29 de abril de 2012

PAUL WINTER CONSORT - Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid - 25/01/1991 [Radio 3-RNE]

Rescatado dunha vella cita de casete, no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, un dos primeiros concertos no Estado español da formación de world-music, PAUL WINTER CONSORT, celebrado no Palacio de Congreso e Exposiciones de Madrid o venres 25 de xaneiro de 1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día.

O concerto foi organizado polo Club de Música e Jazz San Juan Evangelista e etiquetado pola organización coma "New Age", e estaba dentro dunha xira que aquel ano o levaría por diversas cidades do Estado, incluida Compostela.

Os comentarios, durante a retransmisión, foron realizados por José Miguel López [Discópolis], que estaba no propio concerto, e Jesús Ordovás [Diario Pop], que estaba nos estudio de Radio 3 [RNE]. 

Nesta ocasión o Paul Winter Consort, estaba conformado polos músicos:
- Paul Winter, saxo soprano.
- Paul Halley, piano.
- Eugene Friesen, violonchelo.
- Rhonda Larson, frauta.
- Glen Vélez, percusón.

Con respeito da catalogación da música de Paul Winter coma "New Age", no transcurso dunha charla-coloquio organizada polo Club Musical Delta da Universidade Politécnica de Madrid [UPM], poucos días antes do concerto, transcrita no fanzine En Cintas Vírgenes [marzo de 1991], o propio autor comenta o que segue:

"Onde quixer que haxa unha nova tendencia en EE.UU, o negocio da música comercial aparece. No transcurso dos 25 anos que levo fazendo música, vin nacer ao redor de dez ou doce etiquetas diferentes para catalogar un tipo de música, do mesmo xeito que as vin desaparecer. É moi difícil que unha etiqueta describa correctamente un tipo de música. Normalmente non me importa como a xente chame a miña música mentres a escoite. Se hai unha etiqueta que particularmente impide escoitar a nosa música, preferimos que non nola atribúan. New Age, en EE.UU, convertiuse nunha etiqueta asociada coa música creada ´nas nubes´, e nós, que sempre fixemos reverencia a Terra [Gaia], as raigumes, preferimos chamala Earth Music. Ao sermos unha banda acústica somos especiais, pois a música electrónica dominou claramente a cultura occidental nos últimos 20 anos. Cando a xente escoita a nosa música acústica pensa que ouven algo novo e conclúen que como tocamos música acústica durante 25 anos, debemos ser os inventores da New Age music, mais, eu digo que os instrumentos acústicos levan sobre a faz da terra milleiros de anos e nós non os inventamos [..]".

O Paul Winter Consort é unha formación multicultural fundada no ano 1967, liderada polo saxofonista e destacado activista medioambiental Paul Winter [Altoona, Pennsylvania, 1939]. O grupo mistura elementos da música de cámara, jazz e world-music, así como vozes de animais [lobos, baleas...] e da natureza. Ao longo dos anos pasaron pola formación outros músicos, que conformaron o denominado Consort: David Darling, Paul Mc Candless, Ralph Towner, Glen Moore, Collin Walcott [todos estes tambén integrantes da formación de Jazz Fusión OREGÓN], Nancy Rumbel, Jim Scott, Russ Landau, Susan Osborn, Oscar Castro-Neves, Nóirín Ni Riain, Davy Spillane... Moitos deles gravaron para o selo Living Music, creado polo propio Paul Winter para a edición dos seus traballos.

Unha crónica daquel concerto, do diario El País, atoparás nestoutro enlace, http://elpais.com/diario/1991/01/27/cultura/664930804_850215.html

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Imaxes: Paul Winter Consort  /  Tiquet entrada orixinal concerto Paul Winter Consort, Palacio Congresos, Madrid, 25/01/1991, tirada do blogue: http://rogicas.blogspot.com.es/1991/01/paul-winter-consort-en-el-palacio-de.html.

27 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] programa 25

Portada do sampler Music Without Frontiers. Venture Records [Virgin], 1987.
Programa Nº 25 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Memories [Fragments. ECM, 1986].
- PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Monica Jane [Fragments. ECM, 1986].
- HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo] - Guten Morgen [Momenti Felici. Venture, 1987].
- HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo]- Pas de Deux [Momenti Felici. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Celebration [Celebration. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Folk Song (Chic Corea) - [Celebration. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - For Vic [Celebration. Venture, 1987].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Unha pasaxe do álbum Momenti Felici de Hans Joachim Roedelius. Venture Records, 1987.

offmentalizate! na nosa páxina en Facebook.

23 de abril de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Evolución da música electrónica [Cap.2 Isao Tomita] - 02/02/1992

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón Isao Tomita.

Se na primeira parte deste especial falamos dos instrumentos, nesta nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista, Tomita.

En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos. A música Tecno, vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.

Naqueles anos, Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], tambén alemás, que editan o álbum Alpha Centauri [1971], nunha época donde o impacto da carreira pola conquista do espazo fica en evidencia no panorama músical e na sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo outras das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tambén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta Krautrock [ou Kosmiche Musik], xurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60; un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural. 

Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Así é como xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [tanto estética coma políticamente falando] da historia da música "popular", o KrautrockAqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan moitos dos que hoxen a disfrutan [pensando que todo o que ouven naceu sen maís], sen saber que no seu berze están mesmo as comunas libertarias de Munich do 1968.

Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con collage de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou música oriental.

As bandas daquel Krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, bandas coma Cluster [Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que xa na década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos.

Mesmo, naquel movimento Krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:

1.  A Escola de Berlín, se refire ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Se tende a identificala coa Kosmiche Music [música cósmica, planeadora].

2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e ritmicas liñas de baixo, acompañdas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sendo as obras fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.

O certo é que a popularidade do Krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral da súa época foi escasa. Iso si, anos despois bandas de todo o mundo se verían influenciadas por moitas das aportacións daquelas formacións alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.

De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da nova música, atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.

En inglaterra Pink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].

En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child se disolve, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, a fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal L´Apocalypse des Animaux [1973].

Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" de LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a ponto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos.

Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do leste comezan a  darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o xugoslavo Laza Ristovski, o alemá oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.

Daquela, a tecnoloxía en materia de instrumentos electrónicos avanza de maneira significativa, en apenas un par de anos e segue a popularizarse o seu uso en bandas que pouco o nada tiñan que ver con aquel incipente movimento. Un exemplo é o do grupo folk-rock norteamericano, Creadence Clearwater Revival, quen publica algunhas pezas con rasgos inusuais, coma o caso da titulada Pendulum [1970], de carácter experimental.

Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974], un canto ás autoestradas, que da a coñecer o Tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizan o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, como una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.

Seguimos nos mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de películas de terror.

Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica como non se oira até daquela.

Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975] in the Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo.

Nos finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis oló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos. 
Volvendo a mediados dos 70, o grego Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios, que  dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975]. Unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos van ser os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora dos alemás do krautrock. Unha proba sonora de que a música electrónica, non ter porque ser fría, sinistra e robótica, senón, que se cadra, pode transmitir emoción e sentimento en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica.

E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose a fazer versións electrónicas de pezas de música clásica, substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.

Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 [acaba de cumprir 80 anos] e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestación e composición mentres estudia historia da arte na Universidade. Graduase no ano 1955 e se convirte en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para o equipo ximnástico nipón.

A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpretaba música clásica cun sintetizador Moog. Isao Tomita, non dubida en mercar un Moog III e comeza a montar o seu estudio doméstico. As súas primeiras pezas son arranxos para sintetizador de obras do compositor francés do XIX, Claude Debussy. De aí resulta o álbum Snowflakes are Dancing [1974], que se convirte en grande éxito. A versión, nel contida, do Arabesco nº 1, se utiliza na serie de TV de astronomía, Star Hustler. No Estado español, se fixo famosa nos oitenta por ser a música da cabeceira do extraordinario programa de TVE El Planeta Imaginario, un espazo experimental para todos os públicos, cuxo innovador formato ficou na memoria de toda unha xerazón.

Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada Klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, coma The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.

Xa en 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, neste caso orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestas tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 se publicou en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa no ano 2003 en recoñecementos dos logros acadados na música polo autor.

A obra musical de Isao Tomita é cuantiosa e pode consultarse neste enlace.

Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Segunda metade do especial dos Inicios da Música Electrónica [Isao Tomita] según Ramón Trecet. Sintonizamos...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Texto adaptado de: 
Outros enlaces interesantes:
- http://www.scannerfm.com/actualidad/%C2%BFque-es-el-krautrock/

Imaxes: Isao Tomita / Promo documental BBC Krautrock "The Rebirth of Germany" / Sinte da época / Isao Tomita.

20 de abril de 2012

DIVERTIMENTO - A Xunta de Galicia búrlase de Narón - Sicofonías politoxicómicas - Encontros RR.LL en Asturies - Festival Fraternidade ao Zeca Afonso.

Edición do xoves 19/04/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:

- No estudio Patri [traballadora] e Oscar [voceiro pais e nais], da Comunidade Educativa das Garderías de Narón, denunciando inacción e burlas da Conselleira de Benestar, Beatriz Mato, da Xunta de Galicia, fronte ao inminente feche das tres únicas garderías do concello.


Ir a descargar


- Sicofonías político-tóxico-cómicas [salada de Monarcas, Condes Roas, Greves Gerais con salsa Pink Floid].


Ir a descargar


- Novas Divertimento. 
a) En Alcalá, Obispo homófobo e catódico subvencionado.
b) Máis obras na praza de España de Ferrol. Contención orzamentaria?. Donde? 


- Encontros de radios libres e Asemblea da Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC], en Asturies. Entrevista telefónica con Falo, Radio Kras [Xixón].


Ir a descargar


- Festival Terra da Fraternidade en Compostela, homenaxe ao Zeca Afonso. Entrevista con Pablo Portero.


Ir a descargar


- Axenda de concertos.


Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Para todo o mundo vía Streaming en http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

18 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 24

Portada album de Geoff Smith & Nicola Walker-Smith, 15 Wild Decembers [1995]
Programa Nº 24 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - The Last of England [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Six Wings of Bliss [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Possed me [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- ANNE CLARK - Killing Time [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK - Swimming [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK - Poem for a Nuclear Romance [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK & Viny Reilly - The Last Emotion [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- THIS MORTAL COIL - Acid, Bitter and Sad [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].
- COCTEAU TWINS - Crushed [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Remistura electrónica da peza Six Wings of Bliss, publicada no mesmo ano que o album que contiña a versión orixinal [15 Wild December, 1995]

offmentalizate!  Facebook.

15 de abril de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Evolución da música electrónica [Cap.1 Walter / Wendy Carlos] - 01/02/1992

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, primeira metade dun especial emitido o 1 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista Walter / Wendy Carlos.

A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro.

"A música electrónica que habitualmente escoitades en Diálogos 3, ten unhas orixes moi concretas que imos tentar de explorar nos dias de hoxe e manhá ao través de dous artistas que, cada un coas súas especias caracteríticas, marcaron unha serie de sendas a seguir, da reproduzón, máis que da produzón, aínda que no caso de Wendy Carlos, a recreación pasou a un segundo termo, despois. Estamos a falar de Wendy Carlos [antes chamado Walter Carlos] e de Isao Tomita.

A cronoloxía de inventos que é necesaria analisar, para chegar ao Mini Moog que utilizou Wendy Carlos nas súas primeiras execucions, podería ser:

1761, en Paris, Jean-Baptiste de Labord, inventou un clavicordio electro-mecánico.

1906, Thaddeus Cahill inventa o Telharmonium, un harmonium eléctrico que podemos considerar o primeiro instrumento electrónico significativo.

1919, o físico e músico ruso Serguéievich Termen inventa o Théremin.

1928, Maurice Martenot inventa El Ondes-Martenot, uhna evolución do Théremin, utilizado sobre todo por intérpretes e compositores da chamada música “clásica contemporánea”.

