Mar Sánchez e Suso Pérez Lago, en Divertimento |
Edición do venres 9 de outubro de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contidos:
- O Colectivo ferrolán CGTH anda a cumprir 10 anos, e para cebralo programan unha festa para o vindeiro venres 16 de outubro na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Bala, Klute e Os Novos. Oscar e Olaia, integrantes de CGTH, estiveron no estudio...
- O mundo da DANZA e da DANZATERAPIA en Ferrol. Coa presenza do bailarín Suso Pérez Lago e da danzaterapeuta Mar Sanchez Fraga, que afondaron no mundo da danza e nos contaron as actividades para este novo curso e da áula de danzaterapia que impartirá Mar Sanchez a partir do xoves 15 de outubro.
- Recomendacións para a fin de semana...
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM.
Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.