11 de setembro de 2013

Comeza a nova grelha de Rádio FilispiM, 2013/2014

O inicio das emisións da novena grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM será o sábado 14 de setembro a partir das 12:00 h. na traseira do Mercado de Caranza, no trancurso da XIV Sesión Vermú. Contará coas voces protagonistas da nova grella 2013/2104, nun programa especial que se emitirá en directo, dende as 12:00 h. do mediodía. A festa da radio acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio. Como xa é habitual, o principal instrumento do Colectivo Opaii!, Rádio FilispiM, oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para participar da radio.

As persoas interesadas deben enviar as súas propostas radiofónicas ao enderezo filispina@gmail.com No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, se atopa toda a información relativa ao mesmo. Rádio FilispiM, é unha radio libre e comunitaria enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) e na Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC),  que vén de cumprir oito anos de emisóns ininterrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que no trancurso destes case nove anos, pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca. Grazas pola difusión!.

5 de xullo de 2013

DIVERTIMENTO - CUAC FM recurre concurso licenzas Xunta - Galiza Ano Cero TV - Axenda festivais vrao - 04/07/2013


Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 4 de xulho de 2013.

Coma sempre, dúas horas de monstrosos CONTIUDOS: 

  • Conversa con Mariano Fernández Cabarcos (Cuac FM, comunitaria de A Corunha), quen nos conta a actualidade do recurso apresentado ao último concurso de licenzas de FM na Galiza.
  • Campaña de Verdegaia contra o atropelo nas estradas da fauna salvaxe. 
  • Axenda de festis de vrao no País galego. 

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Emisión:  Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra). Cuac FM, 103,4 FM (A Coruña). Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).



21 de xuño de 2013

DIVERTIMENTO - CUO, Comités pola Unidade Obreira (Galiza) - CARRERO BIANCO, "Horror, horror!" - 20/06/2013


DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 20/06/2013.

Contidos:
  • Conversa con Josechu integrante de C.U.O. Galiza (Comités pola Unidade Obreira), que nos explica quen son e o porque da súa organización.
  • Entrevista especial con tres dos catro integrantes de CARRERO BIANCO (Toni, Quincho e Carlota), apresentando a súa nova demo, adianto do seu novo álbum: "Horror, horror!". Electro pop alienígena dende Ferrol.
  • Axenda Divertimento.
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.

31 de maio de 2013

DIVERTIMENTO - Vivendas de Recimil - ContraMinACCIÓN! - Carga de Dignidade - 30/05/2013

Cartazes de Carga de Dignidade e da Rede ContraMinACCIÓN!.

Divertimento para pequenos monstros, edición do xoves 30 de maio de 2013.

Contiúdos:
  • Persoas afectadas pola desidia do PP no Concello de Ferrol, demandan a adxudicación das vivendas do bairro de Recimil dunha vez.
  • Rede ContraMinaACCIÓN!. Conversa con Nela Abella da asociación ecoloxista Verdegaia, ante a venda da nosa paisaxe a multinacionais estranxeiras.
  • Carga de Dignidade, acción en Ferrol do Colectivo Radio Buguina xurdido da estela de Burla Negra, ante o desastre socio-laboral provocado polas políticas neoliberais do PP. Conversa con Pepe Barro.
  • Axenda Divertimento.
Apresenta: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

Programa completo:


Conversa con Nela Abella da Rede ContraMinaACCIÓN:


Conversa con Pepe Barro do Colectivo Radio Buguina:

17 de maio de 2013

DIVERTIMENTO - Lazos precisa axuda - Noelia Cotelo, privada de dignidade - IV Aniversario Casa Okupa Estación de Pontedeume - 16/05/2013


DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 16/05/2013.

Dúas horas de raibosos contidos:
  • O Comité Antisida LAZOS de Ferrol precisa axuda para seguir mantendo o servizo de almorzos para quen o requira, pola súa situación de desamparo.
  • No estudio, integrantes da Casa da Estación de Pontedeume, comentan os actos do IV aniversario do CSO eumés. Ademáis falamos da coruñesa Noelia Cotelo, privada de liberdade e cuxa nai participará nun dos actos desta fin de semana.
  • A iniciativa popular "Valentín Paz-Andrade"; ollando cara a lusofonía. 
  • Axenda de concertos Divertimento.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

9 de maio de 2013

DIVERTIMENTO - Autoorganización social e anarquismo. XI Xornadas Libertarias. Ferrol - 02/05/2013


Programa especial de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, no que reproducimos en diferirdo a charla titulada AUTO-ORGANIZACIÓN SOCIAL E ANARQUISMO, impartida por integrantes de UNIÓN LIBERTARIA de Ferrol o pasado xoves 2 de maio de 2013 no Espazo Libertario da Avda. de Esteiro (Ferrol), dentro das XI XORNADAS LIBERTARIAS.

Toma de son: Ana Lucecú & Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio FilispiM (Ferrol), rádios libres e comunitarias de GZ.

3 de maio de 2013

DIVERTIMENTO - Especial CNT Ferrol - XI Xornadas Libertarias - 03/05/2013


Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, cunha durazón máis breve do habitual, adicada na súa  integridade a actividade anarco-sindical da CNT na comarca de Ferrol.

Ademáis, falamos do 1º de MAIO e retomamos a última hora do caso "Cafetaría Warhol" e outros nos que a organización anarco-sindical está implicada na defensa dos dereitos dos traballadores.

Para finalizar, fixermos historia do movimento libertario nas últimas décadas na nosa comarca e rematamos falando das XI Xornadas Libertarias que se levan ao cabo estes días no Espazo Libertario no bairro de Esteiro.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio Filispim (Ferrol).


