A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do grave deterioro ao que se está a someter á Sanidade Pública, específicamente na Área de Ferrol, e ante as medidas privatizadoras iniciadas polo Partido Popular, levou ao cabo o pasado 11 de abril unha Manifestación Comarcal, que reflectiu na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía.
A día de hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol está composta por máis de 40 entidades e segue aberta a novas incorporacións. Podedes ler o ideario da plataforma na secciónMANIFESTO do blog: plataformadspferrol.blogspot.com
O Colectivo Opaii, Rádio FilispiM, cubriu o descorrer da manifestación en directo coa realización dun estupendo programa especial, recollendo o son do que aló acontecía ao través de conexións estudio/correspondentes. Agora podes escoitar o audio en diferido dese programa especial neste reprodutor:
Segundo capítulo da serie Pensamento 3, emitida orixinalmente dentro do programa Caravana de Hormigas de Radio 3 [RNE], no ano 1989. Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo diserta cos ouvintes sobre a economía e o diñeiro. Ao principio e final desta serie de Divertimentos, escoitarán os ouvintes a versión instrumental do Himno da Comunidade de Madrid, cuxa letra foi escrita por Agustín García Calvo e música por Pablo Sorozábal Serrano. Estes espazos, na súa emisión orixinal en Radio 3, estaban antecedidos pola versión interpretada por un coro de dito Himno, mais polo momento non fun capaz de atopar dita versión. O certo é que o mencionado Himno, pese a ser oficial, non é reproducido nos actos da Comunidade de Madrid. A letra non ten desperdizo, nela atopanse alfaias do tipo: “Y en medio del medio, Capital de la esencia y potencia, garajes, museos, estadios, semáforos, bancos, y vivan los muertos…”. Podes ver otexto integro neste enlace: letra completa. Para completar a hora de duración deste Divertimento incluimos ao final unha versión cantada nunha das charlas de Agustín no Ateneo de Madrid, un 1 de abril de 2008, donde o ferrolán Principe Galín fai de mestre de cerimonia e “cantor”. Podes ver o video neste enlace: video. Este Divertimento para pequenos monstros, finda coa peza “Libre te quiero", na voz de Amancio Prada, un canto de amor libertario, sen posesión, de cuxa letra é autor o propio Agustín García Calvo. Máis nada, ficades con Pensamento 3[Economía, o diñeiro]. Volvemos a vindeira semana aquí, onde paran os monstros.
Con esta entrada iniciamos a serie Pensamento 3, unha produzón de Rádio 3 [RNE] do ano 1989, que hoxe recupera Divertimento para pequenos monstros para Radio Filispim, 93.9FM [Ferrol–Terra de Trasancos].
Pensamento 3 foi un espazo que se emitia os venres dentro do programa Caravana de Hormigas (Radio 3 - RNE), donde cada semana se lle plantexaba un tema ao profesor Agustín García Calvo, para que sobre del reflexionara e conversara cos ouvintes en antena.
Agustín García Calvo, daquela, andaba a impulsar o proxecto Escola Lingüística, Lóxica e Artes da Linguaxe. A idea era conciliar esas tres disciplinas hoxe tan separadas polos plans de estudios [filoloxía, matemáticas e teatro], sen pretensión de producir títulos universitarios, senón coñecemento. Nen que decir ten que aquilo fracasou “como fracasa todo o que pode ferir. O éxito só chega a aquilo que non fai dano a ninguén, aquilo que segue a corrente”.
Agustín García Calvo, realizou estudios de Filoloxía Clásica na Universidade de Salamanca. Doctorouse aos 22 anos, até que a dictadura franquista o separou da cátedra en 1965 xunto a Tierno Galbán, López-Aranguren e Montero Díaz, por prestar apoio as protestas estudiantís. Daquela, decide marchar ao exilio a París. En 1976 foille restablecida a súa cátedra, na que permaneu até a súa xubilación en 1992.
Na actualidade Agustín García Calvo segue a publicar os seus libros na súa propia editorial [Lucina] que asina co seu nome entre signos de interrogación, leva anos loitando contra o engano dun poder empeñado en impór ideias sobre a realidade para matar “o que hai vivo na razón e no corazón”.
Xubilado da universidade, cada mércores segue a encher o Ateneo de Madrid, nunha tertulia política que dura xa 12 anos [na que non se da clase nen predica] e a que acuden moitos xóvenes.
Lembro con moita ledicia aqueles programas que eu mesmo gravaba en cintas de casete para poder escoitar de vagar máis tarde e que tanto me aprendeu que era aquilo do “movimento libertario”.
Hoxe, as gravacións destes espazos radiofónicos, son un tesouro que algúns ouvintes do momento dixitalizaron e subiron a rede para compartir e lembrar aquelas reflexións [sobre cuestións aínda hoxe tan vixentes] que emitiu hai 27 anos aquila memorábel Radio 3.
Agardamos dende Divertimento para pequenos monstros que disfrutedes delas, como eu mesmo disfrutei daquela e volvo disfrutar.
O tema que abre esta serie é A Paixón de Cristo, non podía ser outro.
No vindeiro Divertimento máis Pensamento 3, aquí onde paran os monstros.
Estes días os medios estatais públicos veñen de fazerse eco dos 30 anos de existenza das radios libres e comunitarias no Estado español.
Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.
Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.
Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:
Oitavo capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros.
No capítulo de hoxe pasámolo moi ben con Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Heroes, Autosuficiencia e Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Así marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Rot (Peces), La Mode (La Cólera e Panorama).
Xa no final do programa escoitamos referencias ao festival autoxestionado Fervesteiro [bairro de Esteiro en Ferrol] e ouvimos a música do local Herman Blues.
Ademáis ouvimos un pequeno extracto da gravación do II Conspirando por unha radio libre, que daquela [ano 2005] se celebrou no local da Fundaçom Artábria no mesmo bairro de Esteiro [Ferrol-Galiza]. O corte elixido é o final do concerto que deu o cantautor ferrolá Bladi. Naquel Conspirando actuaran ademáis os ferroláns Kobe e Misquious. Ao final da gravación podese ouvir a un tal P. Cunha facendo de animador, e a unha tal Paula ríndose por detrás.
Lembrar que aquel segundo Conspirando por unha radio libre, foi o último antes do comezo das emisións deRádio Filispim, no mes de agosto do ano 2005, por tanto, a radio libre e comunitária da Terra de Trasancos [que emite dende Ferrol], cumprirá en agosto deste 2010, cinco anos de emisións ininterrompidas. Agardamos dende Divertimento que isto teña unha celebración como ben se merece.
Non queremos marchar sen amosar a nosa ledicia pois o podcast doCap. 6 desta serie [adicado a Los Modelos, Episodio, Estación Victoria e Luna] foi ouvida até o día de hoxe 117 veces. Tan só agardamos que todas eses veces non fora ouvido por unha mesma persoa, non xa pola súa propia saúde mental senón polo tema de que o premio estivera ben repartido e bla, bla, bla.
Para escribir ao programa: radiomonstro [arroba] gmail.com
A vindeira semana máis aquí, onde paran os monstros.