30 de abril de 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Perder o tempo.

Évos aquí unha nova aventura de PENSAMENT0 3, nun dos episodios dos que máis gosto, donde Agustín García Calvo indaga coa axuda da súa audiencia oitentera [Caravana de Hormigas-Radio 3-1989] sobre a relación entre a Vida [ou o que nos vende por iso] e o Tempo [mensurábel].

Nada mellor que as primeiras verbas de Agustín, tiradas da súa introducción, para suxerirvos "gañar tempo" [entre tanto tempo perdido] escoitando o audio que segue a estas liñas:

"Matar o tempo, entreterse, divertirse e demáis é o mesmo que falar da vida. De xeito que ao falar dos ´chismitos´inventados para encher/matar o tempo estamos a falar da vida, a única que semella a real, posto que é a que nos venden.

Non hai que esquecer en que consiste a trucaxe esencialmente: cambiar a vida por tempo, converter a vida en tempo, conseguir o que se di con tan lúcida desesperación nos versos de Antonio Machado: ´ya nuestra vida es tiempo´.

Esta é a trucaxe esencial do Capital e Estado que, como explicamos outras veces, consiste en fazer crer no futuro, naturalmente non chamándoo polo seu nome [que é morte, un mome pouco conveniente, demasiado aterrador] senón chamándoo por outros nomes: futuro.

Facer crer nun destino a onde vou como ente real e a onde vai a humanidade e unha vez que se conseguiu isto, o que vai desde aquí cara ese futuro, xa é propiamente tempo. Un tempo baleiro. Un tempo que, por tanto, se pode manexar, contar. Un tempo do que vive o crédito da banca, o tempo ao que se reduce a vida do traballador mentres está no tallo e tambén [o que hoxe nos toca no programa] os ratos libres, o ocio.

Posto que o tempo non pode cambiar a natureza, é o mesmo durante o traballo que no suposto ócio ao que alude o nome desta exposición dos ´chismes´ do ócio, na que imos estar metidos incongruentamente como Javier [aludindo ao presentador] vén de dicir...".

Mais nada, a vindeira semana máis Pensamento 3, aquí onde paran os monstros.
Descargar o audio

Programa especial 1º de Maio en Rádio FilispiM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjYoy4RIe9ONcTfReCz9KQv3A4T2KhsfKUhnDK8RFXk-r4L9srqelCb0wOMRff6zeAIRHXPbF5V0NDGbQxFIxJ8pqzlyEpwspAnbUDz3eqvr1zAEcVMosTzsd7s5O1fYmlQLLW96ffLd7w/s1600/RFM+Informativos.jpg
O pasado xoves 29 de abril de 2010, as 20:00 h. tivo lugar en Rádio FilispiM, 93.9 FM un PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.

Co convite a participar na mesa-debate de integrantes dos sindicatos con representación na comarca: CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG e UXT

Poderás ouvir a repetición do programa na Rádio Filispim:
  • Sábado 1 de maio, as 11:00 h. da mañá.
  • Domingo 2 de maio, as 15:00 h. da tarde.
Ademáis na rede:
  • No blog do Colectivo Opaii!-RFM: opaii.blogspot.com
  • No blog dos Pequenos monstros [este mesmo].
Descargar o audio

26 de abril de 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Arte.

Nova edición da serie Pensamento 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros, na sintonía de Rádio Filispim, 93.9 Ferrol [GZ].

Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo diserta cos ouvintes sobre o Arte.

Como todos os PENSAMENTO 3 que estamos a recuperar, este foi emitido orixinalmente un venres do 1989 en Radio 3, dentro do programa Caravana de Hormigas. Memorábel espazo matutino apresentado orixinalmente por Juan Francia, Jesús Beltrán e Enma Tamargo, que non tardarían en ser fulminados de Radio 3, de feito resulta unha sórdida ironía saber que J. Francia e J. Beltrán acabaron en Radio Exterior de España.

Como todos os programas os iniciamos e findamos tal como o facían daquela: co himno da Comunidade de Madrid, se ben aínda non atopei a versión con coro, tal cual se emitía, que sei é a vos gosta ;-).

Por certo, curioseando na web da editorial autoxestionada polo propio Agustin G.C. [LUCINA], veño de atoparme cunha grata sorpresa. No menú: enlaces de internet/registros sonoros/himno de Madrid, hai un enlace... nada máis e nada menos que a un arquivo de audio que eu mesmo subín hai algún tempo!. A verdade é que me ten feito moita ilusión, ter contribuido inda que sexa desde tan abaixo a difundir esta alfaia agachada nas moquetas de tan distinguidos politic@s. Podedes velo aquí: ->enlace

Mais nada, a vindeira semana unha nova edición de PENSAMENTO 3, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo





Imaxe: podería ser arte.

23 de abril de 2010

Ana Curra, Lágrimas [1985]

Hai tempo que non publicamos nada na sección "Cancións", así que hai vai esta alfaia dos oitenta [1985], Lágrimas. Canción dentro do maxi Una noche sin ti. No mesmo vinilo há unha versión instrumental do tema. Ana Curra en solitario, sin sus Seres Vacios [e sen o seu Eduardo Benavente].

Ollo á montaxe de fotos que acompaña á música, paga a pena. Sen dúbida, La Curra, do mellor dos oitenta.

22 de abril de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/historicos: Oitenta_Vinilos [Cap.10]

Derradeiro [polo momento] capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros emitido orixinalmente en Radio Fene.

Nesta edición aparecéronse as músicas de: Tino Casal, Academia Parabuten, Paralisis Permanente, Gabinete Caligari, Décima Víctima e Ecodalia.

No capítulo de "incidencias sonoras" ouvimos o minimalismo da terceira xeración de Andrew Poppy e no de "cicloxénese local" a La Nev Diva [Colectivo La Nevera].

Con este capítulo fechamos a serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento, coa promesa que volver sumar novos capítulos nun futuro. Así que agardamos as vosas suxestións ao respeito en: radiomonstro[arroba]gmail.com ou comentando esta entrada.

Como sabedes iniciamos hai unhas semanas unha nova aventura, rescatando do pasado "radiotresero" a voz e reflexións de Agustión García Calvo, na serie Pensamento 3, así que procura no dial de Rádio Filispim, ou segue a nova seríe neste blog.

Máis novas en breve, aquí, onde paran os monstros.

Fotos: Décima Víctima.


Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

16 de abril de 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Quen es, que fas.

Terceiro capítulo da serie PENSAMENTO 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros [Rádio Filispim].

Como o resto dos capítulos, recuperado grazas as gravazóns caseiras realizadas polos propios ouvintes da serie [e hoxe ao dispór de tod@s na rede] emitida orixinalmente cara o ano 1989 dentro de Caravana de Hormigas [Radio 3, RNE].

Nesta ocasión o profesor Agustín García Calvo, fala cos seus ouvintes sobre o "Quen es, que fas".

Nas súas reflexóns intrudotorias ele di:

"As masas están compostas de individuos e, xa que logo, eu como ser real son idéntico coas masas e con quen as manexan, coas instancias superiores do capital, do Estado.

Esta é unha cuestión que se pode revelar en todos os terreos. Por exemplo, nas artes na relación entre o cadro e a figura, asistimos a esta substitución do cadro da obra pola figura.


En efecto, xa ninguén pode lembrar os sentimentos e utilidades que un cadro, unha obra, unha escultura púidolle proporcionar na súa casa ou na vía pública, sospéitase que esas obras non serven para nada, na medida en que a ninguén lles ocasiona pracer nin descubrimento. Na mesma medida, a sinatura vaise agrandado até recubrir o cadro enteiro.

Así, un Picasso quer dicer un anaco de tea [ou do que sexa] que ten a sinatura de Picasso e para distinguir entre os Picassos que levan a súa sinatura, hai que medir por metros cadrados. Non é o mesmo un Picasso de medio metro cadrado que un dun metro, teñen diferente valor.


Como sempre, atender ao diñeiro é esencial, precisamente por ser "a forma" o engano por excelencia, a especie de identidade sublime e ideal que é o diñeiro. Ela [a forma] débenos guiar en todas as análises, da vida cotiá e da vida pública.


O "facer" unha cousa é o contrario ao "ser" alguén, ser un nome propio, ser un ser real. Isto é o difícil de descubrir porque os medios de formación de masas, os políticos, a cultura, imponnos a crenza de que o "facer" redúcese ao "ser".
Así é como nas artes a sinatura [o quen é, o quen fai] substitúe ao facer, e iste facer chega a ser simplemente un pretexto para chegar a ser..."
.


Pois nada, monstros, a seguir sendo. A vindeira semana un novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, aquí onde parades vós.


Descargar o arquivo




Imaxe: un Picasso de merda.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...