9 de maio de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] programa 27

Juan Alberto Arteche Goal en acción [Finis Africae].
Programa Nº 27 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- FINIS AFRICAE - Hybla [Prima Travesía, 1984].
- FINIS AFRICAE - Entrada en el parque: los pobres del mundo tocan el bombo [Un día el el parque, 1985].
- FINIS AFRICAE - Doble reflejo de la luna en el agua [Un día el el parque, 1985].
- FINIS AFRICAE - Los colores de mis botas [Un día el el parque, 1985].
- FINIS AFRICAE - Ceremonia mágica en el estanque [Un día el el parque, 1985].
- LUIS DELGADO - Kotubia [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Xmaal Fnaa [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Reflexión) [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El desierto, realidad y espejismo [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El tambor del sol [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - El baño lustral [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Gaudí en Capadocia (Profecía) [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Itinerario de un campeón [Alquibla, 1988].
- LUIS DELGADO - Ver sin ser vista (La mujer en el Islam) [Alquibla, 1988].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Finis Africae nun concerto en  Lanzarote, ano 1996. Juan Alberto Arteche, Markus Breuss, Javier Bergia e Juan Carlos Fdez, cada quen ao seu...

Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

6 de maio de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - EUGENE FRIESEN - Earth Requiem [1992]

Seguimos a dixitalizar edicións de DIÁLOGOS 3 [Rádio 3-RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.

Nesta ocasión especial gravación da misa Earth Requiem [Stories of Hope], composta polo violonchelista do Paul Winter Consort, EUGENE FRIESEN, no ano 1992.

Esta gravación, efectuada en directo nunha pequena Igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU], non chegou a ser publicada en ningún formato.

A EUGENE FRIESEN, no violoncelo, lle acompaña o coro habitual da Catedral St. John the Divine [NYC] dirixido por Paul Halley que tambén toca o piano, ademáis de Glen Vélez a percusón e outros músicos habituais no Consort de Paul Winter.

No programa, Trecet, reproduce e comenta esta gravación, que en formato cinta, lle achegara o propio EUGENE FRIESEN ao pouco tempo de ser gravada.


EUGENE FRIESEN, naceu no ano 1952. Graduado na Yale School of Music, forma parte do Consort do saxofonista Paul Winter, dende o ano 1978. Ademáis é parte da formación Trio Globo, xunto a Howard Levy e Glen Vélez. É profesor asociado do Berklee College of Music en Boston, Massachusetts.

Actualmente vive en Vermont coa súa dona, Wendy, e o seu fillo. FRIESEN, xunto a súa dona é propietario dunha produtora sen ánimo de lucro, Sonoterra Productions.

Ademáis das súa participación creativa en moitos dos trabalos publicados polo Paul Winter Consort, a música de EUGENE FRIESEN, publicada até hoxe, é a que segue.

En solitario:
- Arms Around You [Living Music, 1989]
- The Song of Rivers [Fiddle Talk Music, 1998]
- In the Shade of Angels [Fiddle Talk Music, 2003]
- Sono Miho [Fiddle Talk Music, 2005]
- Pure Water, Potry of Rumi con Coleman Barks [Fiddle Talk Music], 2008]
- Colorful Trasitions, 2009

Co pianista Paul Halley:
- New Friend [Living Music, 1986]

Coa banda de "metal" Dream Theater:
- Vacant [Dream Theater´s Train of Thought, 2003]

A obra que hoxe ouviremos, a misa Earth Requiem [Stories of Hope], foi composta no ano 1992 por EUGENE FRIESEN, gravada como ouviredes, mais nunca publicada. 

Sintonizamos. Unha tarde de 1993, Radio 3 [RNE], tres da tarde. Diálogos 3, Ramón Trecet

:Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Imaxe: Eugene Friesen.

4 de maio de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - Programa 26

Álbum Inventions for Electric Guitar, 1975 - ASH RA TEMPEL [Manuel Gottshing].
Programa Nº 26 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- ASH RA TEMPEL (Manuel Gottshing) - Echo Wawes (extracto) -  [Inventions for Electric Guitar, 1975].
- MANUEL GOTTSHING - E2-E4 (extracto) - [E2-E4, 1981].
- ASH RA TEMPEL (Manuel Gottshing & Wolfgang Müller) - Darkness/Flowers must die (extracto) - [Schwingungen, 1972].
- ASH RA TEMPEL  (Manuel Gottshing & Klaus Schulze) - Amboss (extracto) - [ASH RA TEMPEL, 1971].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)




Video: Remistura da peza E2-24 de Manuel Gottsching, coa fantasmagórica intervención de Laurie Anderson [Mondo Disco Edit].
Offmentalizate! facebook

3 de maio de 2012

DIVERTIMENTO - Novas - Debate "Participación Cidadá en Ferrol" - Axenda concertos [03/05/2012].


Edición do xoves 03/05/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:

- NOVAS:
a) 3 de maio, día mundial da Liberdade de Prensa.
b) 12 de maio, toma a Rúa!
c) A xestión dos "espazos culturais de Ferrol" outorgados a empresa da irmá de Feijoo.


- DEBATE: "Participación cidadá en Ferrol". Coa presenza no estudio de vozes diversas: Alexandre Carrodeguas, Marichi [Muiño do Vento], Sergio [Mov. 15M] e Iván Rouco.


- AXENDA de concertos.
DIVERTIMENTO, para pequenos monstros. Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Para todo o mundo, STREAMING en http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg


Audio: programa completo:


Audio: reportaxe sonora 1º maio 2012 en Ferrol:


Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

29 de abril de 2012

PAUL WINTER CONSORT - Palacio de Congresos y Exposiciones de Madrid - 25/01/1991 [Radio 3-RNE]

Rescatado dunha vella cita de casete, no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, un dos primeiros concertos no Estado español da formación de world-music, PAUL WINTER CONSORT, celebrado no Palacio de Congreso e Exposiciones de Madrid o venres 25 de xaneiro de 1991, según a retransmisión en directo de Radio 3 [RNE], ese mesmo día.

O concerto foi organizado polo Club de Música e Jazz San Juan Evangelista e etiquetado pola organización coma "New Age", e estaba dentro dunha xira que aquel ano o levaría por diversas cidades do Estado, incluida Compostela.

Os comentarios, durante a retransmisión, foron realizados por José Miguel López [Discópolis], que estaba no propio concerto, e Jesús Ordovás [Diario Pop], que estaba nos estudio de Radio 3 [RNE]. 

Nesta ocasión o Paul Winter Consort, estaba conformado polos músicos:
- Paul Winter, saxo soprano.
- Paul Halley, piano.
- Eugene Friesen, violonchelo.
- Rhonda Larson, frauta.
- Glen Vélez, percusón.

Con respeito da catalogación da música de Paul Winter coma "New Age", no transcurso dunha charla-coloquio organizada polo Club Musical Delta da Universidade Politécnica de Madrid [UPM], poucos días antes do concerto, transcrita no fanzine En Cintas Vírgenes [marzo de 1991], o propio autor comenta o que segue:

"Onde quixer que haxa unha nova tendencia en EE.UU, o negocio da música comercial aparece. No transcurso dos 25 anos que levo fazendo música, vin nacer ao redor de dez ou doce etiquetas diferentes para catalogar un tipo de música, do mesmo xeito que as vin desaparecer. É moi difícil que unha etiqueta describa correctamente un tipo de música. Normalmente non me importa como a xente chame a miña música mentres a escoite. Se hai unha etiqueta que particularmente impide escoitar a nosa música, preferimos que non nola atribúan. New Age, en EE.UU, convertiuse nunha etiqueta asociada coa música creada ´nas nubes´, e nós, que sempre fixemos reverencia a Terra [Gaia], as raigumes, preferimos chamala Earth Music. Ao sermos unha banda acústica somos especiais, pois a música electrónica dominou claramente a cultura occidental nos últimos 20 anos. Cando a xente escoita a nosa música acústica pensa que ouven algo novo e conclúen que como tocamos música acústica durante 25 anos, debemos ser os inventores da New Age music, mais, eu digo que os instrumentos acústicos levan sobre a faz da terra milleiros de anos e nós non os inventamos [..]".

O Paul Winter Consort é unha formación multicultural fundada no ano 1967, liderada polo saxofonista e destacado activista medioambiental Paul Winter [Altoona, Pennsylvania, 1939]. O grupo mistura elementos da música de cámara, jazz e world-music, así como vozes de animais [lobos, baleas...] e da natureza. Ao longo dos anos pasaron pola formación outros músicos, que conformaron o denominado Consort: David Darling, Paul Mc Candless, Ralph Towner, Glen Moore, Collin Walcott [todos estes tambén integrantes da formación de Jazz Fusión OREGÓN], Nancy Rumbel, Jim Scott, Russ Landau, Susan Osborn, Oscar Castro-Neves, Nóirín Ni Riain, Davy Spillane... Moitos deles gravaron para o selo Living Music, creado polo propio Paul Winter para a edición dos seus traballos.

Unha crónica daquel concerto, do diario El País, atoparás nestoutro enlace, http://elpais.com/diario/1991/01/27/cultura/664930804_850215.html

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Imaxes: Paul Winter Consort  /  Tiquet entrada orixinal concerto Paul Winter Consort, Palacio Congresos, Madrid, 25/01/1991, tirada do blogue: http://rogicas.blogspot.com.es/1991/01/paul-winter-consort-en-el-palacio-de.html.

27 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] programa 25

Portada do sampler Music Without Frontiers. Venture Records [Virgin], 1987.
Programa Nº 25 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


Neste programa:
- PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Memories [Fragments. ECM, 1986].
- PAUL BLEY (piano) & John Surman (saxo), Bill Frisel (guitarra), Paul Motion (percusión) - Monica Jane [Fragments. ECM, 1986].
- HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo] - Guten Morgen [Momenti Felici. Venture, 1987].
- HANS JOACHIM ROEDELIUS & Alexander Czjzek [saxo]- Pas de Deux [Momenti Felici. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Celebration [Celebration. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - Folk Song (Chic Corea) - [Celebration. Venture, 1987].
- EDUARDO NIEBLA & ANTONIO FORCIONE - For Vic [Celebration. Venture, 1987].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Unha pasaxe do álbum Momenti Felici de Hans Joachim Roedelius. Venture Records, 1987.

offmentalizate! na nosa páxina en Facebook.

23 de abril de 2012

DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] - Evolución da música electrónica [Cap.2 Isao Tomita] - 02/02/1992

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón Isao Tomita.

Se na primeira parte deste especial falamos dos instrumentos, nesta nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista, Tomita.

En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos. A música Tecno, vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.

Naqueles anos, Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], tambén alemás, que editan o álbum Alpha Centauri [1971], nunha época donde o impacto da carreira pola conquista do espazo fica en evidencia no panorama músical e na sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo outras das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tambén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta Krautrock [ou Kosmiche Musik], xurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60; un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural. 

Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Así é como xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [tanto estética coma políticamente falando] da historia da música "popular", o KrautrockAqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan moitos dos que hoxen a disfrutan [pensando que todo o que ouven naceu sen maís], sen saber que no seu berze están mesmo as comunas libertarias de Munich do 1968.

Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con collage de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou música oriental.

As bandas daquel Krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, bandas coma Cluster [Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que xa na década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos.

Mesmo, naquel movimento Krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:

1.  A Escola de Berlín, se refire ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Se tende a identificala coa Kosmiche Music [música cósmica, planeadora].

2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e ritmicas liñas de baixo, acompañdas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sendo as obras fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.

O certo é que a popularidade do Krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral da súa época foi escasa. Iso si, anos despois bandas de todo o mundo se verían influenciadas por moitas das aportacións daquelas formacións alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.

De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da nova música, atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.

En inglaterra Pink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].

En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child se disolve, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, a fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal L´Apocalypse des Animaux [1973].

Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" de LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a ponto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos.

Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do leste comezan a  darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o xugoslavo Laza Ristovski, o alemá oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.

Daquela, a tecnoloxía en materia de instrumentos electrónicos avanza de maneira significativa, en apenas un par de anos e segue a popularizarse o seu uso en bandas que pouco o nada tiñan que ver con aquel incipente movimento. Un exemplo é o do grupo folk-rock norteamericano, Creadence Clearwater Revival, quen publica algunhas pezas con rasgos inusuais, coma o caso da titulada Pendulum [1970], de carácter experimental.

Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974], un canto ás autoestradas, que da a coñecer o Tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizan o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, como una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.

Seguimos nos mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de películas de terror.

Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica como non se oira até daquela.

Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon [1975] in the Malaysian Pale, un complexo e innovador traballo.

Nos finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis oló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos. 
Volvendo a mediados dos 70, o grego Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios, que  dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975]. Unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos van ser os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora dos alemás do krautrock. Unha proba sonora de que a música electrónica, non ter porque ser fría, sinistra e robótica, senón, que se cadra, pode transmitir emoción e sentimento en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica.

E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose a fazer versións electrónicas de pezas de música clásica, substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.

Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 [acaba de cumprir 80 anos] e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestación e composición mentres estudia historia da arte na Universidade. Graduase no ano 1955 e se convirte en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para o equipo ximnástico nipón.

A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpretaba música clásica cun sintetizador Moog. Isao Tomita, non dubida en mercar un Moog III e comeza a montar o seu estudio doméstico. As súas primeiras pezas son arranxos para sintetizador de obras do compositor francés do XIX, Claude Debussy. De aí resulta o álbum Snowflakes are Dancing [1974], que se convirte en grande éxito. A versión, nel contida, do Arabesco nº 1, se utiliza na serie de TV de astronomía, Star Hustler. No Estado español, se fixo famosa nos oitenta por ser a música da cabeceira do extraordinario programa de TVE El Planeta Imaginario, un espazo experimental para todos os públicos, cuxo innovador formato ficou na memoria de toda unha xerazón.

Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada Klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, coma The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.

Xa en 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, neste caso orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestas tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 se publicou en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa no ano 2003 en recoñecementos dos logros acadados na música polo autor.

A obra musical de Isao Tomita é cuantiosa e pode consultarse neste enlace.

Tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Segunda metade do especial dos Inicios da Música Electrónica [Isao Tomita] según Ramón Trecet. Sintonizamos...

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)



Texto adaptado de: 
Outros enlaces interesantes:
- http://www.scannerfm.com/actualidad/%C2%BFque-es-el-krautrock/

Imaxes: Isao Tomita / Promo documental BBC Krautrock "The Rebirth of Germany" / Sinte da época / Isao Tomita.

20 de abril de 2012

DIVERTIMENTO - A Xunta de Galicia búrlase de Narón - Sicofonías politoxicómicas - Encontros RR.LL en Asturies - Festival Fraternidade ao Zeca Afonso.

Edición do xoves 19/04/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Contiúdos:

- No estudio Patri [traballadora] e Oscar [voceiro pais e nais], da Comunidade Educativa das Garderías de Narón, denunciando inacción e burlas da Conselleira de Benestar, Beatriz Mato, da Xunta de Galicia, fronte ao inminente feche das tres únicas garderías do concello.


Ir a descargar


- Sicofonías político-tóxico-cómicas [salada de Monarcas, Condes Roas, Greves Gerais con salsa Pink Floid].


Ir a descargar


- Novas Divertimento. 
a) En Alcalá, Obispo homófobo e catódico subvencionado.
b) Máis obras na praza de España de Ferrol. Contención orzamentaria?. Donde? 


- Encontros de radios libres e Asemblea da Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC], en Asturies. Entrevista telefónica con Falo, Radio Kras [Xixón].


Ir a descargar


- Festival Terra da Fraternidade en Compostela, homenaxe ao Zeca Afonso. Entrevista con Pablo Portero.


Ir a descargar


- Axenda de concertos.


Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Para todo o mundo vía Streaming en http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

18 de abril de 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 24

Portada album de Geoff Smith & Nicola Walker-Smith, 15 Wild Decembers [1995]
Programa Nº 24 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - The Last of England [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Six Wings of Bliss [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- GEOFF SMITH & NICOLA WALKER-SMITH - Possed me [15 Wild Decembers. Sony Classical, 1995].
- ANNE CLARK - Killing Time [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK - Swimming [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK - Poem for a Nuclear Romance [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- ANNE CLARK & Viny Reilly - The Last Emotion [The Best of Anne Clark. Beehive Trading. Ltd, 1994].
- THIS MORTAL COIL - Acid, Bitter and Sad [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].
- COCTEAU TWINS - Crushed [Recomplilatorio: Lonely is an Eyesore. 4AD, 1987].

Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com (novo blog temático!)





Video: Remistura electrónica da peza Six Wings of Bliss, publicada no mesmo ano que o album que contiña a versión orixinal [15 Wild December, 1995]

offmentalizate!  Facebook.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...