1934, en EEUU el Sr. Laurens Hammond patenta un instrumento que seria o Órgano Hammond, con aplicaciones na música rock de importancia, baseado en principios de eletromagnetismo e de amplificación ao través de altavoces individuais [este inventor operou noutros campos, coma nos primeiros cambios automáticos para automóveis, por ex.]. Nos anos 50, comezaron a comercializarse ben variados modelos do Hammond. O son deste órgano tería o seu áuxe moito anos despois [anos 60 e 70], en xéneros tan dispores coma o jazz, soul, gospel, música lixeira, rock ou ska.

1945, como causa e efecto da 2º Guerra Mundial, nos seus últimos meses, as tropas estadounidenses entran na cidade alemá de Colonia. A cidade semella abandonada polos nazis, mais sorprendentemente as emisoras de radio locais continúan a emitiro propaganda nazi. Cando as tropas acceden as emisoras, se atopan as instalacións sen persoal algún e, no seu lugar, aparellos reprodutores de citas magnetofónicas lanzando mensaxes ao ár. O exército norteamericano enfróntase por vez primeira a `cita magnetofónica´, un invento que, a partir de entón, tería unha aplicación civil e industrial que revolucionaria a radio e a propia industria musical. Até daquela, se coñecía `o cabo metálico magnetofónico´, un magnetofón pouco versátil e con mala cualidade de son. Máis tarde, nos anos sesenta, aparece un instrumento cuxa base son as citas magnetofónicas, o Mellotrón.

1960, O Mellotrón, como evolución dun invento chamado Chamberlin, foi un instrumento fudamentado nas citas magnetofónicas. Tratábase dun teclado, cuxa presencia semellaba un piano convencional, capaz de reproducir ao través de tres canles, citas pregrabadas.

Como vemos, os instrumentos musicais, van evoluindo en base ao desenvolvemento da tecnoloxía en cada momento da historia, non só canto a súa creación como tal, senón canto ao seu perfeccionamento ou aplicación práctica.

Entre 1951 e 1957, a compañía RCA [Radio Corporation of America] ao través das investigacións levadas ao cabo polos doutores Harry Olson e Herbert Belarel, nun centro de investigación de música eletrónica na Universidade de Princeton [Nova Jersey-EEUU], crea o primeiro sintetizador da historia, o MARK II. Medía uns 5 metros de longo por 2 de alto. Aínda pode verse funcionando no Columbia Princeton Eletronic Music Center de Nova Iorque.

De 1955 a 1967, o doutor en electrónica Robert Moog, inventa el sintetizador Moog, cuxa evolución sería o Mini Moog, instrumento electrónico do que se dicía era capaz de crear unha gama case infinita de sons. Robert Moog, foi galardonado no ano 2001 co Polar Music da Real Academia da Música de Suecia, considerado coma o Nobel da Música.

En 1966, Robert Moog, se pon en contacto co único músico que ten título de enxeñeiro electrónico por entòn, Walter Carlos [despois cambiaria de sexo, pasando a chamarse Wendy Carlos] dando lugar esta colaboración a primeira obra deste músico,`Switched on Bach´ [1967], donde Carlos recrea electrónicamente obras de J.S. Bach.
Daquela, unha das compañías de música electrónica máis potente nos EE.UU., a Columbia Broadcasting Systems [CBS], realiza una convención de enxeñeiros electrónicos, donde se apresentará o Mini Moog e aquela transcripción de certas composicións de J.S. Bach, baixo o título de`Switched on Bach´. A reazón dos enxeñeiros electrónicos asistentes a aquela convención foi de grande sorpresa.

O ano seguinte, 1968, se publica aquel album, que no mercado acada un número de vendas foi moi superior das que Robert Moog e Walter Carlos tiveran nunca imaxinado.

