Pop directo con quintaesencia (ou anxo) é o que fai o veciño da nosa comarca Daniel Alonso, máis coñecido por estos pagos coma Boy Elliot.
Xa, na edicion do ano 2006, formou parte do elenco de estrelas interplanetarias do festival Conspirando por unha radio libre argallado polo Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim de Ferrol (Galiza), sempre atento ao que pasa no seu radio de acción.
Hoxe, Boy Elliot, vén de aterrar no Planeta 19, un lugar nesa constelación da que falabamos, "onde os nosos avós, pais ou nós mesmos emigramos por cuestións politicas, económicas, por amor ou tan só por escapar dunha rutina", según as súas propias verbas.
O xurado do certame "na procura da canción do verán en galego", Apologhit, decidiu que Boy Elliott & the Plastic Bags (a banda que o acompaña), sexan os gañadores do concurso e, ademáis, os encargados de representar a Galiza no Eurofestival Liet-Lavlut , que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå, no que participan artistas que interpretan as súas obras nas diversas linguas minoritarias da vella Europa.
A decisión non foi nin moito menos doada xa que este ano Apologhit, que argalla o portal Vieiros e a radio pública Galega, volveu bater marcas de participación. Ao final, os membros do xurado: Tito Lesende (crítico musical); Xosé Manuel Pereiro (exlider de Radio Oceano), Patricia Romero (presidenta do club de fans da Orquestra Panorama); e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor) optaron pola súa canción.
No seguinte collage audiovisual, perpretado por Gorevision TV e baseada na curta "AmalgamA" de Iván Zulueta, atoparedes os datos sobre a habitabilidade do Planeta 19 en cuestión.
Os nosos monstro-parabéns a Boy Elliot & the Plastic Bags!!!
Nota: na foto superior Boy Elliot en Gustel (Ourense-GZ), no ano 2004. Na foto que fecha este artículo Boy Elliot nunha praia na Irlanda hai unha semana. En ambas fotos (atención!) leva unha camisola do Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM.
Nos anos 2004, 2005 e 2006, fomos testemuñas do estupendo festival A Noite do Trasno, que argallaba a A.C. Mozos e Mozas de Beluso-Bueu (Pontevedra-Galiza).
O festival, sen ánimo de lucro e con entrada de balde, víñase realizando dende o ano 2002, no espazo natural protexido do Cabo Udra, agás no ano 2006, no que a organización véuse obrigada a traladar o evento de emprazamento, logo da vaga de incendios que asolaron o noso país.
Dende os seus inicios, a cita de meiados de agosto, convirtíase en cita ineludíbel para os trasnos e trasnas do mundo con gañas de troula, de escoitar música dos máis variados estilos, de participar en obradoiros e, claro, de acampar as súas anchas, co único límite do respeito ao marabilloso entorno natural.
Bandas coma Radio Raheem (BCN), Soak (GZ), Alberto Bundi e a Turma Angologalaica (Angola-GZ), Os Diplomáticos (GZ), Skárnio (GZ), Jaleo Real (BCN), Che Sudaka (Arxentina), Wagner Pa (Brasil), Terrakota (Portugal), Matraka Perversa (GZ), La Kinki Beat (BCN), Django FM (Madrid), Guezos (GZ), Mercado Negro (Portugal), Los niños de los ojos rojos (Extremadura), Kogito (GZ), Banda Potemkim (GZ), Os Cempés (GZ), Zënzar (GZ), foron quen de encher de ledicia o palco e dar vida os trasn@s achegados até o Cabo Udra, convocados case relixiosamente á festa.
Hoxe, a poucos días da máxica cita, temos que anunciar unha mala nova. A organización vén de achegar un comunicadoque anuncia a suspensión indefinida do festival"A Noite do Trasno", polo que non haberá edición 2008 do evento e a súa continuidade estará en función do resultado das conclusíóns as que cheguén @s organizadores, durante este parón para a reflexión e a análise.
Os propios mozos e mozas, da Asociación Cultural que argallaba esta iniciativa, enumeran no comunicado que transcribimos de seguido, osmotivos que os levaron a tomar esta decisión, dentre deles "a crecente profesionalización do evento":
"A asociación Mozas e Mozos de Beluso quere facer público que neste ano 2008 non organizará o festival A Noite do Trasno, unha cita que dende hai seis anos viña celebrando a segunda fin de semana de agosto no espazo natural de Cabo Udra (Bueu). Tras varios meses de reflexión e debate interno, co colectivo resolveu non levar a cabo o evento, aínda que si continuará co resto de actividades programadas durante o ano."
"Os motivos polos que Mozas e Mozos tomou esta difícil decisión son de diversa índole. Por unha banda, dende a última edición de A Noite do Trasno foron bastantes os membros da asociación que, por motivos profesionais ou por outras cuestións, abandoaron o colectivo ou reduciron o seu grao de implicación, sen que se sumaran novos relevos que cubrisen tan importantes perdas."
"Nos derradeiros anos, a organización sufriu asemade un considerable desgaste derivado das dificultades económicas e dos trámites administrativos para obter os permisos necesarios, se ben é certo que o esforzo deu os seus resultados e na actualidade tanto o Concello de Bueu como distintos departamentos da Xunta amosaron ó seu apoio ó festival. Sen embargo, a crecente profesionalización do evento derivada do afán por mellorar a súa calidade e cubrir as esixencias da administración (prevención de riscos, sistemas de evacuación, limpeza do recinto...) foi “queimando” ós membros da asociación, que se atopan cun grao de responsabilidade que supera o esperado dun colectivo sen ánimo de lucro."
"No aspecto económico, o modelo de financiamento seguido ata o de agora está prácticamente esgotado, pois cada día resulta máis difícil a venda de material de “merchandaising” (camisolas, sudadeiras, etc.). Do mesmo xeito, o fenómeno do ´botellón´ minguou a recadación nas barras dos concertos, unha das principais fontes de ingresos."
"Todas estas cuestións repercuten no desgaste dos membros da asociación, que neste intre precisan un descanso do enorme esforzo que implica a organización de A Noite do Trasno. Este 2008 será un ano de transición tras o que se valorará a posibilidade de retomar o festival ou emprender un novo proxecto."
"Mozas e Mozos quere agradecer os apoios recibidos, sobre todo nos momentos máis duros, de familiares, administracións, colectivos e persoas individuais, en especial da asociación de veciños O Progreso de Beluso."
A.C. Mozos e Mozas de Beluso. prensa@mozasemozos.org
Pola, parte dos Pequenos e pequenas monstros, non temos máis que parabéns para estes pequenos e pequenas trasnos, que tanta maxia nos transmitiron e desexos que este parón sexa, en todo caso, positivo para a continuidade desta ou doutra iniciativa similar.
Comezamos a crónicada nosa viaxe até o Festival de Músicas do Mundo de Sines, na Galiza.
Partimos o sábado 19 de xullo dende Ferrolaté o que sería a nosa primeira parada: Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Aló descubrimos hai xa anos un festival chamado Revenidas.
Este ano o Revenidas foi relanzado por todo o alto cun programa completísimo, unha presentación máis profesional e potentes patrocinios. O segundo día da cita, o sábado, bailamos como monstros con Capitán Sinho, O Sonoro Maxín, Che Sudaka (na foto) e O Infante Terrible. (Os trasanqueses, Serralhe-aí!!!, tiveron un incidente e non puideron tocar). Aló atopamos aos nosos compañeiros da Rádio FilispiM: Cholo, Paula e Cris. Como seguidores da potente banda Che Sudaka (Argentina-BCN), acamparon en territorio comanche, dende a mesma sexta feira, no que se abría o festival.
En vindeiros días, completaremos a crónica da nosa viaxe aoFMM de Sines, Portugal, na costa alentejana, a 163 km ao sul da Lisboa. Sen esquecer a reportaxe fotográfica que fixemos en Matosinhos, Porto, Nazaré, Lisboa, Sintra, Cascais.... e da nosa fin de feiras en Vila do Conde, donde descubrimos un evento que vén de nacer en Portugal: Ollin Ikan. Un festival de músicas do mundo itinerante, que naceu en México e que se está a expandir agora, en edicións paralelas, pola Europa.
De momento, pequenas e pequenos monstros, ficades con este adianto das fotos que tiramos lá, entre Sines e Porto Cobo.
Oscar Quant é un tipo que vive en Ferrol en plan pop.
