Madrid. Marchas da Dignidade 22M, 2014 |
Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, donde persoas e Colectivos da Comarca de Ferrolterra e de Compostela, que participaron activamente nas Marchas da Dignidade en Madrid, 22M, cóntannos as súas impresións sobre o humano das mobilizacións, máis tamén do "divino"...
O programa contou coma convidados a Inacio e Daniel da Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra e da Columna caranzeira, así como a Lorena e Fran da CNT de Compostela. Como copresentador especial do programa estivo Miguel Castro. No transcorrer do programa interviron Celso e Jorge (Stop Desafiuzamentos de Ferrolterra) que se achegaron ao estudio para dar a súa opinión.
Ademáis, escoitamos música de Hechos Contra el Decoro, Todos tus Muertos, Aztlan Underground ou Nación Reixa ... A disfurtar.
Conduce: Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e Cuac FM.
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com