24 de outubro de 2008

O Parlamento europeo vén de recoñecer a laboura dos medios de comunicación comunitarios.

O Parlamento europeo vén de recoñecer o aporte dos medios comunitarios e pide recoñecemento legal e medidas de apoio para o terceiro sector da comunicación.

Trátase da primeira resolución da Unión Europea que se adica específicamente aos medios comunitarios.

A resolución do Parlamento Europeo non é vinculante pero é un importante apoio para os medios comunitarios xa que a Resolución recoñece a labor que desempeñan estes medios e o seu aporte á pluralidade e por outra banda pide aos Estados da UE, o seu recoñecemento legal e medidas de apoio.

Esta resolución é de especial importancia en diversos países da UE ou en proceso de incorporación donde non se recoñece legalmente aos medios comunitarios e se dificulta o seu acceso ao espectro radioeléctrico (países da Europa do Este, ou mesmo o caso do Estado español).

O contido da resolución sinala que os medios comunitarios (denominados coma "terceiro sector da comunicación") son un medio eficaz de fortalecimento da diversidade cultural e lingüística, a inclusión social e a identidade local, promoven o diálogo intercultural, contribúen a acadar o obxectivo de mellorar a alfabetización mediática dos cidadáns mediante a súa participación directa na creación e a difusión de contidos, contribúen a reforzar o pluralismo dos medios de comunicación e fomentar a participación ciudadá no discurso público.

O Parlamento Europeo pide á Comisión e aos Estados membros que teñan en conta a Resolución á hora de definir nas súas normativas os medios do terceiro sector coma medios sen ánimo de lucro, responsábeis ante a comunidade e abertos á participación da comunidade.

Ademáis recomenda aos Estados membros que dean reconoñecemento legal aos medios do terceiro sector da comunicación (TSC) que apoien máis activamente estos medios e que "poñan ao dispor o espectro de frecuencias, analóxica e dixital, de radio y televisión, tendo en conta que o servizo prestado polos medios do terceiro sector da comunicación (TSC) non se van evaluar en termos de custe de oportunidade ou xustificación do custe de adxudicación do espectro, senón polo valor social que representa".

*Organismos europeos cada vez máis interesados nas políticas de comunicación dos estados membros*
A problemática dos medios comunitarios e as posibilidades que oferecen, comezan a estar na axenda dos organismos internacionais. Durante 2007, a Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo, encargou un estudo sobre o Estado dos Medios Comunitarios na Unión Europea.

Tamén está tendo a repercusión a Declaración conxunta sobre a diversidade na radiodifusión adoptada o 12 de decembro de 2007 polos Relatores da Liberdade de Expresión. Pola súa banda o Consello de Europa remata de publicar un informe sobre o Rol dos medios comunitarios na promoción da cohesión social.

Otros temas que estar a suscitar interés nos organismos internacionais son: en los organismos internacionales son:
- Pluralidad y diversidad de medios.
Tanto o Consello de Europa coma a Comisión Europea (UE) veñen de realizar estudio
s recollendo a situación nos Estados membros.

Ademáis o Parlamento Europeo aprobou recentemente unha Resolución sobre a concentración e o pluralismo dos medios de comunicación na Unión Europea. En concreto a 2007/2253(INI))
- Organismos independientes do audiovisual.
A Directiva de Servizos Audiovisuais obriga a todos os estados
membros a contar (antes de 2010) cunha Autoridade independente que se encargue de velar polos contidos televisivos. O Consello de Europa ven de emitir diversas Recomendacions e Declacións chamando aos Estados a contar con organismos independientes.






Nota: información facilitada por AMARC-Europa (Asociación de Radios Comunitarias-Europa.) Traduzón Pequeno monstro. Audio: rede Más Voces

22 de outubro de 2008

I Congreso Europeo de Mulleres e Radios Comunitarias.

A pasada fin de semán estivo protagonizada polo movimento das mulleres. Se en Vigo a Marcha Mundial das Mulleres convocaba as mulleres máis activas de todo o planeta, en Madrid, o Centro Cultural Conde Duque, acollía o I Congreso Europeo de Mulleres en Radios Comunitarias.

A cita non só estaba programada para as radialistas, senón que bastaba con ter interese en temas de xénero e comunicación. As compañeiras radialistas de Radio Vallekas, e o conxunto das mulleres integradas na URCM (Unión de Radios Libres e Comunitarias de Madrid), desenvolveron o traballo de organización, ademáis das compañeiras do programa de radio Nosotras en el Mundo que, por certo, podedes ouvir en Rádio FilispiM, coma un dos programas de produzón allea, que a libre da Terra de Trasancos redifunde.
Máis de 70 comunicadoras e periodistas de radios comunitarias da Irlanda, Franza, Suecia, Austria, Italia, Suiza, Alemaña e o Estado español, así coma organizacións de mujeres, xuntáronse en Madrid no primeiro Congreso Europeo de Mulleres en Radios Comunitarias.
Foi un encontro sen precedentes na Europa, cuxo obxectivo foi o intercambio de experiencias de comunicación, debater e analisar como as radios comunitarias poden potenciar xunto coas organizacions e movimentos de mulleres, a súa incidencia política e social no contexto local, estatal e global ao través de modelos de comunicación non sexista.
Un especial tempo de reflexión estivo adicado ao "Dereito á Comunicación" coma unha ferramienta para a igualdade e o contexto lexislativo no que se atopen as radios comunitarias, dende un punto de vista de xénero.

As políticas de xénero; a incidencia política das voces das mulleres mulleres; a radio comunitaria coma ferramienta de empoderamiento e a construcción de pontes de comunicacións coas mulleres do mundo, foron outros dos eixos temáticos dese congreso.
Entre as expertas que interviron coma ponentes estacamos a Sally Burch, directora executiva da Axencia Latinoamericana de Información (ALAI), especialista no tema de comunicación e novas tecnoloxías; Lourdes Muñoz de Santa María, deputada do grupo socialista, portavoz da Comisión de Sociedade da Información e vogal da Comisión de Igualdade; Geneviève Teyssier, Vicepresidenta do Sindicato Nacional Francés de Radios Libres, Begoña San José, Secretaria do Forum de Política Feminista no Estado español e Margaretta D'Arcy, dramaturga e pacifista irlandesa fundadora de Radio Pirate Woman.

Esto é todo pequen@s monstr@s. Ficades cun audio producido pola rede Mas Voces, coa análise e balanzo final do Congreso. Por certo, os reportes de Más Voces podédelos escoitar diariamente nos contrainformativos que tres veces ao día emite Rádio FilispiM, 93.9 FM en Ferrol (Galiza).


Hala! monstros, a pinchar a outro lado!

21 de outubro de 2008

Boy Elliot de planeta en planeta e toco porque me toca.

Lembrades ao fenés Boy Elliot, quen ía representar aos galegos e as galegas no festival de músicas minorizadas que este ano se celebrou en Laponia?

Pois así foi. Celebróuse o pasado sábado aló, na Laponia. Parece de coña, pero foi así. Testemuñas de excepción foron os da Radio Galega Música que retransmitiu o evento en directo.

Nós, a quinta feira, tentamos ter en directo ao Daniel Alonso (nome verdadeiro de Boy Elliot) para o programa Divertimento para pequenos monstros, de Rádio FilispiM. Mais andaba xa procurando o fenés o vó cara París, e as comunicacións nas pontes aéreas, como que non. Aínda así, intercambiamos un par de sms, e aproveitamos pra desexarlle muita sorte no máis aló.

Da propia retransmisión que fixo a Rádio Galega Música, esta tirado o seguinte audio, que os Boy Elliot and the Plastics Bags, teñen no seu Myspace. Nel podedes ouvir a emotiva presentación do grupo galego, o estupendo tema Planeta 19 en directo e, finalmente, a sentida ovación do respetábel. Para rematala, mentres ouvides o audio seguide a ler paseniñamente e a crónica do festival tirada do portal de Vieiros.

Get this widget | Track details | eSnips Social DNA


Vieiros. Redacción - 21:15 18/10/2008


Jacques Culioli gañou os premios do público e do xurado. Boy Elliott recibiron 23 puntos e unha intensa ovación.

O Liet Lavtuv non veu para Galiza. Pasadas as nove, o corso Jacques Culioli gañou o premio do público con Hosanna in excelsis, que nas últimas semanas realizara unha campaña moi intensa a través de Facebook e, a seguir, dominou con claridade os votos do xurado. O corso é falado por un cuarto de millón de persoas.

A votación do xurado foi unha loita moi rifada entre o representante corso e os asturianos de Dixebra, seguidos moi de cerca polos artistas de Mordovia, Mordens e pola lapona Elin Kaven. Os asturianos foron moi aplaudidos na súa actuación, que se abriu cun discurso moi político, anticapitalista e lembrando a loita obreira en Asturias, e que se pechou cun 'pola oficialidá'. Boy Elliott recibiu un total de vinte e tres puntos: 7 da representante Arbereshe, oito de Laponia e outros oito de Mordovia.

"Cantos de vós falades linguas minorizadas?". Os condutores da gala do Liet Lavlut iniciaban deste xeito o espectáculo, pouco despois das sete da tarde. A moderna e acolledora Casa da Cultura de Lulea estaba ateigada de público, que agardaba para ver e escoitar os once artistas participantes.

Ás sete e dez os Boy Elliott xa estaban listos para actuar. Os presentadores lembraron que o galego é falado por tres millóns de persoas, xusto antes de dar paso a Daniel Alonso, que nun perfecto inglés, produto dos anos vividos en Gran Bretaña ou Australia, explicou o significado da canción e dese 'Planeta 19', "o lugar no que queres estar, o lugar no que te sentes ben". Para rematar, unha chiscadela para o público local: "para nós, ese lugar é Lulea". Despois, unha actuación sen fallos, eléctrica, que pecharon cun "graciñas".

As once canción participantes foron:
1.Boy Elliott & the Plastic Bags Planeta 19 (Galiza)
2.Surunmaa Tulethan takashin(Meänkieli)
3.Gwennyn Bugale Belfast (Bretaña)
4.Jacques Culioli Hosanna in excelsis (Córsega)
5.Spasulati Botë e shurë (Arbereshe-Albanés)
6.Elin Kåven Abbas jaska (Laponia)
7.Jelte Posthumus & Pilatus Pas De wiete wyn hellet oan (Frisia)
8.Carnicats Oz dream (Friuli)
9.Yr Annioddefol Drysu (Gales)
10.Dixebra Indios (Asturias)
11.Mordens Good will blessing (Mordovia)

Viaxe accidentada. A chegada a Lulea non foi doada para os rapaces de Boy Elliott & The Plastic Bags. O avión de Vigo a Madrid saíu cunha hora de retraso, o que fixo que perdesen o enlace de Paris a Estocolmo. Tiñan pensado chegar a Lulea ás 15 horas e chegaron á 1 da mañá, máis de 20 horas dando voltas polos aeroportos, "de todas maneiras se non pasara isto non teríamos nada que contar", dicía Dani, o cantante e líder da banda.

En Lulea, os Boy Elliott salientaron a profesionalidade da organización e a boa amizade que fixeron cos asturianos Dixebra, ademais, da entrevista que realizaron para a BBC radio.

Pois nada máis, pequen@s monstr@s,
para rematar lembraros que aínda podemos fazer que o Planeta 19 de Boy Elliot, acade o premio do público. Podedes votar ao fenés ao través deste enlace. E coa mesma, marchamos a outro planeta, que xa toca.

Nota: na foto Boy Elliot e banda tocando en Laponia.

2 de outubro de 2008

Mapamundi, as músicas do mundo en Rádio FilispiM.

Desde finais de setembro, as emisións de Rádio FilispiM volven a carga, carregadas de novidades importantes, coma é o caso de Mapamundi, un programa de radio adicado ás músicas do planeta e arredores.

Deste xeito, ademáis de nas ondas madrilenas de Radio Ela e Radio Círculo, e as mexicanas de Radio Universidad de Guanajuato, alén das colaborazóns na RTBF (Radio Nacional de Bélxica), as músicas do Mapamundi chegan tamén as ondas ferrolás e trasanquesas.

En sucesivas entradas deste blog, iremoste dando a coñecer as novidades máis salientábeis da nova grella da radio libre e comunitaria da Comarca de Trasancos que transmite dende Ferrol.

De momento, monstr@s do mundo, sabede que os horarios de emisión de Mapamundi en Rádio FilispiM, 93.9 da FM, son: Martes: 21:00hs.- 22:00hs, Xoves: 10:00hs. - 11:00hs. e Sábado: 17:00hs. - 18:00hs. Non volo perdades!

Ficades coa seguinte video-reportaxe sobre Mapamundi, donde descubriredes máis sobre deles, nas súas propias vozes.


24 de setembro de 2008

De San Mateu ao ceu. Puxa Asturies!

Recén chegados de Ovieu, co estupendo sabor de boca que nos deixaron as festas de San Mateo e, claro, a gastronomía do lugar, queremos compartillar con vós algunhas das imaxes e emocións da pasada fin de semana polas terras irmás de Asturies.

As festas de San Mateu son moitas cousas, sobre todo moitas sensacións. Canto aos concertos musicais están repartidos entre as Pistas de San Lázaro e a Praza da Catedral. Estes últimos os máis interesantes e con entrada de balde. Ademáis, no Teatro Campoamor, comeza a temporada da Ópera, un dos acontecementos máis agardados polos amantes do bel canto no estado español.

Tentarei resumir na seguinte crónica, o que más nos fascinou das festas do San Mateo en Ovieu.

Chegamos o venres 19 de setembro a Pola de Siero, a 6 minutos en carro da capital astur, Ovieu. Hospedámonos no Hostal Jarana, un lugar recomendado pola cualidade prezo que ofrece: habitación para dous por 38 €/noite, en inmellorábeis condicións e situación (a seis quilómetros da capital, Ovieu).

Ese mesmo día celebrábase a o Día de América, festa declarada de interés turístico estatal. Canto aos concertos que nos interesan, nunha noite adicada ao Jazz e ao Blues, destacamos as actuacións de: Joaquin Cacón, Javier Vargas, Los Redentores, pero sobre todo ZEM.

Os asturianos ZEM, tocaron acompañados da interpretación do grupo de teatro Margen. Liderados polo vibrafonista Xuan ZEM e acompañamiento instrumental de Rubén Mol, Luis Rodríguez e nada máis e nada menos que Jorge Martínez e Juan Flores -Los Ilegales-.

A proposta de ZEM non deixou indiferente a ninguén: música instrumental inquietante -semellaba unha banda sonora imaxinaria dun thriller-, acompañada de imaxes non menos inquedas e da coidada presenza do experimentado grupo de teatro Margen. Un puntazo!

ZEM, apresentaban deste modo o seu segundo traballo. Xa estamos buscando @s pequen@s monstros o primeiro, segundo traballo, maquetas, maquetiñas e demáis sinais de vida deste grupazo extraterrestre contactado en Ovieu.

O sábado 20 de setembro, de novo na Praza da Catedral, aconteceu dende as cinco da tarde unha xornada adicada á música asturiana. Riba do cenario, resoarón: tonadas asturianas, coros, cuartetos, ochotes, gaiteiros, parellas de baile, grupos de baile, bandas de gaitas, cantautores de música asturiana, grupos de folk e como peche: Hevia e Nuberu.

Canto a Hevia, gaña máis tocando a súa gaita asturiana que o "electrodoméstico" -el mesmo chamouna así- que o levou a fama -e de Volta Ciclista-. Cecais faltoulle arroupo vocal. Mais, todas estas éivas -Hevias!?- foron compensadas coa participación creativa do que cecais for o mais interesante do seu concerto: a súa irmá.

E logo das "éivas", chegou o turno do melloriño da noite. Cualidade musical, experiencia, pero sobre todo emocións a esgalla: Nuberu.Tal e como eles mesmos din na súa páxina web: "Tres trenta años enriba los escenarios, Nuberu retírase en 2008".

Eles mesmos, pedazo de monstros, se encargar de realizar a crónica do acontecido no seu concerto e na súa propia fala, hala!: "Miles de persones s´agolparon el sábadu na plaza la catedral d´Uviéu pa escuchar a Nuberu nel que foi´l conciertu más concurríu de los organizaos esti añu nesi escenariu, según fontes de la propia organización. Una de les nueches más guapes de les fiestes y a una hora máxica, un ambiente nuberiegu a tope y un grupu en total estáu de gracia ficieron de la despedida de Nuberu a Uviéu un acontecimientu únicu pa tolos que tamos faciendo de 2008 un tributu merecíu a trenta años d´hestoria. Dos hores de cancios coreaos y sentimientu compartíu llenaron la nueche de Nuberu en San Mateo, pieslle d´oru pa una xornada dedicada a la música asturiana. Na memoria de toos los qu´ellí tuvimos quedarán pa siempre les imáxenes y los soníos d´un conciertu pa nun escaecer nunca. ¡Uviéu, allá foi la despedida!"

Isto é todo o que vos podemos contar @s monstr@s, cantos aos concertos que nos interesaban e puidemos acudir, na pasada e frénetica fin de semana na Asturies.

Pero monstros, non se vaian todavía, aínda hai máis!. As festas de Ovieu se caracterizan pola participación cidadá, non só canto a movida, senón canto ao activismo. Os colectivos e asociacións da comarca instalan durante case dez dias unha serie de Chiringos do máis interesantes. Dentre deles, destacamos: Topu Fartón, Pinón Folixa e Amigos de Cuba.

No capítulo de anedotarios, o sábado estrenábase unha ópera no Teatro Campoamor. Dando unha volta, atopámonos coa "ilustre" chegada de Rodríguez Zapatero, quen viña acompañado da súa dona Sonsoles Espinosa, unha das voces do reparto de Diálogo de Carmelitas, de Francis Poulenc. Como non podía ser menos, o equipo Pequen@s monstros, inmortalizou tan magna chegada, así como todo o que alí aconteceu. Non se perdan o impresionante depliegue policial.

Ficades cunha selección de fotos tiradas polos Monstros, nas que veredes imaxes de Luarca, Xixón, Ovieu, Zapatero, a súa dona Sonsoles e incluso esoutra ruina chamada El Molinón de Xixón, donde o domingo xogaban Sporting e o Barça (1-6). Ademáis, non vos perdades o ambientazo que había nas rúas e sobre todo nos chiringuitos: Topu Fartón -coa súa campaña en prol da oficialidade do asturiano-, Piñón Folixa -co apoio da xente da radio libre de Ovieu Radio QKracha- e o chiringo dos Amigos de Cuba.

Última hora:
a web oficial de Nuberu incluiu no seu album de fotos, as tiradas polo Pequeno monstro -André- da súa actuación nas festas de Ovieu. No menú da súa web vai a "Tributos" e logo a "Semeyes" ou directo ao tavés deste enlaze.

Nota: todas as fotos que acompañan este artículo foron realizadas polo Pequeno Monstro. Úsense libremente, mais fágase referencia ao autor e ao blog. Obrigado.

15 de setembro de 2008

VI festival autoxestionado FERVESTEIRO.

A xente do colectivo Fervesteiro, do barrio de Esteiro en Ferrol, veñen de achegarnos o programa da sexta edición do seu festival autoxestionado e multifacético. O VI Fervesteiro se desenvolverá entre o 12 e 20 de setembro de 2008. O seu inmenso programa podes atopalo aquí.

Fervesteiro, según eles mesmos, son o seguinte tipo de monstro:

Fervesteiro xurde hai 5 anos aproximadamente coa idea inicial de movilizar un pouco o panorama cultural da cidade ante a inexistencia de espazos para que os e as artistas da comarca puidesen expor as suas creacións.

Ese é o xérmolo do colectivo, pero pouco a pouco e debido, por unha parte, as nosas inquedanzas políticas e sociais e, por outra, dos acontecementos que salpicaban dia a dia as nosas vidas (as duas folgas xerais, a catastrofe do prestige, a guerra de Irak, a lei de partidos) fomos enchendo de contido social as nosas actividades ata chegar ó que somos na actualidade.

1.- Qué somos? Somos un colectivo que persigue o cambio social: traballamos para -facer posible a participación social das persoas e as comunidades. Participando na construcción, construimos participación. Entendéndoa como a ferramenta imprescindible para construir o escenario social que queremos promover. Queremos ser participes dos cambios sociais non mer@s espectador@s resignad@s á espera de que a clase politica sexa quen defina o modelo social futuro.

2.-Qué escenario social que queremos promover? Un no que as relacions entre as persoas mais igualitarias, máis cooperativistas, máis xustas, que favorezcan a convivencia, a diversidade, nas que o capital e o tanto tes tanto vales deixe de ser o baremo predominante, queremos ser suxeitos activos critic@s.

3.- Como queremos traballar.

-De forma horizontal-asamblearia.
porque isto significa ser cidadans activ@s, e dicir, ser dono@s conscientes e activ@s da toma de decisions, sendo suxeitos activ@s das nosas vidas e das nosas relación co noso entorno, e provocando en nos mesm@s unha maior implicación coa realidade que nos rodea.
-Sen xerarquías.
Non cremos no liderazgo, como tal, sí na corresponsabilidade e no fluxo de relacions. O noso liderazgo será móbil, simultaneo e temporal e a responsabilidade será de tod@s, o que reforza a nosa autoxestión e independencia o consenso é o criterio que rixe a toma de decisions, non queremos caer na dictadura do voto, creemos que co debate e o intercambio de opinións podese acadar os obxetivos plantexados regulado polo diálogo e o debate autocrítico e constructivo como forma de traballo. Non temos medo a confrontación dialéctica xa que é unha das forma s mais útiles para descubrir as nosas debilidades, convertindo este debate nunha gran fortaleza.
-Dende a dinámica da diversidade das personas. Diversidade de sexos, idades, aspecto físico, capacidades, lugares, opcións sexuais ...
-En rede. Guíado polo principio da cooperación, colaboración, axuda mutua e traballo conxunto.
-Traballo con outros colectivos e organizacións.
Con e para o barrio. Espacio base de interacción, como punto de partida para traballar ao grande dende o pequeno. O barrio nas cidades e aldea nos pobos son os lugares mais próximos de interrelacion persoal, nel atopamos a maior potencialidade e capacidade de promover os referentes que propicien o cambio social, e temos a posibilidade de visibilizar as nosas inquedanzas.
-De forma interxeneracional.
Demostrando que a loita e o debate non teñen idade.
-Autoxestionado. Respeito á autofinanciación, xa que cremos q é unha forma de independencia á hora de traballar evitando asi que o proxecto teña unha data de caducidade.
-Respeito aos espacios colectivos. Como parte da cidadania temos dereito a utilizar os espacios sen exclusións e en contraposición ó modelo de convivencia que nos intentan impor.
-A través de espacios participativos.
-Promovéndoos -Intercambiando información, coñecementos, recursos, etc.
-Como forma de empoderamento e distribución igualitaria.
-Aproveitamento das propias potencialidades.
-Como reforzo da nosa independencia.

Pola súa banda, o non menos intrépido Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, colabora na divulgación da sexta edición do Fervesteiro, coa produción e difusión da seguinte cuña radiofónica:
Get this widget | Track details | eSnips Social DNA

Agora, xa moi monstros tod@s, imaxinade un Fervesteiro en cada barrio de Ferrol.

10 de setembro de 2008

Diagonal, un xornal fóra do normal.

DIAGONAL é un xornal de información de actualidad, debate, investigación e análise que, se edita cada quince días. Baseado na realidade dos movimentos sociais que luitan por transformar o actual estado das cousas, de onde nace e mama, se presenta coma unha alternativa comunicativa seria, de calidade e con vocación de ter unha ampla difusión social.
Detrás das súas páxinas un heterogéneo grupo de profesionais e activistas da comunicación que, provenientes de diferentes medios de información e outras experiencias asociativas, uniron os seus sonos e coñecementos para activar algo tan ambicioso coma necesario.
Co convencimiento de que, aínda que difícil, é posibel realizar un xornal de relativa gran tirada sin ter tras del un gran grupo económico ou político. Deste xeito, DIAGONAL levanta os seus alicerces económicos riba dunha ampla rede de suscriptores e colaboradores, persoas e entidades que aseguran a independencia dun medio abertamente incisivo cos poderes.
DIAGONAL bota a andar a mediados de 2003, cundo o colectivo que editaba o mensual e mítico MOLOTOV, tras un largo periodo de reflexión, decide por fin al tabloide e abrir un proceso colectivo co obxctivo de por en marcha un medio muito máis potente e aberto.
Logo de dous números promocionais, que sirven de rodaxe a nova redacción, DIAGONAL ve a luz el 3 de marzo de 2005, data na que comeza a editarse con regularidade.
Para que a publicación saia coa periodicidade e cualidade desexada, DIAGONAL, posúe 11 persoas adicadas case por completo a esta tarefa. Dende un punto de vista laboral, o obxecto é que @s traballador@s conten cun salario digno e alta na seguridade social.
O máximo órgano de decisión é a asemblea do colectivo. DIAGONAL é editado pola Asociación Punto y Coma Comunicación y Prensa, creada expresamente para la publicación de DIAGONAL. Esta estrutura só responde á necesidade de dotarse dunha cobertura legal e que o importante é o funcionamiento real del colectivo editor. A ditas asembleas poden acudir todas as persoas que traballan e colaboran habitualmente no xornal.
A maior parte das funcions da redacción e elaboración do medio as asumen as persoas do colectivo editor, ao través de grupos de traballo e seccions. As tarefas de responsábel de peche, coordinadora xeral e responsabel de administración, son rotatorias para evitar posíbeis delegacións ou empoderamientos excesivos. Esas responsabiliades son de xestión e non xerárquicas, de acordo ao modelo de organización horizonal e asemblearia adoptado.
O xornal DIAGONAL ben de celebrar o pasado mes de marzo, o seu terceiro aniversario. Ademáis, realizan en colaboración coa URCM (Unión de Radios Libres e Comunitarias de Madrid) un boletín radiofónico quincenal, que tambén Rádio FilispiM (Ferrol e Trasancos - Galiza) emite dentro do tempo dos seus contrainformativos.

Pequenas e pequenos monstros, ao fazer "clic" na segunda das imaxes que acompañan esta entrada, atoparedes un estupendo especial sobre as radios libres e comunitarias, realizado por estes dinamitadores da prensa estatal. A diagonalizar pois!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...