12 de abril de 2013

DIVERTIMENTO - Colectivo Poesía Salvaxe, Rede Social de Ferrolterra, Zan Hoffman & Manchita Cosa - 12/04/2013



Contidos:
  • VI Semana da Poesía Salvaxe en Ferrol (24 ao 27 de abril, 2013). Posible contacto extraterrestre.
  • Conversa con INACIO MARTÍNEZ, quen nos falará do movimento cidadá xurdido a partir do FORO SOCIAL DE FERROLTERRA (Encontro Social, Rede de Apoio Mútuo, Stop Desafiuzamentos, Cooperativa de Consumo Armeria...).
  • Conversa con SUSO EIROÁ, do bar MANCHITA COSA de Ferrol, quen falará deste espazo de ocio na nosa comarca e da súa programación cultural, e da inminente actuación do músico ZAN HOFFMAN e o seu proxecto BODYCOCKTAIL, quen comeza a súa xira galega o mércores 17 de abril no Manchita 
  • Axenda de Concertos.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión en: Rádio Filispim (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) & Cuac FM (A Coruña).



Zan Hoffman (Body Cocktail) comeza o mércores 17 de abril a súa xira galega no Manchita Cosa (R/ Madalena, Ferrol). Consulta neste enlace o resto das datas.

22 de marzo de 2013

DIVERTIMENTO - O Modelo Sindical a Debate (COG, CUO, CIG, CNT, El Militante) - 22/03/2013

Traballadores ante o mesmo precipicio...

Nesta edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, oferecémosvos o audio íntegro de "O MODELO SINDICAL A DEBATE", acto organizado pola Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao o pasado 7 de marzo de 2013 na EOI de Ferrol, dentro das xornadas conmemorativas do 10 de marzo do 72. 

No debate participaron organizacións con implantación na nosa comarca: 

  • Daniel Ferreiro (COG, Central Obreira Galega).
  • Antonia Martínez (CIG).
  • José Placer (CUO, Comités pola Unidade Obreira).
  • Xabi Porto (CNT).
  • Javier Losada (El Militante).
Os responsábeis comarcais das organizacións CCOO, UGT e USTG, pese ao convite, disculparon a súa ausencia no debate por motivos de axenda. 

Rexistro do audio: Divertimento para pequenos monstros, Rádio FilispiM.


Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.

15 de marzo de 2013

DIVERTIMENTO. 10 anos de Ábretedeorellas na rade - Pablo Portero, proxecto Zeca - Stop Desafiuzamentos Ferrolterra - 14/03/2013

Stop Desafiuzamentos
Edición de Divertimento para pequenos monstros do xoves 14 de marzo de 2013.

Contidos:
  • No estudio Pepe Cunha, quen nos fala dos 10 anos do portal de información musical Ábretedeorellas.com (dende o m. 05). Ao final se produce un dó, PP Vs PP (xPP).
  • No estudio Pablo Portero, quen nos fala da presentación o vindeiro xoves 21de marzo no Ateneo Ferrolán do documentario Proxecto Zeca, dentro das Xornadas de mostra de documentarios (dende o m. 30). Ademáis, lle tiramos da lingua...
  • Helena Casal e Chus Lois da Plataforma STOP Desafiuzamentos Ferrolterra, comentan a campaña de información e apio á ILP (iniciativa lexisltiva popular) entre os Deputados do Parladoiro español (dende o m. 60). Ademáis, informan de como colaborar coas persoas que está a piques de ser desafiuzadas...
  • Axenda Divertimento (dende o m. 90).
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM en Ferroterra. En Compostela, Rádio Kalimera, 107.9 FM





Video: campaña concienciación políticos insensíbeis do PP (e asimilados)...

8 de marzo de 2013

DIVERTIMENTO - Especial 10 marzo 1972. Palestra de Eliseo Fernández e Bernardo Maiz - 08/03/2013

Cartaz das Xornadas 10 de março, organizadas por Chimarrao e Artábria.

A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao,  dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán,  unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica". Nela, o investigador Eliseo Fernández e o historiador Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista,  Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García.

O programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, rexistrou ese audio que hoxe vos oferecemos. Un documento imprescindíbel para coñecer a história que fixemos nós...



 Descarga aquí o programa con máis cualidade: Download episode

28 de febreiro de 2013

Off Mental (músicas sen fronteiras) estrea blog temático, http://offmental.blogspot.com

fai clic na imaxe para teletransportarte...

A serie Off Mental ten xa o seu propio blog: http://offmental.blogspot.com, que acollerá en exclusiva todos os programas de radio Off Mental, outras músicas e similares.

Deste modo, o blog que agora visitas, http://pequenosmonstros.blogspot.com, se especializará nos contidos da serie Divertimento para pequenos monstros, información relacionada co mundo das radios libres e comunitárias e contrainformación en xeral.

Grazas a todos pola difusión e disculpade as molestias, mais pensamos que deste xeito todo estará muito mellor organizado, cada serie co seu propio sitio web.

80 Vinilos/h estrea blog temático, http://80vinilos.blogspot.com

fai clic na imaxe

A serie 80 Vinilos/h ten xa o seu propio blog: http://80vinilos.blogspot.com.es, que acollerá en exclusiva todos os programas de radio da serie 80 Vinilos/h e similares.

Deste modo, o blog que agora visitas, http://pequenosmonstros.blogspot.com, se especializará nos contidos da serie Divertimento para pequenos monstros, información relacionada co mundo das radios libres e comunitárias e contrainformación en xeral.

Grazas a todos pola difusión e disculpade as molestias, mais pensamos que deste xeito todo estará muito mellor organizado, cada serie co seu propio sitio web.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...