En paralelo a todos istes inventos e evolucións, se estaban a producir outra series de avances que revolucionarían a música nas seguintes décadas. Son as primeiras aproximacións a, que poderiamos considerar, primeira guitarra eléctrica. Así, a mediados dos anos 30 o músico Lester William Polsfuss [máis coñecido coma Les Paul], comezou a combinar o seu talento coma guitarrista con experimentos coa electricidade, nos sotos da súa casa. Tiña 26 anos e vivía en Nova Iorque. Les Paul, sofre unha descarga eléctrica de tal gravidade que, asustado, decide abandonar as experimentacións durante un par de anos, centrándose no acompañamento a guitarra de cantantes coma Nat King Cole e Bing Crosby.

En 1947, Les Paul decide volver á experimentación, logrando unha versión sosfisticada e segura de guitarra eléctrica coa que grava a canción `Lover´. Aquela canción, resultou un dos primeiros experimentos de enxeñería de gravación, xa que chegou a rexistrar a melodía oito veces, a distintas velocidades, e logo misturalas creando a ilusión dunha orquesta completa. A casa Capitol editou aquelo, sendo un suceso, chegando o público a considerar aquilo [finais anos 40] coma `música futurista´.

Mais, esculcando con profundidade na historia do blues, uns vinte anos anos antes [entre 1920 e 1929, ano do Crack financieiro e década máxica do blues], nos atopamos con dous músicos negros [Les Paul era branco], que non foron quen de patentar alquel invento e que algúns historiadores sitúan coma verdadeiros executores daquela primeira aproximación á `guitarra eléctrica´. Trátase de Charlie Christian [Jazz] e Aaron T-Bone Wolker [Blues], estamos cara o ano 1929.

A historia conta que durante unha actuación do guitarrista Aaron T-Bone Wolker en Chicago, nun clube donde había demasiado ruido, procurando unha solución técnica que amplifique o son da súa guitarra, se lle ocorre situar un microfone de voz da época diante da caixa da súa guitarra acústica, engadindo unha rádio de válvulas do momento coma amplificador. Como era normal, naqueles auténticos e orixinais bluesman pretos, aquel invento nen foi patentado, nen moito menos trascendeu á historia oficial dos descubrimentos o nome destes dous pioneiros, a diferenza do acontecido co guitarrista branco Les Paul.

Xa na década dos 40, se inventa o contrabaixo eléctrico, acontecendo nas décadas seguintes, coa eclosión do rock & roll, a popularización de moitos dos instrumentos electrónicos dos que falamos aquí."

Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Diálogos 3. Evolución da música electrónica [Cap. 1 Walter/Wendy Carlos]. Dirixe e presenta Ramón Trecet.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Imaxes: Wendy Carlos / Portada Switched on Bach [1976] / Robert Moog.
Primeira parte deste especial en: 
Para saber máis: completísima entrada no estupendo sitio http://www.audionautas.com/2011/03/wendy-carlos-y-la-genesis-de-switched.html

12 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 23

 Portada album Dolmen Music. ECM, 1980 [Mederith Monk].
Programa Nº 23 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- MEREDITH MONK - Gotham Lullaby [Dolmen Music. ECM, 1980].
- MEREDITH MONK - Travelling [Dolmen Music. ECM, 1980].
- MICHAEL MANRING - Welcoming [Unusual Weather. WH, 1986].
- MICHAEL MANRING - Thunder Tactics [Unusual Weather. Windham Hill, 1986].
- MICHAEL MANRING - Geometry [Toward the Center of the Night. Windham Hill, 1989].
- JOHN THEMIS - Emily [Atmospheric Conditions. Coda Records, 1985].
- JOHN THEMIS - Sirens: the Trick [Atmospheric Conditions. Coda Records, 1985].
- JERRY GARCIA & MERL SAUNDERS [Blues from the Rain Forest - extracto. Sumertone Records, 1990].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: extracto da serie documental "Four American Composers" [Peter Greenaway, 1983]. Serie adicada a: Philip Glass, Robert Ashley, John Cage e a propia Meredith Monk.

offmentalizate! Facebook.

4 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 22

 Portada da primeira edición do album Spetrum Suite [1975]. Steven Halpern.
Programa Nº 22 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- JOHN THEMIS - Sirens the trick [Atmosferic Conditions. Coda Records, 1984].
- SUZANNE CIANI - The first wawe (Birth of Venus) - [Seven Wawes, 1982].
- SUZANNE CIANI - The second wawe (Sirens) - [Seven Wawes, 1982].
- STEVEN HALPERN - Spectrum Suite [Spectrum Suite, 1975].
- STEVEN HALPERN & GEORGIA KELLY - Sand dance [Ancient Echoes, 1978].
- STEVEN HALPERN & GEORGIA KELLY - Crotona [Ancient Echoes, 1978].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



offmentalizate! Facebook

1 de abril de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial MARK ISHAM [06/08/1991]


Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM, apresentado por Lara López.

A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro.

MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn.

Ao cumprir 20 anos comeza a estudar programación de música electrónica, aínda que mantén a trompeta coma instrumento principal na súa carreira coma compositor.

Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams.

No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora de The Moderns [Alan Rudolph, 1988] ou mesmo a
sinfonía eletrónico-tribal para o video TIBET, editada por Windham Hill en 1990 [casa discográfica para a que ISHAM gravou parte da súa música], son parte da súa produzón.

ISHAM ten colaborado coma músico de sesión, en traballos doutros artistas: Tanita Tikaram, Suzanne Vega, Art Lande, Taj Mahal, Van Morrison, Joni Mitchell ou, os mesmísimos, Rolling Stones.

Neste especial de DIALOGOS 3, apresentado nesta ocasión por Lara López, escoitaremos un repaso a sua biografía coma músico, parte da súa obra, así coma a súa participación creativa en traballos doutros artistas, por esta orde:

- Patrick O´Hearn [Rivers Gonna Rise, 1988]
- Peter Maunu [Warm Sound in a Gray Field, 1990]
- Mark Isham [BSO Country, 1984 - traballo colectivo]
- Mark Isham [BOS The Moderns, 1988]
- Mark Isham [Castalia, 1988]
- Rubaja & Hernandez [High Plateux, 1987] - Isham, produtor.
- Mark Isham [BSO Tibet, 1990]
- Mark Isham [BSO Songs my ChildrenTaught me, 1991]

Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Dialogos 3. Dirixe Ramón Trecet, apresenta Lara López.

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)






Imaxe: Mark Isham.

30 de marzo de 2012

Audios Cobertura Especial Rádio FilispiM da Folga Xeral 29M [2012]


Programa especial realilzado polos integrantes da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, Rádio Filispim, 93.9 FM, que contra-informou do acontecido na Folga Xeral do xoves 29 de marzo, dende as 8:45 até as 14:30 h.

Audio CUNHA do programa especial Rádio Filispim, Folga Xeral, 29M [2012]



Ir a descargar

1ª Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M, donde ouvimos MILHEIROS de VOZES da comarca e pulsamos o que acontecía noutras vilas do país e do estado, ao través de dúplex radiofónicos con Rádio Klara de Valencia, Radio ELA de Madrid e Cuac FM de Corunha.




Ir a descargar

2º Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M,.




Ir a descargar

29 de marzo de 2012

ESTOU PARTICIPANDO ACTIVAMENTE NA FOLGA do 29M, dende Rádio FilispiM.


Dende as 8:30 da manhá e até as 14:30 aproximadamente.

Podes seguir-nos também no Twitter
@filispina939 ou também polo Facebook e vía STREAMING, para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Participa coa túa propia voz dende as ondas libres.

Audio cunha do programa especial de Rádio Filispim, Folga Xeral, 29 de Marzo 2012:









27 de marzo de 2012

NIGHTNOISE - Concerto no Teatro Calderón de Valladolid [23/04/1991]

Non se trata exactamente dunha edición especial de DIÁLOGOS 3, mais si dun concerto do cuarteto de Oregón, NIGHTNOISE celebrado no Teatro Calderón de Valladolid o 23 de abril de 1991, retransmitido por Radio 3 [RNE] e apresentado e comentado por Ramón Trecet, unha noite dese mesmo ano.

