novo programa que hoxe comeza: a 80 vinilos/h. Seguro que alá donde estean van gostar... En Radio Fene, nos anos 2000, tambén houbo ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas. Moitos deles están xa dixitalizados e subidos ao noso blog. Non foron emitidos baixo o nome de 80 Vinilos/h, mais quixen recuperalos para esta serie, polo que tamén os atoparás neste blog, todos baixo a etiqueta "80 Vinilos". Neste programa: - SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti. Hispavox, 1986]. - LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986]. - LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester]. - LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo]. - LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986]. - LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986]. - LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983]. - LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983]. - EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982]. - EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982]. - METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].
Artegalia asociación e a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], organizan o VI Encontro anual de medios comunitarios, que este ano terá lugar en Alacante, durante os dias 22, 23 e 24 de outubro do 2010.
O Encontro está aberto á asistencia de membros de entidades que forman parte da ReMC, así como doutras entidades vinculadas e medios comunitarios do estado español, ou persoas independentes interesadas nestes temas de comunicación e medios do terceiro sector.
A previsión de prazas de asistencia é dun total de 120, e as inscricións formalizaranse por orde e data de solicitude, desde o 26 de setembro ao 12 de outubro.
A participación no Encontro é gratuíta, e todas as prazas estan bolseiras, incluíndo aloxamento, manutención, os materiais, e as actividades organizadas do venres, sábado e domingo. Establécese unha cota de inscrición de 15 euros por participante [e aplicarase un desconto de 3 euros por cada persoa pertencente a unha entidade membro da ReMC].
O prazo máximo para formalizar as inscricións e pago das cotas é até o próximo 12 de outubro. Todas as inscricións posteriores deberán pagar 20 euros por persoa, independentemente do tipo de entidade ou vinculación coa ReMC.
Rádio FilispiM é un dos moitos medios integrados na ReMC [Rede Estatal Medios Comunitarios].
Rádio FilispiM realizou um programa especial de 2 horas e media cubrindo a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, o programa foi realizado na manhá do 29, de 11:30 a 14:00hs.
Podes escoitar diferentes intervençons de pessoas que assistirom aos piquetes, às diferentes manifestaçons e actos convocados na comarca assim como chamadas telefónicas e parte dos discursos finais das manis.
Non estar de acordo cos sindicatos maioritarios, non debería ser igual a resignación. Igual a ficar coa brazos cruzados, deixándoos fazer, a uns e outros.
Esta visión do "tinglado" da Rádio Kalimera de Compostela, pode server de contraponto a todo o que nos contan dende os mass-media, de sempre.
Eu, o 29-S, irei de novo a folga. Outros irán de novo traballar. Outros seguirán a escarallarse de risa dende os despachos.
Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este xoves 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ou centros de traballo, ao través do noso telefone de directo 675.431.341,ao que ti mesmo poderás chamar para contarnos que [te] está a pasar.
Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM
Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com
No apartado “Quen Somos?” do blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.
O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.
Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.
Ferrol, 24 de setembro de 2010. Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.