Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións

23 de decembro de 2011

DIVERTIMENTO - Galego Vs Institucións galegas + Comercio Xusto + Radio Kras [Xixón] + Novas

Edición do xoves 22/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Contiúdos: - PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap.2]: Institucións galegas Vs lingua galega. Manifestación "Queremos Galego". Manifesto apoio uso da nosa lingua propia nos medios de comunicación. - COMERCIO XUSTO, unha aternativa resposábel de consumo. Conexión coa Feira de Comercio Xusto no Cantón [Ferrol]. - RADIO KRAS [Xixón], outra radio libre asturiana ameazada polas Institucións. Entrevista a integrante da súa Asembleia. - NOVAS: 1. Concentración en Compostela contra o desaloxo da Sala Iago. 2. Centro Social Okupado do Bairro do Cura, Vigo. 3. XII Marcha a prisión de Teixeiro. - AXENDA de concertos. Audio programa completo: Audio conexión Feira Comercio Xusto, Cantón-Ferrol: Ir a descargar Audio entrevista integrante Radio Kras [Xixón]: Ir a descargar Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

16 de decembro de 2011

DIVERTIMENTO - Causa Galiza + Entrevista a Radio QK [Ovieu] + Perversións democráticas + Festival apoio LAZOS pro-solidariedade

Edición do xoves 15/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan:
Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:

- CAUSA GALIZA. Manifestación en Ferrol contra a Fraude Constitucional.

- ENTREVISTA a RADIO QK, Ovieu. No teléfono, Alberto Camacho.

- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap.1]: Democracia participativa Vs Representantes "Democratasdetodalavida".

- FESTIVAL COLECTIVOS apoio a LAZOS pro-Solidariedade, Ferrol.

- FEIRA DE TROCO "Vendesevende Ferrol".

- ENTREVISTA a Fundaçom Artábria. Chega o Apalpador!. No estudio, Luis Losada e Jaquim Bouça.

- AXENDA de concertos.

Audio programa completo:

Ir a descargar

Entrevista a Radio QK-Ovieu [editada do programa]:

Ir a descargar

Entrevista a Fundaçom Artábria [Ferrol]. Chega O Apalpador!! [editada do programa]:

Ir a descargar

Novas relacionadas: http://www.radioqk.org/archives/audios-de-las-entrevistas-a-radio-qk-en-mas-voces-y-radio-filsipim/

Divertimento e @s monstros estamos no
Facebook.

2 de decembro de 2011

DIVERTIMENTO - Praza Pública, novo xornal dixital - Denuncian nenos esclavizados a bordo do buque Lafayette e non pasa nada + Novas + Axenda

Edición do xoves 01/12/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

CONTIDOS:

- ENTREVISTA a Marcos e Filipe do novo xornal dixital PRAZA PÚBLICA, apresentado o pasado xoves en Ferrol [Galería Sargadelos].

- NOVAS: Audio Radio Kalimera "Conde Roa Mix", Centros Sociais Compostela, La Maruja e as "medallas de honra" do Alcalde de BCN.

- ENTREVISTA a Elvira Souto do Colectivo ESCULCA [Observatório para a defensa dos direitos e liberdades]. Fálannos de quen son e do seu interés polo caso dos nenos chineses esclavizados no buque Lafayette, que estivo no Porto de Ferrol e marchou.

- ENTREVISTA ao denunciante do caso Lafayette [meninhos chineses esclavizados nun barco atracado no Porto de Ferrol e que nestos momentos viaxa sen destino coñecido].

- AXENDA Divertimento.


Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

26 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - A policia okupa a Sala Iago de Compos + EMUGA [Radiofusión] no ponto de mira da Xunta de GZ + Que se coce no Porto Exterior de Ferrol?

Edición do xoves 24/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

CONTIDOS:

- A policia okupa a Sala Iago, previo desaloxo da mocidade activa. Música e coros: Conde Drogas [PP]

- EMUGA [Radiofusión] no punto de mira da DX de Medios da Xunta de GZ.

- Que se coce no "Porco" Exterior de Ferrol [Prioriño]? No estudio unha activista medioambiental da SGHN.

- Axenda Divertimento
, para desintoxicarnos.



Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

18 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - X Xornadas Libertarias [Prado Esteban Diezma] + Novas radios libres / Acampada Ferrol + Enquisa a pé de rúa + Lembrando a Radio Kaos




Edición do xoves 17/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

CONTIDOS:
  •  X Xornadas Libertarias Ferrol. No estudio Xabi Porto [Unión Libertaria] e María del Prado Esteban Diezma [libertaria].
  •  Novas: Acampada Ferrol volve á Praza este venres + sancións teleco a radio QK [Ovieu] + Sanción SGAE a Rádio Pica [BCN]
  •  Enquisa a pé de rúa. De cara ao 20-N, preguntamos: "azul, vermello, branco... ou negro?"
  •  Radio Kaos [Ferrol]. Lembranza a radio universitaria "liquidada". No estudio Pepe Luis Díaz, "Koordinator".
  •  Axenda cultural Divertimento.

Audio do programa completo

Audio da enquisa a pé de rúa..

11 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - Entrevista a Roger de Flor + Debate votantes Vs non votantes 20N + Axenda cultural comarca

Edición do xoves 10/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:

- AXENDA de concertos e suxestións [X Xornadas Libertarias, Unión Libertaria - 15 ao 19 de Nov., Ferrol + Xornada Solidariedade com a Palestina, Fundaçom Artábria - 14 ao 19 de Nov., Ferrol].

- ENTREVISTA a ROGER DE FLOR. O trovador-pop fenés apresentanos o seu álbum "El mundo está loco, loco, loco".

- DEBATE, diante do 20-N. No estudio de Rádio FilispiM: un VOTANTE militante, un outro que vai votar NULO e un ABSTENCIONISTA activo, frente a frente. Non ten perda, escoitádeo!


Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.

4 de novembro de 2011

DIVERTIMENTO - Radio Sele + Mani Defensa emprego, Ferrol + Pablo Portero + Carrero Bianco

Edición do xoves 03/11/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- RADIO SELE a radio Comunitaria de Oviedo que transmite en bable, silenciada polo PSOE. Conexión telefónica con Asturias.

- MANIFESTACIÓN COMARCAL en defensa do emprego e o sector naval [domingo 6 de novembro, Inferniño, Ferrol]. Conexión telefónica con Manuel Grandal, Secretario Comarcal CIG.

- ENQUISA A PÉ DE RÚA: "Sabe da manifestación en defensa do emprego e o sector naval en Ferrol?. Síntese convocad@?" [-> audio editado do programa en reprodutor ao pé].

- PABLO PORTERO. Do "Outono de Cine" ao "Inverno do Concello de Ferror".

- CARRERO BIANCO. Electropop. Toma de tensión ao grupo na súa totalidade, no estudio.

- AXENDA DE CONCERTOS da comarca.

Divertimento e @s monstros estamos no
Facebook.



28 de outubro de 2011

DIVERTIMENTO - 1er Festi Rockin´fest [Sala Super 8] + Recortes Sanidade Pública + Abusos Bancarios

Edición do xoves 27/10/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- Comeza o 1er Rockin´fest [27 ao 31 de outono, Sala Super 8, Ferrol]. No estudo Rubén Coca.

- Recortes "populares" na Sanidade Pública. Plataforma pola Sanidade Pública, concentracións en Galicia. Ao teléfono Susana Alaniz [área inmigración Colectivo Fuco Buxán - Ferrol].

- Enquisa a pé de rúa: "Cre razoables os recortes na Sanidade Pública nun contexto de crise como o actual?" [Barrio de Esteiro-Ferrol, xoves 27 de outono de 2011, 18:00 h.] Escoita ao pé o audio editado do programa.

- Abusos das entidades financieiras. Accións Rede Converxencia Social "Praza Pública", Ferrol.

- Axenda de concertos e outras suxestións na comarca.


D

Descargar o programa completo


D

Descargar a enquisa

Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook

21 de outubro de 2011

DIVERTIMENTO - Tualmonteyoalmar 2011 + Enquisa 20N + VIII Grelo Folc Monfero + Solidariedade con Tele K e Radio Pica.

