11 de outubro de 2014

Divertimento - Especial XI aniversario do Manchita Cosa, Ferrol - 10/10/2014


Edición do 10 de outubro, entre as 6 e 8 do serán, Divertimento para pequenos monstros, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com. Desta vez, unha hora de anti-radio.

Contidos:
  • No estudio Suso Eiroá, elemento maior do Manchita Cosa, que este sábado 11 de outubro, celebra o seu XI aniversario coa actuación estelar de Joe Crepúsculo
  • Conexión con Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá, quen nos comenta a Axenda Divertimento e un particular ranking de hixiene dos baños públicos nos locais da noite ferrolá. 
  • Despedida e feche do estudio. 
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Transmiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).

4 de outubro de 2014

Divertimento - Especial radio-sicografía d@s ferroláns, debate - 03/10/2014

Este programa, basicamente, é un aparato de gostosa tortura..

Venres 3 de outubro de 2014, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM, dúas horas de radio, dúas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contidos:
  • Presentación e Axenda Divertimento. 
  • Especial "Radio-psicografía d@s ferrolás".
 No estudio:
  •  Ana Fernández. Vasca, residente en Ferrol. No pasado residíu en Lugo, Coruña e Vigo.
  •  Miguel Castro. Ferrolán, vive en Ferrol. No pasado viviu en Lugo e A Coruña.
  •  Carmen Loureiro. Ferrolá, vive en Ferrol. No pasado residiu nas Illes Balears, Muxia e Irixoa.
  •  Macarena Soto. Chilena, residente en Ferrol, no pasado viviu en Compostela.
  •  Tania Vila. Luguesa, reside en Ferrol.
  •  Ánxela Martínez. Mugardesa, vive en Ferrol. No pasado residiu en Pontevedra, Compostela, Lugo, Arzúa, Miño, Baiona, Mondoñedo...
  • Antía Cortíças. Ferrolá, de procedencia extraterrestre. Reside en Ferrol.
  • Carlos de Francisco, psicólogo.
Conducen: Pequeno Monstro e Ana Lucecú. 

                              Nota: este especial foi producido coa colaboración de tod@s as persoas interviñentes.

27 de setembro de 2014

Divertimento -Especial "A Movida Ferrolá" & Feminismo en Trasancos - 26/09/2014

Movida Ferrolá, Sala Super 8

Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.
  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...
  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.
 (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza, nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado, dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlle voz directamente.
  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

21 de setembro de 2014

Divertimento - Esperanza Vázquez, amante da fotografía & Salvemos o Ateneo Ferroán - 19/09/2014

Instantanea en apoio ao Ateneo Ferrolán (16/09/2014)

Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...



  • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...


  • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.


  • Para findar, demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.

  • Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán.
     
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
    — en Radio Filispim 93.9 Fm.

    21 de xuño de 2014

    DIVERTIMENTO - Repensar a Anarquía, Carlos Taibo. Charla no Ateneo Ferrolán, 18/06/2014


    O pasado mércores 18 de xuño de 2014 tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha estupenda charla do profesor Carlos Taibo. Baixo o título "Repensar a Anarquía", coincidindo co título do seu último libro, protagonizou este acto organizado por Unión Libertaria de Ferrol.

    A equipa de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM) realizou a toma de son deste documento que agora vos oferecemos en diferido. A disfrutar...

    16 de maio de 2014

    DIVERTIMENTO - Rubén Artabe (Canciones de Pan) - Ayla & Falso Baiano - Hortas urbás, Caranza - Crónicas Republicanas, radio teatro (Miguel Castro)... 16/05/2014

     Rubén Artabe (Canciones de Pan, 2014)

    Edición do venres 16 de maio de 2014, duas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

    Contídos:
    •  RUBÉN ARTABE apresentando o seu primeiro álbum. Ademáis, cantou algún tema en directo.  Descarga aquí o seu estupendo "Canciones de Pan" (2014).
    •  AYLA & FALSO BAIANO apresentando a súa música e anunciando o seu concerto este  sábado 17 de Maio no Ateneo Ferrolán, ás 22:00 h. Ademáis cantaron e tocaron en directo.
    •  No estudio, conversa con integrantes das HORTAS URBANAS de CARANZA.
    •  No estudio MIGUEL CASTRO, apresentado "Crónicas Republicanas", radio teatro.
    •  Sesión musical Letras Galegas,  "Alén do Folque" con Pepé L. Díaz, DJ "LAJOEIRO"

    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Emisión: Rádio FilispiM, 93.9 FM & Rádio Kalimera (radios libres na Galiza)


    Un prazer compartir este formato con vós durante nove anos. Grazas a todos e até sempre!!! Volveremos a vindeira grelha reinventad@s!!!

    10 de maio de 2014

    DIVERTIMENTO - El Viejo Caracol apresentan Tanta Memez - Salvemos o Ateneo Ferrolán, campaña de apoio - 09/05/2014


    Divertimento para pequenos monstros, edición do venres, 9 de maio de 2014. Dúas horas de monstrosos contidos...

    Con este programa iniciamos a conta atrás para desintegrarnos no dial e volver a aparecernos en forma de monstro-crisálida cara o mes de setembro.

    Contidos:
    • Conversa con parte dos iintegrantes da formación ferrolá El Viejo Caracol que nos apresentaron o seu terceiro álbum, "Tanta Memez" (2014). No estudio: Erico Pose, Miguel Pita e Óscar Fojo.
    • Axenda Divertimento.
    • Conversa con Manuel Rey, integrante da nova directiva do Ateneo Ferrolán, quen fala da campaña de apoio a senlleira entidade ferrolá (http://salvemosoateneo.blogspot.com.es).
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) & Rádio Kalimera (Composteland).


    * pulsa a frecha do reproductor para seleccionar o programa completo (1) ou o corte da conversa con Manuel Rey do Ateneo Ferrolán (2).

    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...