Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións

20 de febreiro de 2009

Espazos liberados na Galiza: Casa Encantada de Compostela.

Un 17 de xuño de 2003 , un tal Susinho redifundía ao traves dá rede un comunicado que comezaba do seguinte xeito: "Acaban de iniciar o derrubo (ilegal, segue lendo) da Casa Encantada. Estamos no tellado impedindo cunha acción non violenta do mesmo e estámolo conseguindo. Necesitamos o teu apoio, pregunta no concello se é certa a información en prensa e advierteles das responsabilidades legais, pregunta por Ramón Lueje responsable de Urbanismo..."

E así foi. O concello de Santiago de Compostela da man do socialista Bugallo, sentenciaba a golpe de paleadora un dos centros sociais autoxestionados e okupados mais importantes do país galego que levaba funcionando dende o ano 1991.

Antes da súa desaparición, entre os anos 2001 e 2002, Divertimento para pequenos monstros realizou algúns programas especiais ao respeito do por aquela movimento de autoxestión e okupación de locais sociais na Galiza. Hoxe recuperamos o primeiro deles no que entrevistamos a Fran del Buey, un dos integrantes da asembleia da por entón Casa Encantada de Compostela nun audio que co paso dos anos ten pasado a ser un documento.

Por entón, Divertimento para pequenos monstros se emitía na lexendaria radio municipal Rádio Fene (hoxe Radio Fusión) radio senlleira dentro das municipais da Galiza. De feito Divertimento naceu en Rádio Fene, se ben é certo que tambén posou polas ondas da ferrolá Radio Kaos, universitaria da que algún día falaremos nun especial que se podería titular "como ser universitario, cargarse unha radio universitaria e non morrer no intento".

No vindeiro Divertimento daremos cotinuidade a este especial aos centros autoxestionados daqueles primeiros noventa no noso país, con novas entrevistas a integrantes da Casa Encantada de Compostela, a membros da lexendaria Casa Okupa da Ría en Oleiros (A Coruña) ou mesmo do Centro Social Mil Luas de A Coruña.

Hoxe en día, todos estes centros sociais non existen, mais forman parte da historia e a experiencia daqueles pionerios e que hoxe queremos compartillar con todos vós.

Pequenos monstros, a disfrutar do documento.

Descargar o arquivo
AUDIOS DESPARECIDOS DO SERVIDOR. RESUBIRÉMOLOS EN BREVE.

16 de xaneiro de 2009

E os pequenos monstros tomaron Rádio Piratona.

Dende a pasada semana Divertimento para pequenos monstros, pasa a emitirse tambén nas lexendarias ondas libres de Rádio Piratona, para toda a ría de Vigo.

O programa que producen os Pequenos monstros, pode ouvirse neses momentos ao través de Rádio FilispiM para Ferrol e comarca, Rádio Piratona para toda a Ría de Vigo, así como ao través de diversos podcast en todo mundo como os que podes atopar: no blog do Colectivo Opaíí! - Rádio Filispim, ao través do portal Podgalego.org e mesmo ao través deste blog.

Na edición do pasado 15 de xaneiro de 2009, Divertimento tratou os seguintes contidos:
1. A situación en Palestina no día de maior ofensiva do exército israelí.
2. XIV edición do festival Treme a Terra de Ponteume (A Corunha). Entrevista telefónica con Lois, un dos organizadores do evento.
3. Entrevista a Pablo do grupo punk eumés Arenga. Un dos grupos participantes na XIV edición do Treme a Terra que apresentanos a súa primeira e inflamante maqueta "Pensa en loita".

Coma sempre, dende este reprodutor poder ouvir todos eses contidos:

23 de decembro de 2008

O Apalpador apareceu en Rádio Filispim.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición galega, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

O artista local Leandro Lamas realizou, en base aos dados recompilados sobre como podería ser a figura do carboeiro do Courel, a fermosa ilustración que acompaña esta entradiña.

Na edición do pasado martes 23 de dezembro de 2008, tivemos ao Apalpador en Divertimento para pequenos monstros, en exlcusiva mundial para @s ouvintes da Rádio Filispim, a rádio libre e comunitaria de Terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Trouxo unha visión menos consumista e máis humana para estas festas.

Na web da Fundaçom Artábria veñen de fazer unha agarimosa referencia á presenza do Apalpador na Rádio Filispim, cunha chiscadela especial ao Divertimento e ao Pequeno monstro (muito obrigado amig@s!!!!). Podedela ver facendo click aquí.

Ogallá calle entre tod@s o intento de recuperazón desta figura senlleira de tradizón galega, que están a fazer colectivos coma a Gentalha do Pichel de Compostela ou a Fundaçom Artábria de Ferrol (Trasancos).

Podesdes ouvir o audio da entrevista ao Apalpador, en Rádio Filispim, ao través deste reprodutor:


A tod@s, pequenas e pequenos monstros, que de cando en vez seguides este blog, ouvides o programa de radio Divertimento, a tod@s @s meus compañeir@s da Rádio Filispim... que o Apalpador vos traiga este Natal unha boa presa de castañas ben quentes. De corazón, os meus mellores desexos para o vindeiro 2009.

