23 de outubro de 2012

Blogs doutras músicas interesantes na rede.


Esta é unha relación de blogs cos que me fun atopando na procura de información de artistas e músicas sen fronteiras das que gostamos por aquí. É unha colleita en bruto que se irá ampliando, diferente á seleccionada na columna da dereita; admítense suxestións. A rede é marabillosa, se profundamos nela atopamos xente marabillosa descubríndonos outras músicas, que non interesan aos medios de difusión de masas, por non responder a unha pretendida "comercialidade". Un grupo que te leva a outro, un selo que te descubre músicas, un artista cunha historia e así até o infinito, mentres lle pos banda sonora a túa vida, sen sabelo. Coma as estrelas máis anónimas, unhas irán morrendo, mentres outras nacerán, coma mesmo un ser vivo...


[ * ] novos enlaces

3 comentarios:

  1. ¡Deches no cravo!
    Ese é para mín o mais bonito que ten a rede.
    Dende que escomencei a usa internet, o que mais gustoume é o feito de que parace que empezas unha viaxe sen rumbo fixo, sobor de todo cando atopei os blogues.
    Un leva a outro, unha información a outra, buscabas sobor dun grupo pero estoutro tamén ten boa pinta e non o coñecía, a ver que din dél................
    Apaixoante. E eu ainda non me cansei de mirar.
    Saudos sintéticos.

    ResponderEliminar
  2. Si, é unha mostra diminuta do que hai na rede, cousas interesantísimas... que teñen vida propia. Durante algún tempo, procurando información, fun anotando enderezos nun folio e decidín pasalos a esta entrada porque corrían o perigo de perderse, e como dis, unha levou a outra... algúns dos blogs xa non existen como por ex. http://lascintasrecuperadas2.blogspot.com , mais o seu autor xa está a pensar en darlle continuidade dalgún xeito... é a resistencia mesma! ;)

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...