É dicer, que sigo a recuperar alfaias do meu arquivo sonoro, antes de que o tempo acabe por destruir o contiúdo rexistrado neses "artiluxios sonoros" tan entrañábeis [as cintas de casete], que como sabedes xa non se fabrican e das que se veñen de cumprir 50 anos da súa invención.

Aquela noite do 23 de abril de 1991, no Teatro Calderón de Valladolid, o público asistiu a nun dos concertos da, daquela, segunda xira polo Estado español do cuarteto orixinal irlandés-estadounidense:
- Tríona Ní Dhomhnaill [piano e voz].
- Billy Oskay [violín e viola].
- Brian Dunning [frautas].
- Mícheál Ó’Domhnaill [guitarra].

Como curiosidade, algúns anos despois este mesmo concerto, volveu emitirse en Radio 3 coincidindo coa morte dun dos fundadores de Nightnoise, o guitarrista irlandés Mícheál Ó’Domhnaill [fallecido o 8 de xullo de 2006 aos 54 anos de idade]. Ista re-emisión aconteceu o 15 de xullo de 2006, no programa Músicas Posíbles [Radio 3] de Lara López. Esoutra gravación pode atoparse neste enlace.

O que ides atopar aquí non ten nada que ver con esa re-emisión. É a emisión orixinal do ano 1991, poco despois do concerto, presentada e comentada por Ramón Trecet e da que non teño atopado ningún outro enlace na rede, polo que pode que sexa unha rareza.

A gravación do concerto e tal cual a emisión e dura uns 60 m. Cara o minuto 28 da gravación hai unha interrupción dus segundos. Xa sabedes, cambio de lado da casete ;-)

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Imaxe: folleto e ticket de entrada do concerto [fonte: http://rogicas.blogspot.com.es/1991_04_01_archive.html]

26 de marzo de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Especial NIGHTNOISE [07/08/1991]

Seguimos a rescatar míticas edicións do programa DIÁLOGOS 3 [Radio 3], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.

Nesta ocasión un interesante especial fin de semana, adicado a biografía da banda de folk-cámara NIGHTNOISE, emitido un 07/08/1991 en Radio 3 [RNE].

O audio foi dixitalizado dunha gravación caseira en cinta de casete, procedente do aquivo sonoro de O Pequeno Monstro [Rádio FilispiM].

Nightnoise foron unha banda cuxo orixe está no ano 1984, cando o violinista estadounidense Billy Oskay e o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, publican un disco titulado precisamente así, Nightnoise, na compañia Windham Hill.

Tres anos despois, en 1987, Tríona Ní Dhomnaill [irmá de Míchaél] e o flautista irlandés-estadonidense Brian Dunning, se unen aquel dúo, resultando a primeira formación como NIGHTNOISE. O primiero album, como tal, do cuarteto foi Something of Time [Winddam Hill, 1987].

Para min, eses dous albumes, son os mellores publicados por estes artistas. Música folk, de cámara, antigua e, sobre todo, maxia, conflúen nestas dúas alfaias sonoras dos oitenta.

A estes dous traballos lles seguen At the End of the Evening [1988], The Parting Tide [1990] e o recompilatorio A Windham Hill Retrospective [1992]. Precisamente neste álbum, Oskay abandona a banda que é sustituido polo violinista escocés Johnny Cunningham. Con esta nova formación publican: Shadow of Time [1994], A Different Shore [1995] e The White Horse Sessions [1997]. Coincidindo con ese último lanzamento, Cunningham abandona a banda sendo substituido polo violinista irlandés John Fitzpatrick.

Nightnoise se disolven oficialmente a finais de 2003 cando, aos 46 años anos, o violinista
Cunningham falece dun ataque al corazón. Xa en xullo de 2006, un dos seus fundadores,o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, morre na súa casa de Dublín, por causas das que non existe demasiada información, mais se comenta que sofre un accidente doméstico.

Sintonizamos. Tres da tarde, Radio 3 [RNE], Dialogos 3, Ramón Trecet...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...