O pequeno monstro.

Sorpresa!: se fas click no Apalpador terás un agasallo!

21 de decembro de 2008

Roger de Flor, naturalidade silvestre.

Divertimento para pequenos monstros, o pasado 18 de decembro de 2008, entrevistou a Roger de Flor, o cabaleiro pop da Terra de Trasancos, Ferrol (Galiza).

Antes de apresentar en directo, o 26 de nadal no Ateneo Ferrolán, o seu segundo traballo titulado Naturalidad Silvestre, publicado no sello fenés Felipop Discos, pasou polo estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM pra nos falar do seu disco, de si mesmo e dos seus moitos amig@s.

Entre das dez cancións que están no estupendo segundo traballo discográfico de Roger, esta a peza Os dous amigos, da que a factoría Rubén Coca/Alberto Alonso, produciu este video-clip, no que participaron María López "Faltriqueira" (coros), Marina Molares (coros), o Marqués das Viñas( charango e coros), Nicolás Vidal (coros e harmónica), Jorge Juncal (acordeón), Serguei Izmailov (batería), Víctor Gacio (baixo) e o propio Roger de Flor (guitarra, mandolina e voz):



Ademáis, podes ouvir a entrevista que lle fixemos ao cabaleiro do pop trasanqués, Roger de Flor, no seguinte reprodutor:
Descargar o arquivo

Imaxe: portada do cedé Naturalidad Silvestre, de Roger de Flor.

27 de novembro de 2008

II Xornadas do Comité Anti-Sida LAZOS.

O Comité Antisida LAZOS de Ferrol (Galiza), argalla estes días de fin de novembro de 2008, as súas II Xornadas de Sensibilización sobre o VIH-SIDA.

Estas Xornadas levan o lema "Ante o VIH a túa actitude marca a diferenza" e anteceden á celebración en todo o mundo do día contra a SIDA.

En Ferrol, as Xornadas terán lugar en diferentes espazos da cidade:
  • días 27 y 28 de noviembre, na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía.
  • día 29 de noviembre, no Ateneo Ferrolán.
  • día 1 de nadal, na rúa Real.
Máis información en: comiteantisidaferrol@gmail.com

Pola nosa parte, o pasado 27 de novembro, dia no que comezaban as Xornadas, e no descorrer do programa de
Rádio FilispiM Divertimento para pequen@s monstros, mantivemos unha conexión con Carlos Varela, integrante de LAZOS. Podes ouvila no seguinte reproductor:

26 de novembro de 2008

Primeiro Foro Social Galego, do 5 ao 7 de decembro 2008.

QUE É O FORO SOCIAL GALEGO?

O Foro Social Galego (FSGal), que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.

O FSGal caracterízase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gubernamental e non partidario. O FSGal non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil galega ou mundial.

QUE PRETENDE O FORO SOCIAL GALEGO?

O FSGal quere, tal como proclama o seu lema, Pensar e construir alternativas desde Galiza. Para iso, acolle como obxectivo acadar a confluencia e a visualización de alternativas á globalización neoliberal propostas desde un amplo abano de movementos sociais.

O FSGal quere situar a Galiza dentro da construción dese outro mundo, non só posible senón necesario. O FSGal quere debatir, achegar e formular preguntas. Pero tamén quere abrir camiños para transitar cara un mundo máis xusto, máis solidario, máis respectuoso coa diversidade.

Pero o FSGal quere ir máis aló da celebración dun evento. Quere ser un proceso permanente de debate e de construción de alternativas ao modelo neoliberal.

COMO SERÁ O FSGAL?

O Consello Dinamizador do FSGal, constituído o día 29 de marzo de 2008 en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro de 2008 na Facultade de Xeografía e Historia en Compostela, definiu 4 grandes eixos temáticos de análise, reflexión e debate, a través dos cales encadrar actividades e pensar e construir alternativas desde Galiza:

  1. Modelo económico e límites do crecemento
  2. Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
  3. Vida e Traballo
  4. Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais

As diferentes actividades serán autoorganizadas e autoxestionadas polos movementos sociais galegos adheridos ao proceso.

A web do FSGal (http://www.forosocialgalego.org) será o portal onde se vaian comunicando as novidades ao respecto da celebración do FSGal: documentos para o debate; actividades formativas e informativas; etc.

O 5 de decembro haberá un acto de presentación pública do FSGal e no propio desenvolverase un acto de manifestación pública cuxa natureza aínda está por determinar.

ONDE E CANDO VAI SER O FSGAL?

O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008, un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Prá en Brasil.

COMO PODEMOS PARTICIPAR NO FSGAL?

Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse 4 formas de participación:

  1. Sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal
  2. Mediante a adhesión ao FSGal
  3. Participando como voluntario na organización do evento
  4. Simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán no espazo libre de entrada.
Tamén podes participar achegando ideas, propostas, suxestións aos 4 eixos temáticos definidos máis enrriba no Foro de discusión do FSGal.

Pola nosa parte deixámosvos con dous audios que sintetizan todo o antedito.

O primeiro deles é unha cunha producida pola radio irmá da Coruña, CUAC FM, (que R.FilsipiM, completou con outros audios) e ,pra findar, unha entrevista tirada do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para Pequen@s Monstros, que lle fixemos a Lupe Ces, integrante da Comisión organizadora do primeiro Foro Social Galego.



17 de xullo de 2008

A sinestesia de Oscar Quant.

Oscar Quant é un tipo que vive en Ferrol en plan pop.

Entre as súas últimas fazañas está a de ter tocado no mesmísimo Cavern Club de Liverpool ou ter gravado un video-clip polas rúas de Ferrol subido nunha furgoneta, versionando Pois eu do grande -outro ferrolán- Andrés Dobarro.

Oscar Quant, Alberto Amigo, Rubén Coca, Kike Quijano, Miguel Fuentes, Boy Elliot, Amparo, Cintia... e incluso Roge de Flor -ver entrada anterior- o acompañan nesta aventura, subíndose a esa furgalla cuxo motor e accionado cunha dose de calidade, frescura e gañas de pasalo ben. A cualidade fica para os manieristas do século pasado.

Falamos aquí de entrañábel pop, xurdido da pulsión de instrumentos -case- de xoguete. Nas súas propias verbas: "Tentando suplantar a falla de medios con imaxinación, editamos as nosas cancións que logo agasallamos a os nosos amigos. Xogos vogais, guitarras, melodias, xilofonos, teclados de xoguete e practicamente calquer cousa que faga ruido. Non procuramos grandes metas, sabemos que o noso son é maquetero e iso nos gosta". Dou fe -xuramento de monstro- que todo é certo.

A ligazón deste proxecto pop co colectivo La Fonográfica General é máis que coñecida. As actividades de La Fonográfica son un exemplo de autoxestión en Ferrol. Sen patrocinios argallan festas nas que tocan grupos amparados pola Fonográfica e nas que se agasalla ao público asistente, con marabillosos singles de vinilo dos grupos partipantes da xolda, editados para a ocasión pola propia Fonográfica.

A idea leva dinamitando o status quo cultural da comarca dende hai un par de anos. Locais coma San Carlos (Esteiro-Ferrol) teñen sido testemuños de que na cidade de Ferrol hai vida extraterrestre, mais aló das Pepitas ou das recomendacións publicadas na axenda cultura local de La Voz de Galicia.

Falando de extraterrestres, Oscar Quant vén de presentar a súa última peza, en galego, leva por título Sinestesia. O tema é candidato a canción do verán, dentro da edición 2008 do A polo Ghit!, argallado pola Radio Galega e o portal de internet Vieiros.

Para explicar o que imos ver e escoitar, teriamos que remontarnos aos primeiros -e devonianos- Aviador Dro y sus obreros especializados, ou mesmo os bilbomarcianos Lavabos Iturriaga.

Que haberán tomado estes rapaces de Quant?. Cecais non sexa todo tan raro e tan só esteamos ante a verdadeira faciana destes quantianos de Ferrol, que até o de agora só eran pop e agora son monstro-pops?

Pequenas e pequenos monstros, con todos vós a Sinestesia de Quant, según o ollo de Rubén Coca:



E pra findar un agasallo sonoro. Un audio-entrevista que realizamos en maio de 2007, no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilsipiM, aos quantianos Rubén Coca e o propio Oscar. Pero quantas cosas, eh!?

28 de febreiro de 2008

Entrevista a Jesús Ordovás, "25 anos de pop con Radio 3" - 28/02/2008

Por mór da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3", o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, entrevistou a Jesús Ordovás [Diario Pop - Radio 3-RNE].

Aproveitamos para amosarlle ao Ordovás grupos da nosa comarca [Quant, Misquious, Roger de Flor... e lembrarlle outros que xa coñecía como Todo el Largo Verano]. Mais, como tod@s sabedes Ordovás xa non é parte da Radio 3, dende hai poucos meses, como consecuencia das prexubilacións forzosas acontecidas en RTVE-RNE, que se levarán por diante a boa parte dos pioneiros e da Radio 3.

Logo dunha amena conversa fixémoslle entrega dunha copia do primeiro cedé recompilatorio "Conspirando por unha rádio libre" de Rádio FilispiM [cunha chea de grupos da comarca] e comprometeuse a abrir a vindeira cita da exposición itinerante "25 anos de pop con Radio 3" con ese disco, de maneira simbólica.

Ao final da conversa despedimos cunha forte aperta ao ferrolán Ordovás [si, naceu no Porto de Ferrol] e Bárbara [do programa Capireando de RFM] tirounos unha fotos, que podes ver nesta entrada.

Todo foi moi improvisado, mais hai fican o audio e as fotos.

Ahhh!!!, acompañoume na entrevista Suso Suciedad [Manchita-Ferrol] e as fotos tirounas Bárbara [MMM]. Grazas Suso e Bárbara!!!


Get this widget | Track details |


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...