27 de xaneiro de 2012

DIVERTIMENTO - Sol. reapertura Oficina Inmigración Ferrol + Hispania, fábrica de lápis, non a demolición + Perversións democráticas [Cap. V]

Edición do xoves 26/01/2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan:
Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contiúdos:

- ENTREVISTA A SUSANA ALANIZ [Foro Galego de Inmigración], solicitando reapertura da Oficina de Inmigración no Concello de Ferrol.

- HISPANIA, FÁBRICA DE LÁPIS [e peines]. Nova demolición do noso Patrimonio amparado por un Concello, que paradoxalmente aspira a ser Patrimonio da Humanidade. Entrevista a Miguel Reimundez [Integrante do Colexio de Arquitectos de Galicia [COAG] e da Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello].

- NOVAS.
1) Xornalismo e os medios de comunicación, hoxe. Audio presentación libro “Contra la Neutralidad” de Pascual Serrano.
2) Manifesto polo cambio Cultural e Comunicativo [asinado en Tarragona].
3) Homenaxe a Amada Garcia [Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática], asasinada xunto a outros 7 loitadores pola liberdade en Ferrol, un 27 xaneiro de 1938.

- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [CAP. V]. A transición a democracia nos albores da CE do 78. [35 aniversario do asasinato de estudiantes da Universidade Complutense de Madrid e dos traballadores do despacho de abogados laboralistas de Atocha-Madrid].

- AXENDA de concertos.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.



Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...