Rescatado dunha vella cita de casete, no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, un dos primeiros concertos no Estado español da formación de world-music, PAUL WINTER CONSORT, celebrado no Palacio de Congreso e Exposiciones de Madrid o venres 25 de xaneiro de 1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día.
O concerto foi organizado polo Club de Música e Jazz San Juan Evangelista e etiquetado pola organización coma "New Age", e estaba dentro dunha xira que aquel ano o levaría por diversas cidades do Estado, incluida Compostela.
Os comentarios, durante a retransmisión, foron realizados por José Miguel López [Discópolis], que estaba no propio concerto, e Jesús Ordovás [Diario Pop], que estaba nos estudio de Radio 3 [RNE].
Nesta ocasión o Paul Winter Consort, estaba conformado polos músicos:
- Paul Winter, saxo soprano.
- Paul Halley, piano.
- Eugene Friesen, violonchelo.
- Rhonda Larson, frauta.
- Glen Vélez, percusón.
Con respeito da catalogación da música de Paul Winter coma "New Age", no transcurso dunha charla-coloquio organizada polo Club Musical Delta da Universidade Politécnica de Madrid [UPM], poucos días antes do concerto, transcrita no fanzine En Cintas Vírgenes [marzo de 1991], o propio autor comenta o que segue:
"Onde quixer que haxa unha nova tendencia en EE.UU, o negocio da música comercial aparece. No transcurso dos 25 anos que levo fazendo música, vin nacer ao redor de dez ou doce etiquetas diferentes para catalogar un tipo de música, do mesmo xeito que as vin desaparecer. É moi difícil que unha etiqueta describa correctamente un tipo de música. Normalmente non me importa como a xente chame a miña música mentres a escoite. Se hai unha etiqueta que particularmente impide escoitar a nosa música, preferimos que non nola atribúan. New Age, en EE.UU, convertiuse nunha etiqueta asociada coa música creada ´nas nubes´, e nós, que sempre fixemos reverencia a Terra [Gaia], as raigumes, preferimos chamala Earth Music. Ao sermos unha banda acústica somos especiais, pois a música electrónica dominou claramente a cultura occidental nos últimos 20 anos. Cando a xente escoita a nosa música acústica pensa que ouven algo novo e conclúen que como tocamos música acústica durante 25 anos, debemos ser os inventores da New Age music, mais, eu digo que os instrumentos acústicos levan sobre a faz da terra milleiros de anos e nós non os inventamos [..]".
O Paul Winter Consort é unha formación multicultural fundada no ano 1967, liderada polo saxofonista e destacado activista medioambiental Paul Winter [Altoona, Pennsylvania, 1939]. O grupo mistura elementos da música de cámara, jazz e world-music, así como vozes de animais [lobos, baleas...] e da natureza. Ao longo dos anos pasaron pola formación outros músicos, que conformaron o denominado Consort: David Darling, Paul Mc Candless, Ralph Towner, Glen Moore, Collin Walcott [todos estes tambén integrantes da formación de Jazz Fusión OREGÓN], Nancy Rumbel, Jim Scott, Russ Landau, Susan Osborn, Oscar Castro-Neves, Nóirín Ni Riain, Davy Spillane... Moitos deles gravaron para o selo Living Music, creado polo propio Paul Winter para a edición dos seus traballos.
Unha crónica daquel concerto, do diario El País, atoparás nestoutro enlace, http://elpais.com/diario/1991/01/27/cultura/664930804_850215.html
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)
Imaxes: Paul Winter Consort / Tiquet entrada orixinal concerto Paul Winter Consort, Palacio Congresos, Madrid, 25/01/1991, tirada do blogue: http://rogicas.blogspot.com.es/1991/01/paul-winter-consort-en-el-palacio-de.html.