Movida Ferrolá, Sala Super 8 |
Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.
- 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...
- 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*. En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.
- Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunde: Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM
Difunde: Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM