Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Divertimento - Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións

12 de novembro de 2010

Divertimento - Colectivos festivaleiros de Ferrol -Trasancos.


Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM] correspondente ao xoves 11 de novembro de 2010.

Nesta ocasión xuntamos no novo estudio de FilsipiM en Caranza a tres persoas humanas integrantes de tres Colectivos extraterrestres da comarca. Xunto aos pequen@s monstros, estiveron:
Todos eles, faláronnos de como xurden estes Colectivos e Asociacións Socio Culturais, de como se organizan, dos atrancos á hora de fazer realidade as súas actividades, festas, festivais, mais tambén das súas satisfaccións. Da súa relación con outros colectivos, cos seus bairros e coas súas vilas. Contáronnos anédotas e trouxeron música para pór no Divertimento...

En definitiva, pasámolo ben traendo a festa e a luita a rádio libre de Ferrol e Trasancos:



Descargar o audio

Foto: Tres Trebóns no Grelo Folk / Outono 2009 / Autor: Pequeno Monstro.

7 de novembro de 2010

Divertimento - VI encontros da ReMC [Alacante, outono 2010] - Nómadas [Irola Irratia]

O programa Nómadas da emisora de radio libre Irola Irratia, 107.5 [Bilbo] realizou unhas interesantes entrevistas a integrantes da Rede [estatal] de Medios Comunitarios, a ReMC. Irola Irratia é unha radio libre que esta a piques de cumprir 25 anos de emisión.

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], escoitamos íntegro este estupendo programa que nos desvela todas aquelas dúbidas que poidamos ter sobre a organización en rede das radios libres e comunitarias no Estado español.

O responsábel de Nómadas [Irola Irratia, Bilbo, 107.5 FM] intruce o programa deste xeito:

"A comunicación é vital para o ser humano. Pero a comezos do s. XXI, vivimos nun bombardeo constante de información no que os medios de comunicación públicos e privados utilizan as súas ferramentas [radio, TV, prensa, internet, publicidade...] con fins económicos, para manter o poder, a autoridade e crear un mundo alleo ao que observamos e escoitamos nas nosas rúas cada día."

"Con todo, desde fai máis de 30 anos os medios de comunicación libres e comunitarios tratan de empoderarse das paredes, a palabra, a cámara, as páxinas, as webs para contar o que ninguén máis conta. Para crear unha comunicación de ida e volta, para coñecernos mellor, para construír unha sociedade libre e cohesionada respectando a súa heteroxeneidade."

"Por iso falaremos de comunicación, de medios comunitarios aproveitando o VI Encontro da Rede de Medios Comunitarios [Remc] celebrado entre os días 22 e 24 de outubro de 2010 en Alacante."

"Escoitaremos as voces compañer@s da ReMC; como Javi [Radio Almenara], que nos explicará que, como e por que se creo a ReMC; con Miriam [Radio Ritmo e actual coordenadora da ReMC], que nos debullará o sucedido nestas xornadas [Obradoiros de radio, mesas redondas, charlas..); con Mikel [Tas-Tas Irratia], co que profundaremos no duro e esvaradío traballo de lograr a lexitimidade legal dos medios comunitarios no estado español..."

www.sindominio.net/irola
irola@sindominio.net
irolaberriak@gmail.com

Rádio FilispiM é integrante da ReMC dende o 8 de novembro de 2009 [Asemblea de Barcelona].




Descargar o audio

31 de outubro de 2010

Divertimento para pequenos monstros - Especial ocio e cultura en Ferrol.

Primeiro programa de Divertimento para pequenos monstros, na nova grella 2010/2011, da Rádio FilispiM, xa dende o novo local de Caranza-Ferrol.

Nesta ocasión xuntamos no estudio seis persoas:

Dúas persoas relacionadas ca xestión do ocio dende as súas sala de concertos [Rubén Coca , "Super 8" e Suso Eiroá, "Manchita Cosa"]. Unha persoa relacionada coa xestión da oferta do ocio e cultura do Concello de Ferrol [Roberto Taboada, Asesor Cultural]. Outra persoa divulgadora da oferta do ocio na nosa comarca e no noso País [Pepe Cunha, portal abretedeorellas.com]. Unha persoa humana de Ferrol [Aida] e ademáis a unha persoa extraterrestre de Italia [Paolo].

Con todos eles, cos seis, charlamos e chegamos a diversas conclusións, que só poderedes coñecer ouvindo o auido que segue:



Descargar o audio


Escoita Divertimento para pequenos monstros en Rádio FilispiM:

- Luns de 9 a 10:30 da noite.

- Xoves de 6:30 a 8 da noite [directo!]

- Sábados de 2 a 3:30 da tarde.

- Sábados de 1:30 a 3:00 da madrugada.


Máis info neste blogue, no de Rádio Filispim e no noso e-mail: radiomonstro[arroba]gmail.com
Foto: vista aerea de Ferrol.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...