30 de marzo de 2012
Audios Cobertura Especial Rádio FilispiM da Folga Xeral 29M [2012]
Programa especial realilzado polos integrantes da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, Rádio Filispim, 93.9 FM, que contra-informou do acontecido na Folga Xeral do xoves 29 de marzo, dende as 8:45 até as 14:30 h.
Audio CUNHA do programa especial Rádio Filispim, Folga Xeral, 29M [2012]
Ir a descargar
1ª Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M, donde ouvimos MILHEIROS de VOZES da comarca e pulsamos o que acontecía noutras vilas do país e do estado, ao través de dúplex radiofónicos con Rádio Klara de Valencia, Radio ELA de Madrid e Cuac FM de Corunha.
Ir a descargar
2º Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M,.
Ir a descargar
29 de marzo de 2012
ESTOU PARTICIPANDO ACTIVAMENTE NA FOLGA do 29M, dende Rádio FilispiM.

Dende as 8:30 da manhá e até as 14:30 aproximadamente.
Podes seguir-nos também no Twitter @filispina939 ou também polo Facebook e vía STREAMING, para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Participa coa túa propia voz dende as ondas libres.
Audio cunha do programa especial de Rádio Filispim, Folga Xeral, 29 de Marzo 2012:
27 de marzo de 2012
NIGHTNOISE - Concerto no Teatro Calderón de Valladolid [23/04/1991]
Non se trata exactamente dunha edición especial de DIÁLOGOS 3, mais si dun concerto do cuarteto de Oregón, NIGHTNOISE celebrado no Teatro Calderón de Valladolid o 23 de abril de 1991, retransmitido por Radio 3 [RNE] e apresentado e comentado por Ramón Trecet, unha noite dese mesmo ano.É dicer, que sigo a recuperar alfaias do meu arquivo sonoro, antes de que o tempo acabe por destruir o contiúdo rexistrado neses "artiluxios sonoros" tan entrañábeis [as cintas de casete], que como sabedes xa non se fabrican e das que se veñen de cumprir 50 anos da súa invención.
Aquela noite do 23 de abril de 1991, no Teatro Calderón de Valladolid, o público asistiu a nun dos concertos da, daquela, segunda xira polo Estado español do cuarteto orixinal irlandés-estadounidense:
- Tríona Ní Dhomhnaill [piano e voz].
- Billy Oskay [violín e viola].
- Brian Dunning [frautas].
- Mícheál Ó’Domhnaill [guitarra].
Como curiosidade, algúns anos despois este mesmo concerto, volveu emitirse en Radio 3 coincidindo coa morte dun dos fundadores de Nightnoise, o guitarrista irlandés Mícheál Ó’Domhnaill [fallecido o 8 de xullo de 2006 aos 54 anos de idade]. Ista re-emisión aconteceu o 15 de xullo de 2006, no programa Músicas Posíbles [Radio 3] de Lara López. Esoutra gravación pode atoparse neste enlace.
O que ides atopar aquí non ten nada que ver con esa re-emisión. É a emisión orixinal do ano 1991, poco despois do concerto, presentada e comentada por Ramón Trecet e da que non teño atopado ningún outro enlace na rede, polo que pode que sexa unha rareza.
A gravación do concerto e tal cual a emisión e dura uns 60 m. Cara o minuto 28 da gravación hai unha interrupción dus segundos. Xa sabedes, cambio de lado da casete ;-)
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Imaxe: folleto e ticket de entrada do concerto [fonte: http://rogicas.blogspot.com.es/1991_04_01_archive.html]
26 de marzo de 2012
DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial NIGHTNOISE [07/08/1991]
Seguimos a rescatar míticas edicións do programa DIÁLOGOS 3 [Radio 3], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.Nesta ocasión un interesante especial fin de semana, adicado a biografía da banda de folk-cámara NIGHTNOISE, emitido un 07/08/1991 en Radio 3 [RNE].
O audio foi dixitalizado dunha gravación caseira en cinta de casete, procedente do aquivo sonoro de O Pequeno Monstro [Rádio FilispiM].
Nightnoise foron unha banda cuxo orixe está no ano 1984, cando o violinista estadounidense Billy Oskay e o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, publican un disco titulado precisamente así, Nightnoise, na compañia Windham Hill.
Tres anos despois, en 1987, Tríona Ní Dhomnaill [irmá de Míchaél] e o flautista irlandés-estadonidense Brian Dunning, se unen aquel dúo, resultando a primeira formación como NIGHTNOISE. O primiero album, como tal, do cuarteto foi Something of Time [Winddam Hill, 1987].
Para min, eses dous albumes, son os mellores publicados por estes artistas. Música folk, de cámara, antigua e, sobre todo, maxia, conflúen nestas dúas alfaias sonoras dos oitenta.
A estes dous traballos lles seguen At the End of the Evening [1988], The Parting Tide [1990] e o recompilatorio A Windham Hill Retrospective [1992]. Precisamente neste álbum, Oskay abandona a banda que é sustituido polo violinista escocés Johnny Cunningham. Con esta nova formación publican: Shadow of Time [1994], A Different Shore [1995] e The White Horse Sessions [1997]. Coincidindo con ese último lanzamento, Cunningham abandona a banda sendo substituido polo violinista irlandés John Fitzpatrick.
Nightnoise se disolven oficialmente a finais de 2003 cando, aos 46 años anos, o violinista Cunningham falece dun ataque al corazón. Xa en xullo de 2006, un dos seus fundadores,o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, morre na súa casa de Dublín, por causas das que non existe demasiada información, mais se comenta que sofre un accidente doméstico.
Sintonizamos. Tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet...
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
23 de marzo de 2012
OFF MENTAL [outras músicas ] - programa 21
![]() |
| Portada do album Shadowdance [Windham Hill]. Shadowfax, 1983 |
OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- RICHARD BURMER - Across the view [Western Spaces. Album colectivo xunto Steve Roach e Kevin Braheny, 1987].
- WILLIAM ACKERMAN & CHUCK GREENBERG - Visiting (Live) - [Show in Omaha, Nebraska, 1986].
- SHADOWFAX & CHUCK GREENBERG - A pausa in the rain [Live, 1987].
- NIGHTNOISE - Timewinds [Something of time, 1987].
- NIGHTNOISE - The erebus and the terror [Something of time, 1987].
- NIGHTNOISE - Hourglass [Something of time, 1987].
- KEITH JARRETT - January 24, 1975, Part 1 (extracto) - [THE KÖLN CONCERT].
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
offmentalizate! Facebook.
DIVERTIMENTO - Variedades circenses - A esquerda pola dereita pola propia esquerda - Bertín - Évia - FOLGA XERAL!!!
Contiúdos:
- Circo da Semana Santa: 70.000 euros.
- Circo da Praza de España: 700.000 euros.
- Cultura: 7 euros
- O Concelleiro de Urbanismo, Evia, sabe moito.
- 29M sen medo. Denuncia represalias ante a folga!!!
- Reganosa, os mariscores e a Xustiza.
- Día de acción por unha banca ética.
- 5 recortes que salvarían a España sen tocar aos de sempre.
- A esquerda aniquilada, pola dereita, pola chamada "esquerda" [Rafa Bouza].
- Axenda de concertos.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Para todo o mundo vía Streaming en http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