Edición do xoves 20/10/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- Comeza o III Túalmonteyoalmar [Sala Super 8, Ferrol].

- Enquisa a pé de rúa: "De cara ao 20N, cré vostede que cómpre un cambio de Governo ou pensa que é necesario algo máis?"

- No estudio, Ana e Juanma, da organización do VIII Grelo Folc [Sábado 22 de outono, Monfero].

- Rádio Pica [Barcelona] e Tele K [Vallekas], dos medios lexendarios, libres e comunitarios do terceiro sector da comunicación no Estado español, en serios apuros.

- Axenda de concertos, cinema... na comarca.





Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook

14 de outubro de 2011

DIVERTIMENTO - Mobilizazón Global 15-O + Acampada Mariscadores Ría Ferrol + Entrevista Amparo Sánchez

Edición do xoves 13/10/2011 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Presentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- Mobilizazón Global 15-O. Conversa con Carlos e Omar [Democracia Real Xa e Acampada Ferrol].

- Enquisa a pé de rúa. Que sabes da mobilización global convocada para o 15-O? [escoita o audio editado ao pé]

- Acampada Mariscadores da Ría de Ferrol. Conversa con tres mariscadores da C.P. de Barallobre e Martinha, convidada especial.

- Entrevista a Amparo Sanchez [Amaparanoia].

- Axenda de concertos.


Descargar programa completo


Descargar enquisa

Calquera comentario ou suxestión ao través da nosa páxina en Facebook.

7 de outubro de 2011

Divertimento - III Festi Túalmonteyoalmar + Pablo Hásel + Do 15 M ao 15 O

Edición do xoves 6 de outubro de 2011 de Divertimento para pequenos montros.

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Contiudos:
- Entrevista a Tomás, responsábel do III Festi Túalmonteyoalmar [20, 21, 22 Outubro -> Sala Super8 Ferrol]. Todos os datos, todas as músicas [Sindrome Winona, Huepedes Felices, Bang 74, Los Inmediatos, Paul Collins Beat].

- Enquisa a pé de rúa: que festis de música coñeces na Comarca de Ferrol? [escoita audio editado do programa ao pé].

- Pablo Hasél Vs Audiencia Nacional.

- Do 15-M ao 15-O, e tiro porque me toca.

- Axenda de concertos.


Descargar o programa


Descargar a enquisa

3 de outubro de 2011

Divertimento - Solidariedade co CSO Kukutza + Acampada Ferrol nun Pleno do Concello + Analise Foro Social Ferrolterra + RFM por fóra e por dentro

Edición nº 2 da grella 2011/2012 da FilispiM de Divertimento para pequenos monstros, apresentada por Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Contidos:
- Solidariedade co C.S.O. Kukutza 3 [Bilbo].

- Acampada Ferrol plántase nun Pleno do Concello verbo das "reformas constitucionais": contacto telefónico cunha das integrantes do colectivo ferrolá.

- Análise do Foro Social de Ferrolterra: todo aquel que o desexou opinou libremente sobre o evento que veu de celebrarse en Ferrol.

- Rádio FilispiM por fóra e por dentro: todo aquel que quixo compartiu opinións sobre a actualidade da radio libre e comunitaria da nosa comarca. Ademáis ouvimos as opinións recollidas ao chou a pé de rúa, cunha gravadora.

- Axenda: recomendacións de lecer para os vindeiros días.

Descargar o programa


Descargar a enquisa [editada do programa]

21 de setembro de 2011

Divertimento - Entrevista a Suso, Foro Social Ferrolterra + Merce, Acampada Ferrol [Plataforma Afectados Hipotecas]

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comezou unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa contamos coa presenza de Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol].

Ademáis achegouse ao estudio Merce, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Praza de España] en Ferrol e doutras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, de todo isto hai xa moitos, moitos anos... Como non podía ser menos, estamos encantados de ter a Blen Santiago de novo con nós... e con vós.

Esté é o podcast do Divertimento:

Descargar o audio

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...