14 de xullo de 2015

DIVERTIMENTO - Conversa con Fernando Fdez. Rego, autor do libro: "Andrés Do Barro, saudade..." - 10/07/2015

Fernando Fdez Rego e Andrea Lapique (foto: Pequeno Monstro)

Edición Especial (40 min. aprox.) do venres 10 de xullo de 2015 de "DIVERTIMENTO para pequenos monstros" en Rádio Filispim - Colectivo Opaii!,
  • Conversa con Fernando Fernández Rego, autor do libro "ANDRES DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España" (La Fonoteca, 2015), pouco antes da presentación do libro no bar Manchita Cosa de Ferrol. 

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & vía streaming en: http://opaii.blogspot.com
Tlfno directo: 981.37.10.40

23 de xuño de 2015

DIVERTIMENTO (extra) - Especial 10 anos de FilispiM, dentro da Maratón "A Filispina Tolea!" - 13/06/2015

Algunhas das persoas participantes no extra-Divertimento 

O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM.

Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos (setembro de 2003) onde, entre moita xente diversa, se lle deu forma a idea da primeira radio libre e comunitaria que emitiría dende Ferrol e Trasancos. Radio pertencente ao terceiro sector da comunicación, xestionada pola comunidade.

No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o André "Pequeno Monstro". Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo.

Longa vida a Rádio FilispiM!!

7 de xuño de 2015

DIVERTIMENTO - Milómanos (Milo e Manu) + Campaña apoio programa "Planeta Furancho" (Vituco Neira) - 05/06/2015

Ana Lucecú, Manu e Milo & banner do programa Planeta Furancho


Edición do venres 5 de xuño na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros...

CONTIDOS:
  • Na primeira hora do acudiron ao estudio da FilispiM, os integrantes da banda ferrolá MILÓMANOS, Milo e Manu, que co seu pop acústico e incisivo, conversaron e perpetraron pezas da súa primeira maqueta e algunha que outra sorpresa ao vivo... 
  • Na segunda hora, especial PLANETA FURANCHO, con conexións con Leonardo Fernández Campos (LEO ARREMECÁGHONA) e Xose Anton BOCIXA (ZENZAR), que nos falaron da campaña en apoio a continuidade de emisións na radio publica galega (Radio Galega Música) de Planeta Furancho, programa que até o pasado venres 29 de maio conducía Vituco Neira. Sumarémonos a campaña difundindo este novo episodio de "auto-odio" (á cultura propia do país) nos medios públicos de Galicia. 

Apresentan e conducen: Ana Lucecú o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio Kalimera, 107.9 e Rádio FilispiM, 93.9 FM, radios libres (GZ).
Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

27 de maio de 2015

DIVERTIMENTO - Especial blog "Infoderadio" e "La Ciudad en B" (Radio Betanzos) - 22/05/2015

Banner do blog Infoderadio e parte da equipa de La Ciudad en B (Radio Betanzos)

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, Radio Filispim 93.9FM, do venres 22 de maio de 2015.

Especial: "A radio local ferrolá mola mogollón (e a de Betanzos tamén)".

Contidos:
  •  Conversa con Roi Carballido, mantedor do blog Info de Radio, e pequena analise da "marabillosa" radio local na nosa comarca.
  •  Conversa cun dos integrantes do proxecto "La Cidad en B"; proposta cidadá de programa de radio que o Concello de Betanzos non está a apoiar, pese a ter coste cero e a que na actualidade a emisora, coma programación local, só emite os plenos do Concello.
  •  Ao final do programa Ana Lucecú e o Pequeno Monstro fixemos o gamberr@.
Conducen e apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre de Ferrol e Rádio Kalimera, 107.9 FM, libre de Compostela.

9 de maio de 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" - 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

17 de abril de 2015

DIVERTIMENTO - Ateneo Ferrolán, rolda de prensa + Plataforma de Ferrolterra contra do TTIP - 17/04/2015

Un instante do programa especial contra do TTIP

Edición do venres 17 de abril, na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
  • Na primeira hora falamos do ATENEO FERROLÁN, da solicitude de recoñecemento de responsabilidade patrimonial que veñen de presentar ao Concello de Ferrol. Escoitamos íntegra a rolda de prensa que o presidente do Ateneo, Eliseo Fernández, e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deron o pasado mércores no edificio do Ateneo Ferrolan.
  • Na segunda hora falamos do TTIP (Acordo Transatlántico de Libre Comercio), que negocian en secreto EE.UU., Canadá e a U.E. e que, de aplicarse, tería consecuencias directas sobre os nosos dereitos e liberdades individuais e colectivas (saúde, educación, en materia de lexislación laboral, medioambiental...). Para elo contamos no estudio con tres integrantes da Plataforma de Ferrolterra contra o TTIP, Rubén, Celso e Elvira. El@s, ademáis, anunciaron a convocatoria global para este sábado 18 de abril as 12:30 hrs., que en Ferrol terá lugar na  Praza do Concello.
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre


12 de abril de 2015

DIVERTIMENTO - Ruben Artabe_proxecto Cataratas + Especial Post Conspiratorio - 10/04/2015

Carrero Bianco no VII Conspirando  (03/04/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás"; nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...