Entre as súas últimas fazañas está a de ter tocado no mesmísimo Cavern Club de Liverpool ou ter gravado un video-clip polas rúas de Ferrol subido nunha furgoneta, versionando Pois eu do grande -outro ferrolán- Andrés Dobarro.
Oscar Quant, Alberto Amigo, Rubén Coca, Kike Quijano, Miguel Fuentes, Boy Elliot, Amparo, Cintia... e incluso Roge de Flor -ver entrada anterior- o acompañan nesta aventura, subíndose a esa furgalla cuxo motor e accionado cunha dose de calidade, frescura e gañas de pasalo ben. A cualidade fica para os manieristas do século pasado.
Falamos aquí de entrañábel pop, xurdido da pulsión de instrumentos -case- de xoguete. Nas súas propias verbas: "Tentando suplantar a falla de medios con imaxinación, editamos as nosas cancións que logo agasallamos a os nosos amigos. Xogos vogais, guitarras, melodias, xilofonos, teclados de xoguete e practicamente calquer cousa que faga ruido. Non procuramos grandes metas, sabemos que o noso son é maquetero e iso nos gosta". Dou fe -xuramento de monstro- que todo é certo.
A ligazón deste proxecto pop co colectivo La Fonográfica General é máis que coñecida. As actividades de La Fonográfica son un exemplo de autoxestión en Ferrol. Sen patrocinios argallan festas nas que tocan grupos amparados pola Fonográfica e nas que se agasalla ao público asistente, con marabillosos singles de vinilo dos grupos partipantes da xolda, editados para a ocasión pola propia Fonográfica.
A idea leva dinamitandoo status quo cultural da comarca dende hai un par de anos. Locais coma San Carlos (Esteiro-Ferrol) teñen sido testemuños de que na cidade de Ferrol hai vida extraterrestre, mais aló das Pepitas ou das recomendacións publicadas na axenda cultura local de La Voz de Galicia.
Falando de extraterrestres, Oscar Quant vén de presentar a súa última peza, en galego, leva por título Sinestesia. O tema é candidato a canción do verán, dentro da edición 2008 do A polo Ghit!, argallado pola Radio Galega e o portal de internet Vieiros.
Para explicar o que imos ver e escoitar, teriamos que remontarnos aos primeiros -e devonianos- Aviador Dro y sus obreros especializados, ou mesmo os bilbomarcianos Lavabos Iturriaga.
Que haberán tomado estes rapaces de Quant?. Cecais non sexa todo tan raro e tan só esteamos ante a verdadeira faciana destes quantianos de Ferrol, que até o de agora só eran pop e agora son monstro-pops?
Pequenas e pequenos monstros, con todos vós a Sinestesia de Quant, según o ollo de Rubén Coca:
E pra findar un agasallo sonoro. Un audio-entrevista que realizamos en maio de 2007, no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilsipiM, aos quantianos Rubén Coca e o propio Oscar. Pero quantas cosas, eh!?
Segunda das entregas de "Cancións", a nova e inflamábel sección deste blog. O artista, músico e autor, que vos presento é veciño da comarca de Ferrol, da comarca de Trasancos e se chama Rogelio Arias, mais polo seu nome artístico háino que nomear: Roger de Flor.
Roger de Flor, comezou interpretando as pezas dos seus artistas favoritos: Bowie, Dylan, Lou Reed, Burt Bacharach, etc. En Santiago de Compostela, nunha fonda crise existencia e creativa, decide reinventarse, mais antes tocaría a guitarra nunha orquesta de verbena. Dúcias de concertos pola Galiza e Portugal axudanlle a afianzarse coma intérprete.
Daquela xa non há tempo pra crises existenciais, e forma o dúo La Sociedad Protectora del Hombre Mono, con Cristóbal Veiga, repasando o repertorio de Ray Davies e os Kings (partiparon no III Conspirando por unha radio libre, do Colectivo Opaíí!-Rádio Filispim). Neste punto a adicación á música é total e comezan as colaboracións coa cantante hispano-arxentina Alejandra Parada pra reivindicar o legado da bossa nova: Tom Jobim e Chico Buarque.
