
O motivo desta carta é invitarche ao V Encontro da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) que realizaremos na cidade de Barcelona os días 6, 7 e 8 de novembro de 2009.
A ReMC, da que forma parte a televisión da ACS, naceu fai catro anos co propósito de construír unha rede na que recoller as experiencias das radios libres, das televisións comunitarias, emisoras on-line e medios alternativos de todo o Estado espanhol.
Na súa xestación, unha trintena de proxectos de Andalucía, Asturias, Galiza, Castela A Mancha, Castela e León, Murcia, Valencia, Madrid, Canarias, Euskadi, etc. iniciaron distintas accións como o intercambio de contidos vía web, grupos de traballo en coordinación coa rede ou a redacción de propostas para a nova Lei do Audiovisual.
En maio deste 2009, a ReMC constituír legalmente, autodefiniéndose como un espazo de organización e traballo conxunto entre os medios do terceiro sector da Comunicación, entendendo a estes como:
1. Actores privados que teñen unha finalidade social.
2. Xestionados por organizacións sociais de diverso tipo.
3. Orientados a satisfacer as necesidades de comunicación e a habilitar o exercicio do dereito á información e liberdade de expresión das persoas integrantes de comunidades determinadas, sexan estas territoriais, etnolingüísticas ou de intereses, ante as cales son responsables.
4. Abertos á participación o máis ampla posible respecto a propiedade do medio e o acceso á emisión, así como ás diversas decisións de programación, administración, operación, financiamiento e avaliación.
5. Que non teñen fins de lucro.
6. Que non realizan proselitismo relixioso nin político.
Logo dos encontros en Madrid (2005), Salamanca (2006), Toledo (2006) e Bilbao (2007), a ReMC convócache en novembro de 2009 ao quinto encontro, que vai ser en Barcelona e contará cun centenar de representantes dos distintos medios libres, comunitarios e alternativos de todo o Estado.
No marco desta convocatoria, tamén terá lugar a segunda reunión dos medios comunitarios cataláns.
Podes consultar aquí o programa dos encontros e demáis info: http://medioscomunitarios.net/barce...
Para asistir, non é necesario ser membro da ReMC. Se consideras que este é un espazo que pode contribuír ao fortalecemento do proxecto, entidade ou colectivo no que participas e se pensas que co traballo en rede podemos fortalecernos, entón agardámoste.
Contamos con vosotrxs! Saúdos,
Okupem lles Ones, A Tele da Assemblea per a Comunicación Social.
Pra rematar con vós, deixámosvos con este video documentario do que aconteceu na III Encontro de Medios Comunitarios, no ano 2006 en Toledo. Até nos ver monstrxs!