Continuamos a recuperar edicións de arquivo de Divertimento para pequenos monstros, nesta ocasión:
- Especial adicado ao incendio, naquela altura baixo investigación policial, na entrada ao Ateneo Ferrolán. Intervención de Cris, traballadora do Ateneo, e chamada telefónica de Lupe Ces, activista social.
Conduce: André, Pequeno Monstro. Emisión: Rádio Filispim, libre de Ferrol.
Continuamos a recuperar edicións de arquivo de Divertimento para pequenos monstros, nesta ocasión:
- Segunda metade do especial adicado ao Día Internacional d@ Migrante, con información sobre a situación dos mal chamados Centros de Internamiento de Inmigrantes (CIEs) e un especial producido pola emisora irmá Radio Vallekas.
Audio da rolda de prensa do colectivo "Toma la Calle Ferrol" celebrada o 16/05/2011, condeando o acontecido o día anterior (15M 2011) na Plaça de Catalunya en Barcelona, falando da concentración cacerolada prevista para o día seguinte e xustificando o movimento que viña de xudir, 15M, en todo o Estado. Na rolda de prensa estaban presentes: Luis, Oscar, Martinha, Jota e xxx. Ao fondo da imaxe pode verse a Acampada Ferrol.
Corte de apenas minuto e medio de duración tirado do programa de Rádio FilispiM "Discontinuidade", realizado por Javi Malespina e Diego Barcia, onde Diego fala dos "chorizos" que está pensando preparar para contribuir ao V Conspirando por unha radio libre, celebrado en marzo de 2008 na Praza do Inferniño de Ferrol. En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia. En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia.
* Audio tirado do arquivo sonoro de Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).
Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."
Este programa especial está plantexado a modo de collage sonoro, co obxecto de que a ovinte se faga unha composición do acontecido naquel Maio de 2011, no Estado, País galego e, como non, Ferrol.
As reportaxes foron rexistradas polo Pequeno Monstro para o programa Divertimento, na Praza do Concello de Ferrol os días, 19, 20 e 28 de maio de 2011. Algúns destes rexistros son inéditos, non se difundiron até agora, polo que cobran especial relevancia. A actual coxuntura política, onde formacións nadas daquel 15M gobernan xa algunhas Institucións, mesmo teñen opcións de gobernar o Estado, lle dan a este documento un plus de importancia, canto a analisar como, cando e por que comezou todo.
A cronoloxía dos rexistro sonoros (según aparecen no programa) é a seguinte:
Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla(min. 00:40).
Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).
Selección musical:
- Bigott. Gravación realizada por Divertimento no Womad de Cáceres de 2011.
- Selección de hip-hop instrumental do selo Tú Pierdes (Yo Gano-Superego). Temas de Hyppaly, etc.
- Steve Reich.
- Andrew Poppy (...)
Condución, montaxe e edición de audio: Pequeno Monstro (13/05/2016)
(24/04/2009 - resubida) Co gallo do 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán, recuperamos esta conversa en Divertimento para pequenos monstros con Pilar Blanco, daquela responsábel da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolan, que realizamos con motivo da celebración dunha sesión vermú en apoio a entidade, naquel mes de abril de 2008.
Aquela conversa foi realizada dende o estudio "metro cadrado", o mítico primeiro estudio de Rádio FilispiM no Ateneo.
Volvendo a actualidade, Pilar Blanco, dentro das numerosas actividades que o Ateneo programa no seu 40 aniversario, participará na charla "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-hemeroteca do Ateneo"; unha biblioteca que, xunto ao seu patrimonio artístico, continúa baixo chave nuns contedores dunha empresa de mudanza dende o ano 2010, como consecuencia das obras de rehabitación do Ateneo por parte do Concello. Segue o programa actos do 40 aniversario do Ateneo neste enlace.
Pluralidade, tolerancia e diversidade, seguen a ser os principios do Ateneo.
Teño o prazer de vos apresentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. Nel compilarei todas as edicións de Diálogos que até agora publiquei no blog de Off Mental,e outras novas, que irei subindo paseniñamente.
As gravacións ás que teredes acceso son recuperadas e dixitalizadas do meu arquivo sonoro, rexistradas orixinamente en cita casete, que acompaño cunha pequena entrada introdutoria. A maioría delas foron emitidas nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE) apresentadas polo director do espazo, Ramón Trecet, e algunhas outras por Lara López. A caracteristica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (sí, durante un tempo Dialogos 3 se emitiu tamén en fin de semana) donde Ramón e Lara a aproveitaban para programar discos enteiros, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.