A súa faceta máis roqueira fica para o cuarteto Bang 74, formación na que aparecen as primeiras pezas de autoría propia e resucita o legado power pop dos 70 e 80. Con esta formación participa na edición do momento do Felipop, outro dos festivais de referencia da made in Ferrolterra.
Na actualidade, constitúe xuntoaQuant e Boy Elliot (Daniel Alonso, Blood Filloas), a nova armada pop do cenario local, donde prevalece a calidade e orixinalidade fronte a suposta cualidade e virtuosismo dos grupos locais dos 80 e 90. O catálogo desa marabillosa idea local que é La Fonográfica General, recompila un bon feixe deses artificieiros da nova ofensiva pop local, que vos contamos.
Pola nosa parte tivémolo en directo en Divertimento para pequenos monstros, na findada grella de Rádio Filispim, apresentando o seu traballo Cancións de amor e retranca. Ademáis puidemos disfrutar dalgún dos seus intensos concertos nun local en Ares. Nos videiros días tentarei localizar esa entrevista que lle realizamos, os monstros, e porvos un enlace. A música local terá o seu espazo en "Cancións", así que todas atentas as próximas edicións.
De momento só decirvos que o video que ides ver e escoitar está producido por un elenco moi representativo do que poderían ser os novos valores do audio-visual da nosa comarca, e mesmo na Galiza: foi realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso e producido por Ruben Coca Produccións. Os estupendos exteriores responden as fermosas paisaxes das praias de Ferrol e comarca. A gravación/postproducción desenrolouse durante decembro de 2007.
Nesta ocasión escoitamos unha versión que Roger de Flor, fainos dun tema de Bob Dylan titulado xenéricamente "Simple Twist of Fate" e que el rebautiza coma "Una desconocida más". A disfrutalo, monstros!
Con este video musical, inauguramos unha nova sección neste blog: as cancións. Pretendemos amosaros aquelas alfaias musicais que imos atopando nas nosas monstrosas singladuras. A peza foi achada nun dos meus blogs favoritos: Al sur del Río Bravo. O autor e intérprete chámase Ignacio Copani, e a canción leva por título: "Cacerola de Teflón".
Ao respeito, o propio Copani, di o que segue: "Os golpes militares pasaron de moda. Hoxe, os golpes son económicos. Cando ao imperio e as grandes empresas que o conforman, non lles son favorábeis as condicións económicas, practican estes golpes nos paises donde se atopan temporalmente estabelecidos. Pero non o poden fazer sós; precisan da axuda e o amparo de esbirros, traidores e vendepatrias. No meu pais, Arxentina, eses traidores teñen nome e apelidos: disfrazados de produtores rurais, hoxe tentan por en xaque ao país. A eles súmanse as grandes corporacións periodísticas, coma o Grupo Clarín e a malparida clase media arxentina, que sae a rúa coas súas cacerolas Essen a tratar de desestabilizar un goberno, que máis aló dos seus acertos e desacertos (que son bastantes) foi elixido polo pobo."
Que eu saiba, o autor non é popularmente coñecido por estas latitudes, mais gostaría que así o for a partir desta canción. Ignacio Copani, sofreu duros ataques e ameazas pola publicación da mesma; semella non sentou nada ben aos seus destinatarios. Neste enlace a unha carta públicado propio Copani, tedes máis información sobre o triste asunto.
Pequenas e pequenos monstros, tod@s, para eses golpistas de novo cuño: mas media e os seus monaguillos, esta peza de Ignacio Copani titulada "Cacerola de Teflón", até que lles estoupe na cabeza.
Durante os últimos meses, os Pequenos e pequenas monstros, descubrimos a realidade dos Centros de Internamento para Inmigrantes, CIEs, da man das crónicas d@s compañeir@s dos informativos Más Voces da URCM, para todo o Estado español e parte do mundo por dúcias de radios libres e comunitarias.
Como non podía ser menos Rádio FilispiM, a libre e comunitaria de Ferrol e Terra de Trasancos, amplificou tamén toda isa realidade.
Todas as crónicas, e os diversos especiais, foron esclarecedoras fronte a tanto silencio cómplice dos medios adeptos ao sistema da Vergoña.
Finalmente, o pasado 18 de xuño de 2008, o proxecto da Directiva sobre a detención e expulsión das persoas estraxeiras, foi presentado e tristemente aprobada cos votos da maioría dos europarlamentarios, dentre deles un bon feixe da suposta "esquerda", constituindo de factounha nova agresiónaos dereitos humáns en pleno século XXI.
Estas sonalgunhas das RAZÓNSque nos movena cualificar esta Directiva como de Vergoña:
Ao prever unha detención que pode acadar até os 18 mesespara as persoas cuxo único delicto é querer vivir en Europa, este proxecto conleva unha lóxica inhumán: a xeralización dunha política de retención dos estranxeiros que podería así converterse no xeito "normal" de xestión das poboazóns migrantes.
Ao permitir que sexa unha autoridade administrativa, e non un xuiz, en contra do Dereito Internacional, o que decida a detención dos inmigrantes nos Centros de Internamento de Estranxeiros, CIEs, antes de proceder a expulsalos, y estabelece tambén a detención de menores non acompañados.
Ao estabelecer unha prohibición de 5 anos antes de volver a Europa para todas as persoas expulsadas, esta Directiva estigmatiza ás persoas sen papeis e as transforma en delincuentes que deben ser excluid@s.
Por vez primeira neste eido, esta Directiva será xestionada cun procedemento de co-decisión entre o Parladoiro Europeu e o Consello de Ministros. Esta política regresiva vai en contra dos valores humanistas que constitúen a base e a forza do proxecto europeu. É por iso polo que a Directiva de Retorno é xa coñecida coma a Directiva da Vergoña.
O Parladoiro Europeu, @s parlamentari@s europeus, deben rectificar para impedir que Europa caiga de novo, nunha época escura de segregación entre nacionais e indesexábeis, ao través da sistematización dos centros de internamento para inmitrantes, CIEs, e do retorno forzado.
No Estado español, funcionan dez CIEs (Barcelona, Madrid, Málaga, Alxeciras, Canarias...) Detras desa eufemística denominación, hai verdadeiros cárceres de máxima seguridade nos que ningún diputado español ten dereito a entrar. Barrotes nas fiestras, tempos regulamentados e policías que vixilan as xornadas dos imnigrantes, entre os que hai menores e mulleres preñadas.
Ademáis, existen celdas de aillamento, para quen non cumpra o regulamento, é dicir, na práctica, para quen se queixa das condicións carcelarias ou se rebela ante a expulsión. O nicho de aillamento ten tan só un catre e ningúnha luz exterior, tan só unha pequena rexiña. Para poder ir ao baño hai que pedir permiso, dereito que non existe pola noite. Pequenos espazos, dotados de até vinte literas cada un, se aliñan un tras outro. As caras dos emigrantes pechados se achegan as reixas. Todos van vestidos de igual xeito e contan a mesma traxica historia da travesía pola mar. Pasan o día pechados e saen tan só unha vez ao día para comer.
Europa estase a transformar nunha fortaleza militarizada, ao tempo que un paraiso para o movimento de capitais, produtos e servizos. A partires de agora, as forzas de seguridade dos países da UE, poderán adicarse con impunidade á caza do inmigrante, deporte deleznábel de tintes fascistas iniciado recentemente na Italia de Berlusconi.
A vergoña, non a ostentan só os gobernos e europarlamentarios, é sen dúbida a vergoña de todas e todos, de quen somos europeus, das sociedades bébedas de consumismo e medo, é a vergoña da nosa incapacidade para dar resposta ao capitalismo totalitario dunha UE, que máis aló da crise provocada polo non irlandés ao novo Tratado, está disposta a impor o seu goberno antidemocrático das multinacionais e das finanzas, por riba dos dereitos e necesidades das persoas.
É probábel que estes días haxa convocatorias no Estado para visualizar o rexeitamento á esta Directiva. Ao tempo, se están a recoller sinaturas.
Pequenas e pequenos monstros, o que está a acontecer é unha VERGOÑA. Temos que reaxir, non podemos ser cómplices. Precisamos seguir visualizando a problemática, transmitirlles aos inmigrantes que estamos con eles. Deixámosvos cun video que aporta, se cabe, máis información. Non pechedes os ollos, abrídeos ben.
Impresionante reportaxe do informativo Mas Voces sobre os Centros de Internamento para Inmigrantes (CIEs) no Estado español: